Vogais abertas e pechadas
Os desvíos da norma explícanse polo escaso tempo de vixencia da variedade estándar e polo uso maioritario do galego en usos non formais. As interferencias lingüística prodúcese cando se introducen elementos dunha lingua noutra lingua coa que está en contacto. Poden ser fonéticas (non diferenciar vogais abertas de pechadas), morfolóxicas (usar verbos compostos, confundir te e che, alteración do xénero), sintácticas (ausencia do pronome nos posesivos, colocación incorrecta do pronome) ou léxicas (castelanismos).
Os desvíos léxicos son voces que non se axustan á normativa: arcaísmos, lusismos, hipergaleguismos e vulgaismos (metátese, prótese, epéntese, paragoxe, aférese, paragoxe, síncopa, apócope, labialización, asimilación e diseminación)
Sociolingüística tema 5: O galego de 1936 a 1975.
A guerra civil terá serias negativas e consecuencias para a cultura galega. O proceso normalizador que comeza co rexurdimento no século XX, esgótase ate a violencia da represión da guerra e a posguerra. O final da guerra deu paso a unha etapa de forte represión aos cidadáns que discrepaban das ideas uniformizadoras do réxime no político, social e cultural. Bos Aires convértese na capital cultural de Galicia no exilio.
No 1950 un grupo de galeguistas fundan a editorial Galaxia cun propósito de rexeneración cultural. Nos 60, a esta recuperación contribúe o traballo de asociacións culturais, da incipiente actividade política da clandestinidade, das reivindicacións políticas dos primeiros partidos galeguistas e de actos académicos e culturais dos universitarios que esixían a democracia.
O proceso de desgaleguización idiomática experimentou unha intensificación e unha aceleración sen precedentes. Os medios de comunicación e a escola usaban en exclusiva a lingua castelá, constituíndose en axentes castelanizadores de moita importancia. O forte movemento migratorio do medio rural ás cidades provocou un cambio social e cultural que ocasionou a perda de moitos falantes galegos.
A nosa lingua foi proscrita da vida pública, relegada á condición de “dialecto”, fala vulgar e rústica impropia de xente ben educada e culta. A cultura popular foi convertida en