Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Química

Química por nivel

Lugar do Universo e Estrutura do Sistema Solar en Galego

Química6,92 KB

Un lugar do universo

Ao longo da historia do pensamento resultaron dominantes as ideas que situaban a especie humana no centro do universo: para ela sería creada a Terra e todo o que a rodea. É o que se coñece como perspectiva antropocéntrica.

Así, para o mundo clásico a Terra era o centro do universo, e ao seu redor xirarían o Sol, a Lúa e as estrelas. Coñécese como sistema xeocéntrico, do que Ptolomeo foi o seu principal expoñente.

Os antigos gregos observaron que as estrelas xiraban durante a noite e todas o facían no mesmo sentido, mantendo constantes as distancias entre elas. Isto fíxoos pensar que se atopaban fixas nunha esfera afastada, a bóveda celeste. Outros corpos celestes que seguían traxectorias singulares recibiron...

Seguir lendo "Lugar do Universo e Estrutura do Sistema Solar en Galego" »

Materia e unidades: magnitudes, propiedades e sistema solar

Química2,52 KB

— Materia e medidas

A materia é todo aquilo que se pode medir.

As propiedades da materia son aquelas que se pódense medir e diferenciar.

Propiedades

  • Intensivas: non dependen do tamaño do corpo que estamos a observar.
  • Extensivas: dependen do tamaño do corpo que estamos a observar.

Medir: comparar algo cun patrón de medida establecido.

Magnitude: todo o que se pode medir.

Unidades de medida: patrón que se utiliza para medir unha magnitude.

O sistema de unidades ou de medida é o conxunto de magnitudes e as unidades de medida elixidas para as medir.

Magnitudes básicas

Masa: a masa é a cantidade de materia que ten un corpo.

Volume: o volume dun corpo é o espazo que ocupa ese corpo.

Litro: o litro é unha unidade de capacidade.

Densidade: a densidade...

Seguir lendo "Materia e unidades: magnitudes, propiedades e sistema solar" »

Cálculos Químicos: Reaccións e Estequiometría

Química10,61 KB

Descomposición do Carbonato de Calcio

A reacción de descomposición do carbonato de calcio ($\text{CaCO}_3$) é:

$$\text{CaCO}_3 \xrightarrow{\text{Calor}} \text{CaO} + \text{CO}_2$$

Masas molares (simplificadas para o exemplo):

SubstanciaMasa (g)
$\text{CaCO}_3$100 g
$\text{CaO}$56 g
$\text{CO}_2$22,4 g

Se partimos de 900 g de $\text{CaCO}_3$, calculamos a cantidade de $\text{CO}_2$ producida ($x$):

$$\frac{100 \text{ g de } \text{CaCO}_3}{22,4 \text{ g de } \text{CO}_2} = \frac{900 \text{ g de } \text{CaCO}_3}{x \text{ g de } \text{CO}_2}$$

Resolvendo para $x$:

$x = \frac{900 \times 22,4}{100} = \mathbf{201,6 \text{ g de } \text{CO}_2}$.

Reacción entre Dióxido de Manganeso e Ácido Clorhídrico

a) Balanceo da Reacción

A reacción balanceada é:

...

Seguir lendo "Cálculos Químicos: Reaccións e Estequiometría" »

Elementos químicos e tipos de enlaces

Química2,89 KB

Os elementos químicos e as súas propiedades

Un elemento químico é toda substancia que non se pode descompoñer noutra máis simple que manteña as súas propiedades físicas e químicas.

  • Elementos metálicos: son sólidos a temperatura ambiente, teñen brillo, conducen a calor e a electricidade e son dúctiles e maleables.
  • Elementos non metálicos: son sólidos, líquidos ou gases a temperatura ambiente, xeralmente carecen de brillo, non conducen nin a calor nin a electricidade e son fráxiles.

O sistema periódico

O sistema periódico é a clasificación dos elementos químicos en filas ou períodos en orde crecente de número atómico, e en columnas ou grupos aqueles que teñen propiedades análogas.

Clasificación dos elementos no sistema

...
Seguir lendo "Elementos químicos e tipos de enlaces" »

O significante e o significado: Guía de semántica

Química2,67 KB

O significante e o significado

O significado atinxe ao sentido, concepto, idea, etc., que se asocia a unha secuencia de significante. Un mesmo significante pode ter significados completamente distintos en dúas linguas diferentes.

Se o léxico se ocupa das palabras desde o punto de vista dos significantes, a semántica estúdaas desde o punto de vista dos seus significados. O estudo semántico é máis complexo e impreciso ca o léxico, porque as unidades léxicas en que se pode descompoñer unha palabra son máis evidentes ca as unidades semánticas.

As unidades semánticas, unidades mínimas de significado, reciben o nome de trazos semánticos ou semas. Un campo semántico, xa que logo, é un conxunto de palabras que teñen en común polo menos...

Seguir lendo "O significante e o significado: Guía de semántica" »

Tabla de los elementos con nombre, simbolo, ma, na, p, n, e

Química2,99 KB

hidrogeno (1a)H1 (ma) 1 (na) 1 p0 n1 e
litio Li 6 3 3 3 3
sodio Na 22 11 11 11 11
potasio K 39 19 19 20 19
rubido Rb 85 37 37 48 37
cesio Ce 132 55 55 77 55
francio Fr 223 87 87 13687 
 berilio (2a)Be 9 (ma) 4 (na) 4 p  5 n 4 e
 magnesio Mg 24 12 12 12 12
 calcio Ca 40 20 20 20 20
 estroncio Sr 87 38 38 49 38
 bario Ba 137 56 56 81 56
 radio Ra 226 88 88 138 88


 boro (3a) B10 (ma)  5 (na)5 p 5 n 5 e 
 Aluminio Al 26 13 13 13 13
 Galio Ga 69 31 31 38 31
 Indio In 114 49 49 65 49
 Talio Tl 204 81 81 123 81
 Tusfrano Tf 272 113 113 159 113
carbono (4a)  C 12 (ma)6 (na)  6 p6 n 6 e 
 silicio Si 28 14 14 14 14
 germanio Ge 72 3232  40 32
 estaño Sn 118 50 50 68 50
 plomo Pb 207 82 82 125 82
 erristeneo Eo 276 114 114 162 114

Relacións Semánticas entre Palabras en Galego

Química2,97 KB

Denotación

A denotación é o significado obxectivo dunha palabra illada do contexto. Ese significado obxectivo é o que aparece definido nos dicionarios.

Connotación

A connotación é o resultado de engadir ao significado base outros significados adicionais derivados do seu uso nunha determinada sociedade (ex. Es coma un toxo! = Persoa pouco afectiva).

Antonimia

A antonimia consiste na oposición de significados; establece unha relación de incompatibilidade. Pode ser:

  • Complementaria ou privativa: exclúense un ao outro; a afirmación dun dos elementos implica a negación do outro e á inversa (vivo/morto).
  • Gradual: non se exclúen totalmente, hai graos intermedios (frío/quente).
  • Inversos ou recíprocos: a presenza dun supón a existencia do outro
...
Seguir lendo "Relacións Semánticas entre Palabras en Galego" »

Patróns motivacionais e intelixencias

Química3,25 KB

Patróns motivacionais

Metas de aprendizaxe e metas de execución

Hai dous patróns motivacionais que difiren no tipo de metas ás que se dirixe a conduta de logro:

  • Patrón adaptativo: Perseguen metas de aprendizaxe; tratan de incrementar a súa competencia adquirindo e dominando novas habilidades e coñecementos. O seu obxectivo é mellorar, aprender sen importar os erros porque destes pódese aprender.
  • Patrón desadaptativo: Metas de execución; procuran obter xuízos positivos sobre a súa competencia e evitar os xuízos negativos, é dicir, preocúpanse pola forma en que os xulgan.

Estilos atribucionais e motivación

  • Estilo atribucional adaptativo: A motivación cara á tarefa increméntase cando o suxeito atribúe o éxito a factores internos
...
Seguir lendo "Patróns motivacionais e intelixencias" »

Teorías do Desenvolvemento na Educación: Vygotski, Piaget e Bandura

Química4,09 KB

Teorías do Desenvolvemento e a Educación: Vygotski, Piaget e Bandura

Vygotski: O Desenvolvemento como Proceso Sociocultural Mediado

Segundo Vygotski, na educación hai que partir desde onde o neno/a se atopa para chegar así a novos niveis. O desenvolvemento é un proceso social e cultural mediado, e a función da educación consiste en realizar a labor de mediación entre o individuo e o grupo social. Isto é aplicable a calquera situación educativa.

Interaccións e Condicións para a Educación Promotora do Desenvolvemento

As interaccións crean desenvolvemento, promoven evolución e cambios nas persoas. Aínda que non toda a educación é promotora do desenvolvemento, debe cumprir as seguintes condicións:

  • A criatura debe ter un certo nivel
...
Seguir lendo "Teorías do Desenvolvemento na Educación: Vygotski, Piaget e Bandura" »

O Concepto de Espazo nas Ciencias Sociais

Química4,61 KB

A Construción do Concepto de Espazo nas CCSS

O espazo como categoría está presente nas nosas vidas dende o momento en que nacemos. A ciencia/disciplina que nos vai transmitir ese coñecemento é a ciencia social coñecida como Xeografía. Se o tempo o podemos considerar como o sangue da historia, a Xeografía convértese na columna vertebral.

A Xeografía danos coñecemento sobre o espazo, pero non só ela. Existen outras disciplinas que nos aportan coñecemento do espazo. Por iso podemos considerar o espazo como un concepto interdisciplinar.

O Espazo como Concepto Interdisciplinar

Outras disciplinas que se encargan do coñecemento do espazo son:

  • Matemáticas: Cando empregamos formas xeométricas (regulares e irregulares) estamos contribuíndo
...
Seguir lendo "O Concepto de Espazo nas Ciencias Sociais" »