Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Outros cursos

Xosé Pondal — Vida e obra do poeta do Rexurdimento

Outras linguas estranxeiras3,37 KB

Contexto histórico

Despois dun longo período de tres séculos (XVI, XVII, XVIII), chamados os séculos escuros polas escasas mostras literarias en galego, iníciase no século XIX a recuperación da lingua e da literatura galegas co Rexurdimento. Pondal constitúe, xunto con Rosalía de Castro e Curros Enríquez, un dos tres grandes da literatura galega do século XIX.

Vida

Localidade e datas: Ponteceso, 1835–1917. Formación: matriculouse en lingua grega e cursou o bacharelato na Coruña. Mantivo contactos con rexionalistas na Cova Céltica (tertulia que se reunía na Coruña), onde o chamaban o Bardo.

Obras principais

  • «A campana de Anllóns» — publicada en principio no álbum da caridade. É a historia dun home preso en Orán que sente
...
Seguir lendo "Xosé Pondal — Vida e obra do poeta do Rexurdimento" »

A alienación e o materialismo histórico en Karl Marx

Filosofía e ética3,14 KB

A alienación nos Manuscritos de 1844

O texto pertence aos Manuscritos económico-filosóficos de 1844, obra do chamado “Marx novo”, na que desenvolve unha análise humanista da alienación no contexto da sociedade capitalista. Esta reflexión sitúase no século XIX, nun momento marcado pola Revolución Industrial, que transformou profundamente as estruturas económicas e sociais.

O paso do traballo artesanal á produción industrial deu lugar ao capitalismo, sistema baseado na propiedade privada dos medios de produción. Neste contexto xorden dúas clases sociais enfrontadas: a burguesía e o proletariado. Marx, influído por Hegel, Feuerbach e a economía política inglesa, elabora unha crítica radical deste sistema.

A idea principal:

...
Seguir lendo "A alienación e o materialismo histórico en Karl Marx" »

Marx e a Ideoloxía Alemá: O Materialismo Histórico

Filosofía e ética3,73 KB

Contexto Histórico e Filosófico

O texto pertence á obra A ideoloxía alemá de Karl Marx e Friedrich Engels, e sitúase no contexto do século XIX, unha etapa marcada pola Revolución Industrial e pola consolidación do sistema capitalista. Neste período prodúcese, por unha banda, un notable avance das forzas produtivas e, por outra, un aumento das desigualdades sociais entre a burguesía e o proletariado. Neste marco, Marx desenvolve o seu pensamento a partir dunha crítica ao idealismo de Georg Wilhelm Friedrich Hegel, defendendo unha visión materialista da realidade.

A Relación entre Vida Material e Conciencia

O tema principal do texto é a relación entre a vida material e a conciencia, sostendo que é a realidade material a que condiciona...

Seguir lendo "Marx e a Ideoloxía Alemá: O Materialismo Histórico" »

Alegoría da liña de Platón: Dianoia e coñecemento

Filosofía e ética2,91 KB

Alegoría da liña de Platón

No libro A República, Platón usa a metáfora da liña para explicar os distintos niveis de coñecemento. Con esta comparación mostra que non todos os tipos de saber teñen o mesmo valor. O coñecemento divídese en catro niveis:

  1. Eikasía: imaxinación, sombras e imaxes.
  2. Pistis: crenza nas cousas que vemos cos sentidos.
  3. Dianoia: pensamento racional propio das ciencias e das matemáticas.
  4. Noesis: coñecemento puro das Ideas, o máis alto de todos.

A Dianoia: pensamento científico e xeométrico

Este fragmento céntrase na dianoia, que é o pensamento dos científicos e xeómetras.

Platón di que este tipo de pensamento é superior á simple opinión, pero non é o coñecemento definitivo, porque parte de hipóteses sen...

Seguir lendo "Alegoría da liña de Platón: Dianoia e coñecemento" »

Descartes e as Ideas: O Camiño á Realidade Extramental

Filosofía e ética2,83 KB

O Punto de Partida: A Certeza do Eu Pensante

Temos xa unha verdade absolutamente certa: a existencia do eu como suxeito pensante. Esta existencia indubidable do eu non parece implicar, non obstante, a existencia de ningunha outra realidade. Como demostrar a existencia dunha realidade extramental, exterior ao pensamento?

O Desafío de Descartes: Deducir a Realidade

O problema é enorme, sen dúbida, xa que a Descartes non lle queda máis remedio que deducir a existencia da realidade a partir da existencia do pensamento. Fagamos balance e inventario dos elementos con que contamos:

  • O pensamento como actividade (o eu penso).
  • As ideas que pensa o eu.

A Natureza Dual das Ideas

A afirmación de que o obxecto do pensamento son as ideas (non as cousas) leva...

Seguir lendo "Descartes e as Ideas: O Camiño á Realidade Extramental" »

O Galego no Século XX: Contexto Histórico e Normalización Lingüística

Lingua e literatura3,84 KB

O GALEGO NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX: CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS FUNDAMENTAIS. CONTEXTO HISTÓRICO E SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA

O texto ofrece unha visión detallada do contexto histórico e sociolingüístico en Galicia durante as primeiras décadas do século XX. Destácase o impacto das transformacións sociais, políticas e culturais na promoción e evolución da lingua galega.

Promotores e Desafíos da Lingua Galega

As Irmandades da Fala, o Grupo Nós, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista xurdiron como importantes promotores do galego, promovendo o seu uso en diversos ámbitos e defendendo a súa identidade cultural fronte ao castelán. Porén, a pesar do esforzo por consolidar e enriquecer o galego como lingua...

Seguir lendo "O Galego no Século XX: Contexto Histórico e Normalización Lingüística" »

Reforma Protestante, Maquiavelo e Kant: Pensamento Político e Filosófico

Filosofía e ética2,79 KB

Pensamento Político e Filosófico: Da Reforma a Kant

A Reforma Protestante e as súas Consecuencias

A Reforma Protestante, iniciada por Lutero no ano 1517, marcou unha época de intensas guerras de relixión que afectaron profundamente a Inglaterra. Lutero traduciu a Biblia ao alemán para que puidese ser lida por calquera persoa, eliminando a necesidade dun intermediario relixioso, baseándose na crenza de que a fe individual era suficiente.

En Inglaterra, este período coincidiu cunha guerra civil (1642) entre dúas tendencias: o absolutismo e o parlamentarismo. A guerra culminou coa execución do rei Carlos I. En definitiva, a Reforma contribuíu a desenvolver unha mentalidade centrada no individuo, estimulando a autonomía persoal e fomentando...

Seguir lendo "Reforma Protestante, Maquiavelo e Kant: Pensamento Político e Filosófico" »

Teatro de máscaras: características, temas e pezas principais

Arte e humanidades2,78 KB

Teatro de máscaras

Teatro de máscaras (34). Cadros curtos (planteamento-nó-desenlace). Non teñen obrigatoriedade dun desenvolvemento lóxico. Importa tanto o espectáculo e a escenografía como a palabra.

Espazos e temas

Espazos:

  • campiña
  • pazos
  • café
  • camiño
  • ponte

Aparece a distorsión satírica. A sátira que provoca o riso, no fondo reflicte unha traxedia. Xoga co mundo da fantasía, alucinacións.

Personaxes e contrapostos

Personaxes:

  • cregos
  • señores
  • poetas
  • fantasmas
  • estadeas

Utiliza contrapostos: vivo / morto. "A estadea". A Carlistada é un tópico na súa obra, aparecendo liberais e absolutistas. Aparecen cregos e fidalgos e tamén mortos (seres do alén, cova).

Descrición xeral das escenas

Os cregos reúnense para celebrar a misa pola morta, que é...

Seguir lendo "Teatro de máscaras: características, temas e pezas principais" »

A Normalización do Galego: Leis, Avances e Desafíos Lingüísticos

Lingua e literatura3,12 KB

A Normalización Institucional do Galego (1976-2004)

A partir de 1976, a democracia fixo posible a cooficialidade do galego co castelán. Este proceso de legalización institucional desenvolveuse en varias etapas:

  1. 1978: A Constitución recoñece a diversidade plurilingüe e pluricultural de España.
  2. 1981: O Estatuto de Autonomía aproba a cooficialidade do galego e do castelán na nosa comunidade e establece a obriga dos poderes públicos de promover as dúas linguas para que se cumpra a igualdade entre elas.
  3. 1983: A Lei de Normalización Lingüística concreta as medidas para levar a cabo a promoción e normalización do galego.

A Lei de Normalización Lingüística (1983)

Esta lei establece dereitos fundamentais e regula o uso do galego en diversos...

Seguir lendo "A Normalización do Galego: Leis, Avances e Desafíos Lingüísticos" »

Historia da Normativización do Galego: Variedade Estándar e Planificación

Lingua e literatura4,32 KB

Historia da Normativización e a Construción da Variedade Estándar

O galego aspira a ser un instrumento útil e eficaz para a sociedade. Pero, para cumprir esta función, precisa dunha variedade unificada común a todos os seus falantes que sirva de vehículo para a comunicación formal, é dicir, a producida no ensino e nos medios de comunicación.

O proceso a través do cal se elabora esta variedade denomínase estandarización lingüística. Algunhas linguas, como o español, o francés ou o portugués, levaron a cabo este proceso ao longo de varios séculos. Porén, debido á situación de subordinación que vivía, o galego quedou á marxe, conservándose como lingua popular. Só cando o galego empezou a recuperarse no século XIX puido...

Seguir lendo "Historia da Normativización do Galego: Variedade Estándar e Planificación" »