Prosa e Teatro en Galego: IdF, Nós e Vang (1900-1976)

Outras linguas estranxeiras6,85 KB

Prosa das IdF e do Grupo Nós

a) Actividade literaria

Ensaio e xornalismo: Vilar Ponte inicia o ensaio político, recollendo a transición, esto é seguido por Garea e Viqueira. A Nosa Terra foi o voceiro das Irmandades da Fala (IdF).

Narrativa

As IdF creían na importancia da novela e prepararon o terreo con coleccións como Alborada e Céltiga, destacando Meis, Alvarellos e Quintanilla.

b) Grupo Nós

Escritores que iniciaron a actividade literaria a principios do século XX e tiveron como órgano de expresión a revista Nós. En 1918 xurdiron as IdF. Trazos comúns:

  • Extracción social acomodada.
  • Ideoloxía afín ao tradicionalismo galego.
  • Formación cultural desvinculada da tradición galega.
  • Rigorosa formación.
  • Creadores da moderna poesía galega.
  • Labor pedagóxica e concienciación social.
  • Modernización e europeización da cultura galega (Castelao non as tres primeiras).

Vicente Risco

Pensamento e obra ensaística.

  • Ensaio de formación: Nós, Os inadaptados.
  • Ensaio galego: Teoría do nacionalismo galego.
  • Ensaio non galego.
  • Prosa de ficción:
    • Novela curta: Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros, O lobo da xente, A coutada.
    • Narrativa satírica: O porco de pé.

Otero Pedrayo

  • Narrativa:
    • Novela autobiográfica: Arredor de si.
    • Realismo e fantasía rural: Pantelas, Home libre.
    • Ciclo de decadencia da fidalguía: Os camiños da vida.
    • Narrativa histórica e culturista: Fra Vernexo.
  • Ensaio (tres apartados): síntese panorámica sobre a xeografía e a historia galega, libros de viaxes e lembranzas de amigos.

Castelao

  • Caricatura: mostra a realidade da época, prosa substantiva, sintaxe, técnica narrativa centrada no fondo, tema principal a morte.
  • Narrativa: Un ollo de vidro, Cousas, Retrincos, Os dous de sempre.
  • Ensaio: Sempre en Galiza.

Teatro das IdF, Vang e Grupo Nós

a) Teatro das IdF

Novos temas: recreación histórica, reivindicación social, recuperación cultural.
Novas formas: comedia burguesa, drama simbolista, teatro cómico e infantil, ópera.

  • Freire: rompeu o vínculo do teatro galego co costumismo e apostou polo teatro social.
  • Cabanillas: A man da santiña, primeiro intento de comedia burguesa para dignificar a lingua.
  • Vilar Ponte: tradución, autoría, formación.

b) Teatro de Vang

  • Dieste: A fiestra baldeira, conflito entre postulados anteriores e identidade galega.
  • Quintanilla.

c) Grupo Nós

Renovación do teatro: desvinculado da función propagandística, concíbese como arte, depúranse elementos costumistas e realistas, a favor do simbolismo, incorporando tendencias europeas.

  • Vicente Risco: O bufón del-rei, simbolista, deformidade.
  • Otero Pedrayo: A lagarada, elemento simbólico.
  • Castelao: Os vellos non..., forte compoñente expresionista, elemento simbólico.

Poesía 1936-1976

Fin da guerra, represión lingüística, coincidencia de poetas de diferentes épocas, moitos estilos e temas diversos (cultura, intimismo, ruralismo...).

Anos 50: Xeración do 36

Nados entre 1910 e 1920, influenciados polas vangardas e pola Xeración Nós, vida marcada pola guerra, ponte entre a literatura de preguerra e as novas promocións. Destacan Aquilino Iglesia (Cámaras verdes, C.E.) e Ferreiro (Longa noite de pedra).

Promoción de enlace

Nados entre 1920 e 1930, formados nos primeiros anos da posguerra, sen influencia directa de Vang nin do Grupo Nós, bilingües, con compromiso social e angustia existencial. Destacan Antón Tovar (O vento no teu colo), Luz Pozo Garza (O paxaro na boca) e Manuel Cuña Novás (Fabulario novo).

Xeración das Festas Minervais

Nados entre 1930 e 1940, non coñecen a guerra, dánse a coñecer en certames literarios; os do 36 son os seus profesores. Dúas liñas poéticas: intimista (morte, soidade) e denuncia social (guerra, opresión). Destacan Manuel María (Morrendo a cada intre, Cancións de Lusco e Fusco), Uxío Novoneyra (Os eidos, Muller pra lonxe) e X. L. Méndez Ferrín (Voz na néboa, poesía completa de Heriberto Bens).

Prosa 1936-1976

Guerra civil, freo cultural e literario. Nos anos 50 xorden proxectos para publicar en galego; nace a editorial Galaxia para recuperar e difundir a cultura galega. Tres liñas narrativas: realismo popular, fantástico e social.

Autores: Realismo popular

Fole, libros de contos (Á luz do candil). Características: o rural, narrativa popular oral como base, humor e medo, fantasía e realidade, recreación da fala lucense.

Realismo fantástico

Cunqueiro. Características: realismo e fantasía, costumes e lendas, mitos tradicionais, paisaxe con función simbólica. Novela: Merlín e familia. Libros de relatos: Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá, Os outros feirantes.

Realismo social

  • Blanco Amor: dúas novelas (A esmorga, Xente ao lonxe) e un libro de relatos (Os biosbardos). Características: espazo urbano, problemas de clases desfavorecidas, perspectiva, lingua popular.
  • Neira Vilas: Memorias dun neno labrego. Características: mundo rural e emigración, fala popular, xente anónima e humilde.

Descargar

PDF Word HTML