A lingua estándar, funcións sociais e diglosia

Lingua e literatura2,76 KB

A lingua estándar

Lingua estándar: variedade supradialectal que se superpón ás restantes variedades e que se consagra como uso correcto da lingua. É a variedade culta para os contextos formais, tanto orais como escritos, que se emprega no ámbito da administración. O estándar é unha variedade convencional, resultado dun proceso de normativización lingüística.

Funcións que desempeña unha lingua

  • Función de identidade: é a que se materializa no marco interno do individuo. Na última década, o galego deixa de ser a lingua maioritaria.
  • Función familiar: é a que unha lingua desempeña no ámbito de relación interpersoal. As estatísticas amosan que existe unha discordancia en función da xeración familiar.
  • Función laboral: maniféstase nas relacións lingüísticas entre individuos no ámbito do traballo; cómpre ter en conta moitas variables.
  • Función local: é a función que exerce calquera idioma como vehículo de comunicación entre persoas do mesmo contorno cotián.
  • Función institucional: relacións lingüísticas entre o individuo e os estamentos administrativos.
  • Función cultural: exércese cando a través da lingua expresamos conceptos e mensaxes da vida cultural.
  • Función internacional.

Fenómenos lingüísticos e desviacións da norma

Vulgarismo: son alteracións propias do uso non coidado da lingua.

  1. Harmonización: pidir (pedir)
  2. Disimilación: teléfano (teléfono)
  3. Metátese: probe (pobre)
  4. Adición e supresión de fonemas
  5. Redución ou vocalizacións de grupos consonánticos: aluno (alumno)

Hipergaleguismo: orixínanse ao mudar a forma dunha palabra galega correcta cando coincide co castelán: brilar (brillar), oficiña (oficina).

Arcaísmo: son voces tomadas dos textos galego-portugueses medievais por vía culta (escritores, intelectuais...): capíduo (capítulo), falescer (falecer).

A diglosia

Diglosia: en 1959 o lingüista americano Charles Ferguson introduce o termo diglosia como a relación estable entre dúas variedades lingüísticas internas dunha mesma lingua (árabe clásico e árabe dialectal); a primeira sería a variedade alta e a segunda a variedade baixa. Máis tarde, outro lingüista, Joshua Fishman, estuda o proceso e defínea como un fenómeno colectivo que se caracteriza polo uso socialmente condicionado de dúas linguas.

Descargar

PDF Word HTML