Poesia costumista de curros
A POESÍA COSTUMBRISTA:Curros segue o modelo de Rosalía nos seus poemas costumbristas.Destaca "O MAIO".A POESÍA NARRATIVA:Curros compón a lenda da "VIRXE DE CRISTAL",que relata a historia que deu orixe a unha devoción popular aínda hoxe.A POESÍA LÍRICO-INTIMISTA:Curros concebía a poesía subxectiva como unha forma egoísta contraria a súa visión social da poesía.Destaca:"BEN CHEGADO"(celebrando a o nacemento do seu primeiro fillo)"AI"(no que expresa a dor pola morte doutro fillo e "NA MORTE DA MIÑA NAI".Outros poemas permiten enxergar unha desesperanza e unha angustia pesimista. "TEMPRO DESERTO","SOLA","A ROSALÍA". O DIVINO SAINETE: Curros atópase nunha noite en Madrid con Añon e xuntos deciden emprender unha peregrinaxe a Roma nun tren.Curros emprega esta obra para facer crítica de institucións e ridiculizar aos seus inimigos literarios e persoais. A LINGUA:Curros vai construir o seu galego sobre a lingua vulgar.De aí a riqueza do seu léxico e que os xiros e modismos populares constituan unha característica da súa literatura. O seu galego é un galego enxebre, enteiramente popular xa que é o galego de Celanova.