Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Dereito de Bacharelato

Variación Lingüística e Diversidade no Galego

Dereito4,31 KB

Variación Intralingüística

1. Variación diacrónica

Diferenzas que as linguas presentan ao longo da súa evolución, condicionadas polas situacións sociais e culturais.

  • Galego antigo (séculos X-XV)
  • Galego medio (séculos XVI-XVIII)
  • Galego moderno (Rexurdimento, século XIX-hoxe)

2. Variación diatópica

Diferenzas lingüísticas propias de cada zona. Isto vén condicionado polas peculiaridades idiomáticas propias das distintas zonas onde se fala un idioma.

3. Variación diastrática

Diferenzas lingüísticas propias dos distintos estratos sociais, económicos, culturais e profesionais aos que pertencen os falantes.

  • Nivel de lingua: Destreza lingüística que por extracción social, cultura e educación posúe un falante (nivel culto, medio, popular,
...
Seguir lendo "Variación Lingüística e Diversidade no Galego" »

Rosalía de Castro: Vida, Obra e Legado Literario

Dereito6,4 KB

Rosalía de Castro naceu en Compostela o 24 de febreiro de 1837, de pais descoñecidos. Viviu en Padrón e, logo, pasou a Santiago, onde cultivou a súa formación cultural e intelectual.

En 1856 residiu en Madrid, onde publicou o seu primeiro libro, A flor. Casou con Manuel Murguía. Sufrindo as ausencias coas mortes dos seus fillos e a precariedade económica, data o libro Cantares gallegos, a maior parte das súas obras en castelán, nas que Rosalía critica as convencións sociais e a postración das mulleres. Antes de regresar a Galicia, escribiu Follas novas. De volta en Galicia, afincouse en Padrón e escribiu En las orillas del Sar. Morreu o 15 de xullo de 1885. Esta entrada no panteón de gallegos ilustres.

Cantares gallegos: o 17 de

...
Seguir lendo "Rosalía de Castro: Vida, Obra e Legado Literario" »

Conflito lingüístico, diglosia e prexuízos sociais

Dereito3,11 KB

Funcións sociais da lingua, conflito e diglosia

O encontro de dúas ou máis linguas nun mesmo espazo xeográfico denomínase conflito lingüístico e ten repercusións tanto no ámbito social e cultural como no individual e psicolóxico. O bilingüismo é unha consecuencia directa do contacto de linguas. Distinguimos entre bilingüismo social e bilingüismo individual, aínda que están relacionados.

Os factores que debemos ter en conta á hora de describir unha situación de bilingüismo social son:

  • Demográficos
  • De status
  • De apoio institucional

Diglosia e evolución do conflito lingüístico

A situación de diglosia aparece naquelas comunidades que presentan dúas linguas ou variedades lingüísticas, de xeito que só unha delas (a alta ou dominante)...

Seguir lendo "Conflito lingüístico, diglosia e prexuízos sociais" »

Manuel Curros Enríquez: Posía Intimista, Costumista e Anticlerical

Dereito9,02 KB

Manuel Curros Enríquez: Poesía Intimista, Costumista e Anticlerical

Poesía intimista: Na produción poética de Curros non abundan as composicións de carácter íntimo. Isto obedece ao concepto que tiña da poesía como servizo á humanidade. Opinaba que a poesía subxectiva era a forma máis egoísta, xa que o poeta antes que nada debe ao mundo que o rodea. Condenaba a lírica romántica en nome do positivismo progresista, aínda que nos seus primeiros poemas sexa posible detectar algúns elementos románticos. Así, na "Cantiga" que en certas pasaxes da "Virxe do cristal" aparecen evidentes mostras de lirismo terno para coas dúas súas protagonistas. Pero o único amor que aparece nos seus poemas é o que expresa o agarimo filial ou paternal....

Seguir lendo "Manuel Curros Enríquez: Posía Intimista, Costumista e Anticlerical" »

Problemática ambiental: exploración incontrolada, desenvolvemento sostible e risco ecolóxico

Dereito8,38 KB

Problemática ambiental

Problemática ambiental: Explotación incontrolada: é unha das consecuencias directas do proceso de industrialización e da sobreexplotación de recursos, da que se deriva a crise ambiental na que nos atopamos inmersos. A sociedade industrial baséase na xeración de riqueza e bens de consumo que promoven o crecemento económico, sen ter en conta o deterioro do medio natural. É dicir, baséase na consideración do sistema económico á marxe do sistema ecolóxico.

Neste sistema económico liberanse moitos residuos e prodúcense custos impactos ambientais, denominados custos ocultos ou insumos (os gastos ambientais que non se adoitan contabilizar no prezo dos produtos e que provocan efectos nocivos no medio ambiente,...

Seguir lendo "Problemática ambiental: exploración incontrolada, desenvolvemento sostible e risco ecolóxico" »