Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Primaria

San Sadurniño e Vacacións en Paz: Acollemento Saharauí

Historia3,08 KB

O Concello de San Sadurniño volve apoiar este ano o programa Vacacións en Paz, un proxecto de acollida temporal de nenas e nenos saharauís durante os meses de xullo e agosto. A iniciativa, impulsada pola entidade Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), busca contribuír ao desenvolvemento deste pobo exiliado e á mellora da calidade de vida e da educación intercultural da súa rapazada.

Este ano, o Concello colaborou cunha achega de 1.790 euros, cos que se sufragou a viaxe de ida e volta dos dous nenos que estiveron no verán en San Sadurniño. A cooperación municipal con Vacacións en Paz ratificouse recentemente coa sinatura do correspondente convenio, asinado polo alcalde, Secundino García, e a presidenta do colectivo, Maite...

Seguir lendo "San Sadurniño e Vacacións en Paz: Acollemento Saharauí" »

A Administración Pública en Galicia: procedemento administrativo

Castelán3,94 KB

A Administración Pública en Galicia

Concepto e características

A Administración Pública (arts. 9 e 103 CE) é o organismo creado polo poder público como instrumento de relación cos cidadáns. Actúa baixo o interese xeral, serve con obxectividade (art. 103 CE) e sen arbitrariedade. Os funcionarios públicos deben ser imparciais.

A Administración ten personalidade xurídica, que é unha “identidade” para poder relacionarse con terceiros.

Normativa reguladora

Os regulamentos que regulan a Administración son a Lei 39/15 (LPAC, Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas) e a Lei 40/15 (LRJSP, Réxime Xurídico do Sector Público).

O acto administrativo

O acto administrativo é a forma na que se comunica a administración....

Seguir lendo "A Administración Pública en Galicia: procedemento administrativo" »

Economía Española Franquismo: Autarquía e Desenvolvemento

Historia3,88 KB

A Economía Española Durante o Franquismo: Dúas Etapas

A economía española durante o franquismo pódese dividir en dúas etapas ben diferenciadas. A primeira etapa é a autarquía, caracterizada pola autosuficiencia económica e un obrigado illamento internacional. A segunda parte comeza en 1959, cando se aproba o Plan de Estabilización Nacional e España abre a súa economía cara o exterior.

A Autarquía (1939-1959): Illamento e Autosuficiencia

Obxectivos e Desafíos da Autarquía

O período de autarquía tiña como obxectivo lograr a autosuficiencia económica para non depender economicamente do exterior. Non obstante, esta etapa enfrontou importantes desafíos.

A Agricultura e as súas Medidas

Na agricultura, descendeu a produción debido...

Seguir lendo "Economía Española Franquismo: Autarquía e Desenvolvemento" »

Conceptos Fundamentais de Análise Matemática e Xeometría

Matemáticas7,66 KB

Posicións relativas de dúas rectas

Dadas dúas rectas, r e s, con vectores de dirección v e w respectivamente, e un vector AB que une un punto A de r con un punto B de s, as súas posicións relativas determínanse polos rangos das matrices formadas polos seus vectores:

  • Coincidentes: rango(v, w) = 1 e rango(v, w, AB) = 1
  • Paralelas: rango(v, w) = 1 e rango(v, w, AB) = 2
  • Córtanse: rango(v, w) = 2 e rango(v, w, AB) = 2
  • Crúzanse: rango(v, w) = 2 e rango(v, w, AB) = 3

Fórmulas de distancia

Distancia dun punto P a unha recta r

d(P, r) = |v x AP| / |v|

Onde v é o vector de dirección da recta r e AP é o vector que vai do punto A (na recta r) ao punto P.

Distancia dun punto P(x₁, y₁, z₁) a un plano π

d(P, π) = |ax₁ + by₁ + cz₁ + d| / |n|

...
Seguir lendo "Conceptos Fundamentais de Análise Matemática e Xeometría" »

A Galicia de comezos do século XX

Lingua e literatura4,42 KB

Fonema

: Unidade lingüística + pequena, non ten significado e posúe función distintiva. Permite diferenciar palabras, representación fónica é dicir pódese pronunciar; a súa representación faise entre barras /i/

Son

: É a realización física dun fonema, a súa representación gráfica faise entre corchetes [p[

Grafema

: É a representación escrita dos fonemas /b/ Temos 26 fonemas (19 consonantes e 7 asonantes)







A Galicia de comezos do século XX

seguía sendo un país esencialmente rural e cun forte atraso económico. O campesiñado, empobrecido, continuaba tendo que emigrar a América.

Cambios políticos, sociais e culturais

:

2ª República

O 14 de abril de 1931 comeza unha etapa intensa actividade política e cultural, corresponderá co...

Seguir lendo "A Galicia de comezos do século XX" »

Rexurdimento e Vangardas na Literatura Galega

Lingua e literatura3,29 KB

Irmandades da Fala

No ano 1916, Antón Vilar Ponte promoveu a Irmandade da Fala na Coruña coa finalidade de reivindicar a lingua e a cultura galega. Estesdéronse polas cidades e vilas do país estas asociacións formadas por persoas de diferentes clases sociais e profesións variadas que pretendían, entre outros obxectivos:

  1. Cooficialidade do galego e castelán.
  2. A autonomía integral para Galicia.
  3. Ingreso na Liga das Nacións e estudar a relación federal con Portugal.
  4. Igualdade de dereitos entre homes e mulleres.

O seu traballo plasmouse na creación de editoriais como Céltiga, Lar ou Nós; xornais e revistas como A Nosa Terra e Nós.

Seminario de Estudos Galegos

Institución formada por estudantes e profesores da Universidade de Santiago que...

Seguir lendo "Rexurdimento e Vangardas na Literatura Galega" »

A Construción do Territorio: Historia e Elementos Clave

Outras materias5,34 KB

O Territorio Construído: Concepto e Evolución

Falamos do territorio porque nos preocupa a súa forma, como concepto dinámico. Estudamos o territorio como un proceso que nos explica. Entender o proceso como algo dinámico, un proceso de asimilación das formas latentes e a relación co lugar e as actividades do home. A agricultura explica unha gran parte fundamental da construción do espazo. O territorio mostra o grao de control do home sobre a natureza.

Elementos Configuradores do Territorio

  1. Agricultura

    Control da natureza e control das condicións e dependencias dos axentes que contribúen ao espazo agrícola. O espazo agrícola depende dos axentes que determinan a súa forma, como, por exemplo, as estacións.

  2. Sociedade

    Propiedade, explotación.

...
Seguir lendo "A Construción do Territorio: Historia e Elementos Clave" »

A Galicia Contemporánea: Un Percorrido Histórico

Outras materias2,59 KB

A Galicia Contemporánea (de 1975 a hoxe)

Os cambios desde 1975

Coa morte do ditador Francisco Franco (1975) apróbase a Constitución española de 1978. A instauración do réxime democrático tivo, entre outras, estas consecuencias:

  • A liberdade de centos de presos políticos da ditadura.
  • A legalización de partidos políticos e sindicatos.
  • O regreso de boa parte dos exiliados.
  • A convocatoria de eleccións para escoller os representantes nas institucións.
  • A descentralización das institucións do Estado e o xurdimento das administracións autonómicas.

Co tempo continuou a destrución do mundo rural e o crecemento das cidades, cunha economía orientada ao sector servizos. Incorporación das mulleres ao traballo, informatización da sociedade coa...

Seguir lendo "A Galicia Contemporánea: Un Percorrido Histórico" »

A Lingua Galega no Século XX: Historia e Normalización

Lingua e literatura2,61 KB

O Galego no Século XX: Contexto e Prexuízos

Nesta época, aínda que o galego segue sendo a lingua maioritaria, acelérase o proceso de substitución polo castelán, o cal vén da man da industrialización e urbanización. O castelán empregábase nas cidades e nalgunhas vilas onde residían as clases máis poderosas e era considerada a lingua de prestixio social. Debido a esta situación xurdiron os prexuízos que cualificaban ao galego de lingua inculta.

Organismos Clave para a Lingua Galega

Co obxectivo de superar estes prexuízos, xorden no primeiro terzo do século XX organismos de gran relevancia cultural e política para Galicia e a lingua galega, como son:

  • A Real Academia Galega, creada no 1906, con Manuel Murguía como primeiro presidente.
...
Seguir lendo "A Lingua Galega no Século XX: Historia e Normalización" »

A situación das linguas minorizadas e a normalización lingüística

Lingua e literatura2,68 KB

As linguas minorizadas e a súa situación

As linguas minorizadas son aquelas que, sendo historicamente propias dun pobo, están sometidas a condicións sociais tales que ven restrinxidas as súas funcións.

O máis habitual é que a lingua minorizada se manteña nos ámbitos rurais e entre as clases máis baixas, mentres que os habitantes das cidades ou as clases altas adoptan antes a lingua dominante. Deste xeito, a lingua autóctona vai perdendo prestixio fronte á lingua foránea e ámbitos de uso.

O número de falantes e a minorización

O número de falantes non é un factor moi relevante para que unha lingua se considere minorizada. Hai linguas en Europa como o islandés, que con só 200.000 falantes teñen asegurada a súa supervivencia

...

Seguir lendo "A situación das linguas minorizadas e a normalización lingüística" »