Lirismo medieval galego-portugués: trobadores e transmisión dos cancioneiros

Outras linguas estranxeirasActualizado o 3,58 KB

Resumo

O documento presenta a lírica medieval galego-portuguesa, os tipos de cantigas (amor, amigo, escarnio e maldicir, e as de Santa Maria) e o ambiente aristocrático do espectáculo trobadoresco. Tamén describe as figuras do trobador, o xograr e a soldadeira. Por último, explica como se transmitiron as cantigas a través dos cancioneiros da Ajuda, da Biblioteca Nacional e da Vaticana, e de pergamiños soltos.

Puntos clave

  • A lírica galego-portuguesa é unha lírica culta, propia de ambientes aristocráticos, con algúns elementos populares.
  • Os tipos de cantigas principais son as de amor, as de amigo e as de escarnio e maldicir; as cantigas de Santa Maria forman o cancioneiro relixioso.
  • O trobador era un membro da nobreza que compoñía como lecer; o xograr interpretaba as composicións e a soldadeira acompañaba o espectáculo con cantos e bailes.
  • O Cancioneiro da Ajuda conserva 310 cantigas, case todas de amor, de 38 poetas.
  • O Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B) é o máis voluminoso, con arredor de 1700 composicións.
  • O Cancioneiro da Vaticana (V) é unha copia do século XVI con 1200 composicións.

Ponte á proba

Lirismo medieval galego-portugués: O tempo dos trobadores

Durante o século VIII ten lugar a eclosión da lírica medieval galego-portuguesa. Trátase dun tempo no que trobadores e jograres compuxeron as cantigas, que veñen a construír un episodio decisivo da cultura europea. O lirismo medieval galego-portugués manifestase nos textos profanos que inclúen as cantigas de amor, as cantigas de amigo e as de escarnio e maldicir. Co cancioneiro de carácter relixioso formáronse as cantigas de Santa Maria.



As distraccións e o lecer no Medievo: O espetáculo trobadoresco

Durante a Idade Media, os nobres cando non estaban en guerras dispuxeron de moito tempo libre. A caza, a celebración de xustas e torneos foron ocupacións fundamentais para esas horas de lecer. As condicións climáticas non permitían sempre tales actividades ao aire libre. Tiñan que procurar outros divertimentos que si se puideran levar ao cabo nas estancias dos seus pazos e castelos. A celebración de estas festas e de reunions durante as cales se cantaba e danzaba eo terreo onde temos que considerar a eclosión do mundo trobadoresco. Estamos diante dunha lírica culta, propia de ambientes aristocráticos, algo que non impide que rexistremos nela apartados populares. As cantigas de escarnio, amor... eran acompañadas por diferentes instrumentos musicais e ainda con bailes e danzas. Os propios monarcas e grandes señores tiveron participación directa no espetáculo, acompañados por xentes humildes.

Trobador

Trátase dun membro da nobreza que compoñía cantigas como unha ocupación no seu tempo de lecer. Xurdiron outros poetas-compositores perspectiva profesional. Tamén eles se quixeron denominar a si mesmos trobadores, por máis que os poetas aristócrates lles negasen tal título.

Xogar

Os trobadores interpretan as suas composicións, xente de baixa extracción social que só era admitida pazo polas suas capacidades para o espetáculo. Alguns deles chegaron a compoñer as suas propias cantigas.

Soldadeira

Eran mulleres que participaban como membros activos do espetáculo trobadoresco, acompañando aos xogadores con cantos e bailes.



A transmisión do lirismo medieval: os cancioneiros

Na actualidade coñecemos moitas cantigas que chegan a nos a través dunha serie de cancioneiros, follas soltas e fragmentos que constitúen o legado da tradición manuscrita trobadoresca. De entre eles destacan singularmente tres: un deles orixinal outros dous copias.

Cancioneiro da Ajuda (A)

Consérvase en Lisboa no século XIII e comezos do S.XIV amosa o conxunto de 310 cantigas, case todas de amor, realizadas por 38 poetas diferentes.

Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B)

Consérvase en Lisboa. Foi copiado en Italia no século XVI. É o mais voluminoso de todos, xa que contén arredor de 1700 composicións de todos os xéneros.

Cancioneiro da Vaticana (V)

A súa orixe está en Italia e hoxe gardase na Biblioteca do Vaticano. É unha copia do século XVI con 1200 composicións. De entre follas soltas, fragmentos destacan o Pergamiño Vindel (N) e o Pergamiño Sharrer (T). Conservada en Nova York e contén sete cantigas de amigo de autoría de Martin Codax. Cantigas do Pergamiño Vindel. Seis delas aparecen acompañadas coa correspondente transcripción musical. Tamén o Pergamiño Sharrer transmite a letra de sete e a música de seis cantigas do rei D. Denis de Portugal. O pergamiño gardase en Lisboa no século XIII e comezos do S.XIV

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que tipos de cantigas inclúe a lírica medieval galego-portuguesa?

O texto cita as cantigas de amor, as cantigas de amigo e as de escarnio e maldicir como cantigas profanas, e as cantigas de Santa Maria como cancioneiro de carácter relixioso.

Quen eran os xogares e as soldadeiras?

Os xogares eran xente de baixa extracción social que interpretaba as composicións, e algúns tamén compuxeron as súas cantigas. As soldadeiras eran mulleres que acompañaban aos xogadores con cantos e bailes.

Cantas cantigas conserva o Cancioneiro da Ajuda?

O Cancioneiro da Ajuda conserva 310 cantigas, case todas de amor, realizadas por 38 poetas diferentes.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. En que século se eclosiona a lírica medieval galego-portuguesa segundo o texto?
2. Que era un trobador segundo o documento?
3. Cal dos cancioneiros é o máis voluminoso?
4. Onde se conserva o Cancioneiro da Ajuda?
5. Que se conserva no Pergamiño Sharrer segundo o texto?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.