Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Ciencias sociais de Bacharelato

Prosa e poesía galega no primeiro terzo do século XX: Irmandades da Fala e Xeración Nós

Ciencias sociaisActualizado o 4,83 KB

A Prosa Galega no Primeiro Terzo do Século XX

Irmandades da Fala e Xeración Nós: Creadores da Narrativa Moderna

Esta etapa comeza coas Irmandades da Fala e remata coa Guerra Civil. Autores como Otero Pedrayo, Risco e Cuevillas teñen unha primeira etapa de formación ou de inadaptación, mentres que Castelao procede do agrarismo. Todos eles son cultos, universitarios e participan activamente en todas as actividades galeguistas: as Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos, etc. Son os creadores da moderna narrativa galega, introductores das correntes europeas e iniciadores do ensaio en galego.

Principais Autores e as súas Contribucións á Narrativa

  1. Ramón Otero Pedrayo: O Cultivo da Narrativa Galega

    A contribución de Ramón Otero

...
Seguir lendo "Prosa e poesía galega no primeiro terzo do século XX: Irmandades da Fala e Xeración Nós" »

Lei de Normalización da Lingua Galega: historia e situación legal do galego

Ciencias sociaisActualizado o 2,81 KB

Lei de Normalización da Lingua Galega

En 1983, o Parlamento aprobou por unanimidade a Lei de Normalización da Lingua Galega (LNL), que concreta e desenvolve os principios e competencias establecidos na Constitución Española e no Estatuto de Autonomía en materia lingüística. Esta lei considera como "núcleo vital da nosa identidade" o máis importante sinal de identificación e diferenciación de Galicia, así como o seu principal patrimonio cultural. A lei consta dunha disposición adicional relativa á normativa, na cal se establece a autoridade da Real Academia Galega (RAG) nesta materia. O título I recolle os dereitos lingüísticos dos cidadáns galegos, insistindo no recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia e a súa...

Seguir lendo "Lei de Normalización da Lingua Galega: historia e situación legal do galego" »

Transformación agraria e expansión industrial en España (1833-1930)

Ciencias sociais4,1 KB

Transformación agraria e expansión industrial (1833-1930)

As transformacións económicas neste momento son pouco importantes, xa que o sector agrario non se desenvolve (terras improdutivas, dificultades climáticas...) e tamén polas reformas, como a reforma agraria liberal que levaron a cabo os liberais para liberar a terra das trabas do Antigo Réxime. As principais medidas foron a eliminación de señoríos e de dereitos xurisdiccionais, a desamortización e a desvinculación da propiedade. Despois destas reformas, as terras podían ser compradas ou vendidas libremente.

A estrutura da propiedade da terra tivo unha gran influencia sobre o atraso agrario. Nos latifundios, que non foron modernizados xa que a produtividade non era prioritaria,...

Seguir lendo "Transformación agraria e expansión industrial en España (1833-1930)" »

Os Grandes Imperios Coloniais: Expansión e Conflitos

Ciencias sociais2,34 KB

Os grandes imperios coloniais

  • Imperio británico: Foi o máis grande dos imperios. Os seus intereses básicos centráronse fundamentalmente na India, a "xoia da Coroa", e no control das principais rutas comerciais. Dentro do imperio colonial británico cómpre destacar un tipo especial de colonias: os dominios, que son aquelas zonas de ultramar nas que se instalaron importantes continxentes de poboación inglesa.
  • Imperio francés: Francia foi a potencia que logrou formar un imperio colonial de importancia mundial. No entanto, a súa expansión foi máis reducida e orientouse, principalmente, ao control da África mediterránea e do Extremo Oriente asiático.
  • Alemaña: Non amosou un excesivo interese pola carreira colonial. O seu chanceler, Bismarck,
...
Seguir lendo "Os Grandes Imperios Coloniais: Expansión e Conflitos" »

Poboación e Economía de Europa no Século XVII

Ciencias sociais2,78 KB

Poboación e economía de Europa

Estancamento demográfico

A poboación europea creceu pouco no século XVII, pasando de 106 a 130 millóns de persoas. As causas deste escaso crecemento foron:

  • As malas colleitas.
  • A dureza da Guerra dos Trinta Anos.
  • O rebrote da peste (1650-1670).

En moitos países, especialmente nos mediterráneos e no sur de Europa, a poboación decreceu.

Crise agraria e artesanal

A produción agraria descendeu polas anomalías climáticas, as guerras e as deficiencias técnicas. Esta crise afectou principalmente a Europa oriental e mediterránea. Pola contra, os Países Baixos e Inglaterra adoptaron novas técnicas para conservar a fertilidade do solo, como a substitución do barbeito por plantas forrageiras e a selección das especies...

Seguir lendo "Poboación e Economía de Europa no Século XVII" »

Comercio Mundial e Turismo: Eixes, UE e Destinos Globais

Ciencias sociais3,4 KB

Novos Eixes Comerciais Globais

Desde finais do século XX, a globalización, o crecemento dos novos países industrializados e a crise económica de 2007 modificaron a situación do comercio mundial.

  • O Eixe USA-China: Motor do Comercio Mundial

    O eixe USA-China concentra a maior porcentaxe das exportacións e importacións mundiais. Entre ambos países estableceuse un grande eixe comercial baseado no enorme crecemento das exportacións de produtos manufacturados chineses a EEUU.

  • Outros Novos Eixes Comerciais Emerxentes

    Os países emerxentes estanse convertendo nos principais protagonistas do actual crecemento económico. Por iso están aumentando:

    • Os fluxos comerciais de Asia, África e América Latina.
    • Os fluxos entre os países emerxentes: fundamentalmente
...
Seguir lendo "Comercio Mundial e Turismo: Eixes, UE e Destinos Globais" »

Contexto da Literatura Galega Medieval: Orixes e Formas

Ciencias sociais4,65 KB

Contexto da Literatura Galega Medieval

Alta Idade Media (s. V - mediados XI)

Caracterizada por unha economía de subsistencia (agraria), pola perda da unidade política e administrativa debido ás constantes guerras e invasións que xeraron un clima de inseguridade. Esta situación propicia que os nobres terratenentes protexan aos pequenos propietarios, dando lugar a un novo sistema social (feudalismo) a partir do s. XIII. A cultura concéntrase nos mosteiros, onde estaban os monxes, que eran case os únicos que sabían ler e escribir. Dedícanse a recoller coñecementos da época e copiar textos.

Baixa Idade Media (mediados s. XI - finais XV)

Sociedade na Baixa Idade Media

Prodúcese un rexurdir da vida urbana que dará lugar ao desenvolvemento...

Seguir lendo "Contexto da Literatura Galega Medieval: Orixes e Formas" »

Turismo e Comercio en Galiza: Análise e Tipos

Ciencias sociais2,82 KB

Definición de Turismo e Contexto Xeral

Segundo a Organización Mundial do Turismo das Nacións Unidas (OMT), o turismo comprende as actividades que realizan as persoas durante as súas viaxes e estadías en lugares distintos ao do seu contorno habitual por un período de tempo consecutivo inferior a un ano.

O sector turístico en España ten un papel clave na súa economía.

O Turismo e o Comercio en Galiza

O Comercio Galego: Estrutura e Evolución

Aínda que a situación mellorou nos últimos tempos, o certo é que a actividade comercial na Galiza estivo condicionada polo atraso da estrutura produtiva do sector primario. Esta deficiencia impediu que as empresas galegas se fixesen cargo da comercialización dos seus produtos, o cal orixinou a aparición...

Seguir lendo "Turismo e Comercio en Galiza: Análise e Tipos" »

Conceptos clave da Historia Antiga de Galicia

Ciencias sociais2,61 KB

Economía predadora

É aquela que se caracteriza por consumir os recursos da natureza sen xerar produción e que está baseada na caza de animais, a pesca e a recolección de froitos silvestres. É característica da Prehistoria na súa primeira fase ou Paleolítico. Oponse á economía produtiva, que consiste no desenvolvemento da agricultura e a gandaría.

Megalitismo

Cultura xurdida no Calcolítico ou Idade de Cobre (3500-2200 a.C.) en numerosas áreas peninsulares e europeas e caracterizada polas construcións, a maioría delas con finalidade funeraria, feitas a base de grandes pedras que dan nome á Cultura Megalítica. A súa tipoloxía é moi variada e de distinta complexidade: dólmenes, menhires, taulas…

Guerras cántabras

Supoñen a

...

Seguir lendo "Conceptos clave da Historia Antiga de Galicia" »

Revolución Industrial: orixes, desenvolvemento e efectos

Ciencias sociais4,66 KB

Orixes da Revolución Industrial

A sociedade do Antigo Réxime estaba estancada a nivel económico, alimentario e demográfico. A agricultura era de subsistencia e a industria artesanal. A poboación carecía de capacidade de compra, transporte lento e había aduanas interiores para o comercio. A metade do século XVIII en Lancashire (Reino Unido), iniciouse o proceso de concentración industrial, creando fábricas e desenvolvendo industrias básicas (têxtil, siderúrxica) en poucas décadas. Este desenvolvemento precisou transformacións na economía e na sociedade (poboación agrícola, produción de manufacturas, banca, comercio e transporte), iniciando o proceso en Reino Unido, expandíndose a outros países e ás colonias, creando un mercado...

Seguir lendo "Revolución Industrial: orixes, desenvolvemento e efectos" »