Lei de Normalización da Lingua Galega: historia e situación legal do galego

Ciencias sociaisActualizado o 2,81 KB

Resumo

O documento explica a Lei de Normalización da Lingua Galega de 1983, os seus títulos e obxectivos, e o papel da Real Academia Galega. Tamén repasa a evolución legal do galego desde o Estatuto de Autonomía de 1936 ata o recoñecemento constitucional e estatutario de 1978 e 1981.

Puntos clave

  • A Lei de Normalización da Lingua Galega (LNL) foi aprobada por unanimidade polo Parlamento en 1983.
  • A LNL concreta os principios establecidos na Constitución Española e no Estatuto de Autonomía en materia lingüística.
  • A Real Academia Galega (RAG) recibe a autoridade en materia normativa.
  • O galego é recoñecido como lingua propia de Galicia e cooficial co castelán.
  • O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936 foi o primeiro intento de recoñecer a cooficialidade do galego, pero non se aplicou pola Guerra Civil.
  • O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 recoñece o galego como lingua propia e cooficial.

Ponte á proba

Lei de Normalización da Lingua Galega

En 1983, o Parlamento aprobou por unanimidade a Lei de Normalización da Lingua Galega (LNL), que concreta e desenvolve os principios e competencias establecidos na Constitución Española e no Estatuto de Autonomía en materia lingüística. Esta lei considera como "núcleo vital da nosa identidade" o máis importante sinal de identificación e diferenciación de Galicia, así como o seu principal patrimonio cultural. A lei consta dunha disposición adicional relativa á normativa, na cal se establece a autoridade da Real Academia Galega (RAG) nesta materia. O título I recolle os dereitos lingüísticos dos cidadáns galegos, insistindo no recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia e a súa cooficialidade xunto co castelán. No título II, o status de lingua oficial do galego afecta non só á Administración autonómica, senón tamén á local, tendo estatus como lingua oficial do Estado. Os poderes autonómicos teñen a obriga de promover o coñecemento do galego por todo o persoal ao servizo da Administración pública. O artigo 22 (título IV) establece que a responsabilidade do proceso de Normalización Lingüística Galega recae no Goberno. Respecto do "galego exterior", o Goberno galego no (título V) desta lei comprométese a protexer a lingua non situada na Comunidade Autónoma. O Plan Xeral de Normalización Lingüística foi aprobado en marzo de 2004.

Situación Legal do Galego: Unha Perspectiva Histórica

O primeiro intento de que o galego fose considerado lingua oficial deuse no Instituto de Autonomía. Aprobado o 28 de xuño por plebiscito en 1936, na II República, no artigo 4 título I deste estatuto, recollíase por primeira vez a cooficialidade do galego e o castelán. Tamén se establecía a autonomía para Galicia, a obriga dos funcionarios de coñecer o galego e o ensino obrigatorio deste nas escolas. Porén, este intento fracasou co estalido da Guerra Civil (1936-1939), impedindo a súa aplicación. No ano 1978, foi aprobada a Constitución Española e implantouse en España "o sistema autonómico". No artigo 3 da Constitución Española recoñécese a cooficialidade das linguas de España diferentes ao castelán. En 1981 apróbase o Estatuto de Autonomía de Galicia, e o galego acada o estatus de lingua cooficial. No artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) recoñécese como lingua propia de Galicia, así como lingua oficial desta comunidade xunto co castelán. Os conceptos de lingua propia responden a factores históricos e culturais, mentres que lingua oficial refírese ao ámbito do goberno e da administración pública. Para que a lingua sexa legalmente recoñecida como oficial non significa que cumpra esta función efectivamente, só funcionará se a Administración e todas as institucións públicas a empregan.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Quen aprobou a Lei de Normalización da Lingua Galega?

O Parlamento aprobou a lei en 1983, por unanimidade. Concreta os principios da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía en materia lingüística.

Que organismo ten autoridade normativa sobre o galego segundo a lei?

A Real Academia Galega (RAG) ten a autoridade en materia normativa, segundo a disposición adicional da lei.

Por que non se aplicou o Estatuto de 1936?

O intento fracasou co estalido da Guerra Civil (1936-1939), que impediu a súa aplicación.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. En que ano se aprobou a Lei de Normalización da Lingua Galega?
2. Que organismo ten a autoridade en materia normativa segundo a lei?
3. Que estatuto recoñeceu por primeira vez a cooficialidade do galego e o castelán?
4. Que artigo do Estatuto de Autonomía de Galicia recoñece o galego como lingua propia?
5. Cal é a diferenza entre lingua propia e lingua oficial segundo o texto?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.