Manuel Curros Enríquez: Posía Intimista, Costumista e Anticlerical

Dereito9,02 KB

Manuel Curros Enríquez: Poesía Intimista, Costumista e Anticlerical

Poesía intimista: Na produción poética de Curros non abundan as composicións de carácter íntimo. Isto obedece ao concepto que tiña da poesía como servizo á humanidade. Opinaba que a poesía subxectiva era a forma máis egoísta, xa que o poeta antes que nada debe ao mundo que o rodea. Condenaba a lírica romántica en nome do positivismo progresista, aínda que nos seus primeiros poemas sexa posible detectar algúns elementos románticos. Así, na "Cantiga" que en certas pasaxes da "Virxe do cristal" aparecen evidentes mostras de lirismo terno para coas dúas súas protagonistas. Pero o único amor que aparece nos seus poemas é o que expresa o agarimo filial ou paternal. "Ben xegado", "Na morte da miña nai" e "Mi fillo" son mostras do íntimo pensamento do poeta en momentos decisivos da súa vida: o nacemento do seu primoxénito e a morte da súa nai e dun fillo, respectivamente. Tamén as súas preocupacións relixiosas, a soidade e a incomprensión do poeta e o desencanto final dos seus días aparecen espallados ao longo da súa obra. Os dous poemas dedicados a Rosalía, "A Rosalía" e "Na tumba de Rosalía", son exemplo claro desta vea íntima do poeta.

Poesía costumista:

Non é frecuente este tipo de poesía en Curros. Con todo, dentro de varios rexistros da súa corda lírica, hai que salientar os tres poemas que, en certa medida, supuxeron a súa entrada no ámbito das letras galegas: "A Virxe do cristal" (que comentaremos máis adiante), "Unha voda en Emba'e" e "O gueitiro d'Penalta", que resultaron premiados no certame de Ourense de 1877. Aínda que o autor debeu vencer certos escrúpulos de tipo ideolóxico ou estético para amoldarse ás bases do concurso, a altura poética conseguida é considerable. Os tres poemas seguen o modelo costumista que tamén expresara Rosalía nos seus "Cantares gallegos" un ano antes.

Como Rosalía, Curros sabe captar a mentalidade do pobo de xeito intelixente e realista. Utiliza moitos recursos da poesía popular: anáforas, xogos de palabras, repeticións, fórmulas do galego coloquial, que lle confiren á súa lingua unha inaudita riqueza expresiva. Na métrica, en cambio, alterna fórmulas populares, o romance, con outras de tipo culto: oitavas reais, oitavas italianas e sonetos. Xa que logo, tamén asoma o aguillón da crítica, malia o seu carácter de cadros costumistas.

Unha lenda popular: "A Virxe do cristal":

Primeiro exemplo de poesía narrativa, "A Virxe do cristal" gañou o premio de poesía de Ourense do ano 1877. Peza estraña dentro da obra de Curros, pois, por un lado, entra de cheo nunha poesía que podemos denominar etnolóxico-popular e, por outro, é de raíz claramente relixiosa, cal é a aparición da Virxe do cristal e a consecuente construción do santuario en súa memoria.

A historia está narrada desde a perspectiva dun lobrego. Seguindo o modelo de Zorrilla na literatura castelá, Curros relata os acontecementos que lle acontecen á parella de namorados, Rosa e Martiño, que trabayan xa o señor do castelo de Vilanova, o Rodor, de 1630. Un tal Xan de Vantracs pretende a man da moza, que non lle corresponde pois ama a Martiño. Como consecuencia do seu rexeitamento, o desalmado comunícalle a Martiño que a súa moza lle é infiel cryo. Entón rompe as súas relacións coa rapaza. Esa noite Rosa xora desconsolada e, en soños, aparécelle a Virxe, que a anima.

O outro día un cristal, coa imaxe de María dentro, cae das alturas clástes acompañado dun raio fulgurante. Martiño, incrédulo, atopa o cristal mais non é na proba divina. Rosa, pola contra, atopa o obxecto confesando, a Virxe, a pureza da rapaza e indicando o desexo de que edifiquen alí unha ermida na súa honra. A xente, atónita, celebra o milagroso prodixio e Rosa faise monxa no convento das clarisas de Allariz. Martiño toma vinganza de Xan amputándolle a lingua e cravándoa nunha estaca ante o estrume da veciñanza. Finalmente morre desesperado, a noite de Xistra e Nadal, diante da xanela do convento, implorando perdón á súa amada, que non abre porque se atopa a vento da súa cela, mentres a neve o cobre suavemente.

Curros recolle esta historia da tradición lendaria do pobo e relátaa con eficacia e realismo, seguindo o modelo costumista de Rosalía nos seus Cantares gallegos. O poeta sabe captar a mentalidade do pobo de xeito intelixente e realista, utiliza moitos recursos da poesía popular: anáforas, xogos de palabras, repeticións, fórmulas do galego coloquial, que lle confiren á súa lingua unha inaudita riqueza expresiva.

O divino Saint (1888):

O anticlericalismo de Curros está intimamente ligado á mensaxe poética que quere transmitir. O progreso que defende está condicionado pola oposición de certas xerarquías eclesiásticas que non apoian o establecemento dunha democracia laica e progresista.

O seu anticlericalismo foi consecuencia dunha dobre experiencia vital: do contraditorio comportamento do seu pai e da confrontación co clero, xurdidos a raíz da publicación de Airs da miña terra, por un lado; e por outro, da súa formación política asentada nunha ideoloxía republicana e liberal. "O divino Saint" é a súa obra de máis marcado carácter anticlerical. Con todo, no seu primeiro libro, "Airs da miña terra", aparecen composicións cunha forte carga de anticlericalismo: poemas como "Mirando Oxalá", "Peregrinos a Roma" e "A igrexa fría", mostran a condena das instancias eclesiásticas de Ourense. Pero, se ben estes poemas foron obxecto de xuízo e controversia pública, existen outros do mesmo libro con idénticos trazos anticlericais. Son: "Tempro deserto", "Diante dunha imaxe de Iñigo de Loyola" e "No convento".

Curros escribiu "O divino Saint" parodiando a "Divina Comedia" de Dante Alighieri, obra coa que garda semellanzas e diferenzas. A primeira semellanza, e tamén a primeira diferenza, aparece xa no propio título: "Saint" é a nota cómica que introduce Curros. Pero a comuñanza das dúas obras non pode detenerse na análise dos títulos. Nas dúas obras os seus autores -Dante e Curros- peregrinan a Roma guiados polos poetas Virxilio e Francisco Añón, respectivamente.

A maior diferenza entre as dúas obras está no seu contido: fonda meditación teolóxica na "Divina Comedia" e protesta satírica contra a igrexa daquel tempo en "O divino Saint". Curros atopa en Madrid, nunha noite boeneta, a Añón, que preside a marcha da santa compaña. Os dous, con motivo da celebración do xubileo do papa León XIII, deciden peregrinar a Roma nun tren de seis vagóns, que leva cada un o nome dun vicio ou pecado capital humano e, no seu interior, unha serie de persoas e personaxes do seu tempo. No primeiro vagón, o da preguiza, atopa o xuíz Mya e o bispo Rodrigo, os que o condenaran pola publicación dalgúns poemas de Airs da miña terra. O segundo, o da envexa, está habitado por dona Emilia Pardo Bazán e Labarta. No terceiro, o da gula, os frades voraces devoran a Rosalía, Pondal, Murguía, etc. No cuarto, o da ira, moran os carlistas, facciosos e vencidos. O quinto, o da luxuria, está cheo de beatos e beatas falsos que suspiran libidinosamente. O sexto, o da avaricia, está ocupado por prestamistas e librarios. O último vagón contén os tesouros que levan como agasallo ao Sumo Pontífice.

Unha vez en Roma, o papa León XIII invita a Curros a xantar. No ágape o de Clanova recrimina ao Sumo Pontífice o uso de riquezas e oropeis, recomendándolle a volta á austeridade e a vida humilde, lonxe de bens materiais e da ostentación. O papa acepta compungido a recomendación do ourensán e Añón, escéptico, retorna a santa compaña a santos galegos (Viriato, Prisciliano, María Pita, Macías, Fixoo, Vestiro).

A obra, como podemos apreciar, contén claros trazos paródicos da de Dante agregando unha extensa utilización de trazos caricaturescos encadrados na evidente intención cómica de toda a composición. Podemos resumir en catro sátiras as liñas temáticas da obra:

  • Sátira anticlerical: atopamos un ataque patente contra os mandatarios eclesiásticos (papa incluído).
  • Sátira literaria: o autor lamenta o mal trato que os escritores padecen por parte da sociedade galega.
  • Sátira de costumes: os vicios humanos son brancos para os seus ataques despiadados.
  • Sátira social: describe a situación da sociedade galega do seu tempo con especial atención aos sectores lobregos.

Descargar

PDF Word HTML