Clasificación dos instrumentos musicais: cordas, vento e percusión

Música3,88 KB

Clasificación dos instrumentos

Instrumentos de corda

Corda frotada: violín, violoncello, contrabaixo.

Corda pulsada ou punteada: guitarra, arpa.

Corda percutida: piano.

Instrumentos de vento

Vento madeira:

  • Bisel: frauta de pico, frauta travesera e frautín, flauta travesera, frauta doce soprano.
  • Lingüeta simple: clarinete, saxofón.
  • Lingüeta dobre: oboe, corno inglés, fagot, contrafagot, gaita.

Vento mecánico: órgano das igrexas, harmonio, acordeón.

Vento metal: trompeta, trombón, trompa, tuba.

Percusión

Son determinado: poden tocar unha melodía con diferentes notas. Ex: marimba, vibrafono, metalófono.

Son indeterminado: ritmo, sempre dan a mesma nota. Ex: tambor, claves, caixa chinesa.

Os instrumentos de percusión poden ser de tres tipos:

  • Láminas: xilófono, metalófono, celesta.
  • Membrana: bombos, timbais, tambor.
  • Idiófonos: triángulo, crótalos, claves.

Instrumentos de corda frotada

Os instrumentos desta familia compóñense dunha caixa harmónica e dun mástil que terminan nun caravillas. Sobre estes corpos de madeira dispóñense tensadas as cordas. Todos os instrumentos de corda frotada teñen 4 cordas. Para afinar o instrumento, tensan ou destensan as cordas a través das caravillas: a maior tensión producen sóns máis agudos e a menor tensión producen sóns máis graves.

O arco consiste nunha varilla de madeira ao longo da cal se dispoñen unhas sedas ou fitas con crinas de cabalo. Ten unha roca nun dos seus extremos que é a que permite tensar e destensar as sedas.

Como o arco frota ben as cordas e saca o son do instrumento, daxeito se pasa unha resina sobre as sedas antes de usalo.

O violín

É o máis pequeno da familia e o que ten a tesitura máis aguda.

A viola

É máis grande que o violín e ten o rexistro máis grave.

O violoncello

É aproximadamente o dobre de grande que o violín e ten unha tesitura máis grave que a viola.

O contrabaixo

É o máis grande e grave da familia. Debido á súa tesitura tan grave foi sempre instrumento de acompañamento e poucas veces actúa como solista. O contrabaixo adoita tocar sen pizzicato (tocar os instrumentos de corda frotada punteando coas dedos en vez do arco). Xazz, pop e rock.

Instrumentos de corda punteada

Guitarra clásica

Consta de 6 cordas. No diapasón, situado sobre o corpo, téñense unhas divisións que se chaman trastes, que facilitan a localización das diferentes notas.

Para afinar o instrumento, tensan e destensan as cordas a través das caravillas. É un instrumento polifónico, pode tocar máis dunha melodía.

Arpa

Consta de 47 cordas de diferente tamaño e grosor que se estenden desde a consola, onde están as caravillas de afinación, ata a caixa de resonancia. Na base ten 7 pedais, un por cada nota, que cambian lixeiramente a lonxitude das cordas modificando o son para conseguir o son de bemol, natural ou sostido.

Instrumentos de corda percutida

Os instrumentos pertencentes a este grupo producen son ao golpear ou percutir as cordas a través de uns martelos que se poñen en movemento ao premer as teclas cos dedos.

No piano, despois de golpear as cordas, os martelos séguen xa deixalas vibrar. O son mantense mentres as teclas estean pulsadas. Dependendo da intensidade coa que se premen as teclas, o son resultante será máis ou menos forte. Ao levantar o dedo da tecla, acciónase unha peza pequena chamada apagador que se coloca enriba da corda, acabando coa vibración. Os pianos adoitan ter 88 teclas e 3 pedais.

Descargar

PDF Word HTML