Evolución da lingua galega: historia e etapas

Lingua e literatura2,84 KB

Evolución da lingua galega

Historia social da lingua galega ata o século XIX

Esplendor medieval (IX-XVI)

No século IX, o descubrimento do sartego consolida a Compostela como un dos centros da cristiandade. O galego convértese na lingua da cultura de boa parte da Península, o que se ve reflectido nas cantigas. O galego vive unha situación de normalidade como idioma da poboación e dos ámbitos administrativos e xudiciais.
No século XIII comeza un proceso de decadencia que culminará no século XV coa imposición do castelán. O galego ficará relegado aos ámbitos coloquiais e familiares.

Séculos Escuros (XVI-XVIII)

O galego perde uso como lingua de cultura e cárgase de prexuízos lingüísticos.
No século XVIII xorden as primeiras voces que han de defender a dignidade de Galicia e o seu idioma. Frei Martín Sarmiento reinvindicou o seu uso na escola e reclamou a obriga de o coñecer para os funcionarios civís e relixiosos.

Rexurdimento (XIX)

No século XIX prodúcese o Rexurdimento literario e unha lexislación que ha impoñer a alfabetización obrigatoria en castelán.
O Rexurdimento pleno ten lugar na década de 1860, vinculado a certames literarios como os Xogos Florais da Coruña (1861). Publícase o primeiro libro impreso en galego, A gaita gallega e, finalmente, coas figuras de Rosalía, Pondal e Curros.

Historia social da lingua galega no século XX

Antes da guerra civil

A tendencia das clases altas a abandonar o galego comezou a afectar tamén ás clases baixas, na medida que ían abandonando o campo e instalándose na cidade. A poboación galego falante foi perdendo peso respecto ao conxunto da poboación galega.
Por outra banda, desenvolveuse un movemento de reinvidicación do uso do galego en todos os ámbitos sociais. Creación da Real Academia Galega, as Irmandades da Fala e o grupo Nós.
Coa II República (1931) experiméntase un importante desenvolvemento que permitiu a aprobación do Estatuto de Autonomía (1936). Mais o estalido da guerra civil impediu que se puxese en práctica.

Despois da guerra civil: o franquismo

Iniciouse unha etapa de represión. Galicia converteuse nun deserto cultural onde o emprego do galego escrito e o oral en actos públicos era imposible. A partir de 1950 comezaron a notarse síntomas de recuperación no ámbito da cultura, como a creación da editorial Galaxia (1950) e o establecemento do Día das Letras Galegas (1963).

Da democracia á actualidade

Coa aprobación da Constitución española (1978), do Estatuto de Autonomía (1981) e da Lei de normalización lingüística (1983), o galego adquire unha situación legal de cooficialidade co castelán.
O galego segue en retroceso baixo a presión do castelán.

Descargar

PDF Word HTML