Variación Lingüística e Diversidade no Galego

Dereito4,31 KB

Variación Intralingüística

1. Variación diacrónica

Diferenzas que as linguas presentan ao longo da súa evolución, condicionadas polas situacións sociais e culturais.

  • Galego antigo (séculos X-XV)
  • Galego medio (séculos XVI-XVIII)
  • Galego moderno (Rexurdimento, século XIX-hoxe)

2. Variación diatópica

Diferenzas lingüísticas propias de cada zona. Isto vén condicionado polas peculiaridades idiomáticas propias das distintas zonas onde se fala un idioma.

3. Variación diastrática

Diferenzas lingüísticas propias dos distintos estratos sociais, económicos, culturais e profesionais aos que pertencen os falantes.

  • Nivel de lingua: Destreza lingüística que por extracción social, cultura e educación posúe un falante (nivel culto, medio, popular, vulgar).

4. Variación diafásica

Guarda relación coas situacións nas que se usa a lingua que establece o falante. Constitúese polas diferenzas das linguas nos seus usos habituais en función de varios factores:

  • A canle de comunicación empregada (usos orais e escritos)
  • Os interlocutores, a personalidade e o estado de ánimo
  • O tema da comunicación
  • A situación comunicativa
  • O contexto

Rexistro lingüístico: Modalidade expresiva correspondente a cada situación comunicativa que vén determinada polo interlocutor, tema e contorno.

  • Rexistro formal: Propio de situacións académicas e literarias.
  • Rexistro coloquial: Propio de situacións informais e de uso cotián.

5. Lingua funcional e variedade estándar

Variedades: galego e castelán normativos; variedades dialectais do galego popular e castelán popular de Galicia; formas mixtas de galego e castelán.

Diversidade Lingüística

1. A orixe das linguas

Ao longo da historia que coñecemos, existiu e existe unha gran multiplicidade de linguas que proceden doutras anteriores, que á súa vez naceron de linguas máis antigas.

2. Familias de linguas

Forman unha familia todas aquelas linguas que están xeneticamente emparentadas, xa que derivan dun mesma lingua.

3. O indoeuropeo

Conxunto de idiomas que se estenderon entre a India e o oeste de Europa, e que teñen unha orixe común e semellanzas lingüísticas.

4. As linguas románicas

Derivan do latín as linguas románicas, romances ou neolatinas, entre as que se atopan as da península ibérica, agás o éuscaro.

5. Linguas do mundo: situación actual

Actualmente existen no mundo unhas seis ou sete mil linguas, aínda que só están censadas catro ou cinco mil.

  • Linguas con estado e linguas sen estado
  • Linguas oficiais en máis dun estado
  • Estados bilingües
  • Estados plurilingües

Realidade Plurilingüe da Península

O galego

A lingua máis occidental dos primitivos romances da península, falada por máis de dous millóns de habitantes. Os seus límites xeográficos non coinciden coa súa demarcación política. Ademais de en Galicia, fálase en zonas estremitas de Asturias e das provincias de León e Zamora. Os seus habitantes son bilingües.

O catalán

Falado por seis millóns de persoas nas catro provincias de Cataluña, nas illas Baleares, nos Pireneos orientais, Andorra, Valencia e norte de Murcia. É, xunto co castelán, a lingua oficial de Cataluña, Baleares e Valencia.

O castelán

Lingua oficial en 22 estados. Fálase en España, América do Sur, América Central, Filipinas e zonas de África. É usado por máis de 300 millóns de persoas.

O éuscaro

É a única lingua preindoeuropea existente na Europa occidental, con máis de 600 mil falantes no País Vasco, norte de Navarra e suroeste de Francia.

O portugués

É unha das máis espalladas polo mundo. Despois do español, é o idioma románico con maior número de falantes. Ten a súa orixe no galego.

O asturiano

Viu moi reducido o seu ámbito de uso debido á presión do castelán. Fálase na provincia de Asturias.

O aragonés

Fálase nalguns vales de Uesca.

O aranés

A maior parte da poboación do Val d'Aran fala aranés.

Descargar

PDF Word HTML