Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Química de Bacharelato

Cálculos Químicos: Reaccións e Estequiometría

Química10,61 KB

Descomposición do Carbonato de Calcio

A reacción de descomposición do carbonato de calcio ($\text{CaCO}_3$) é:

$$\text{CaCO}_3 \xrightarrow{\text{Calor}} \text{CaO} + \text{CO}_2$$

Masas molares (simplificadas para o exemplo):

SubstanciaMasa (g)
$\text{CaCO}_3$100 g
$\text{CaO}$56 g
$\text{CO}_2$22,4 g

Se partimos de 900 g de $\text{CaCO}_3$, calculamos a cantidade de $\text{CO}_2$ producida ($x$):

$$\frac{100 \text{ g de } \text{CaCO}_3}{22,4 \text{ g de } \text{CO}_2} = \frac{900 \text{ g de } \text{CaCO}_3}{x \text{ g de } \text{CO}_2}$$

Resolvendo para $x$:

$x = \frac{900 \times 22,4}{100} = \mathbf{201,6 \text{ g de } \text{CO}_2}$.

Reacción entre Dióxido de Manganeso e Ácido Clorhídrico

a) Balanceo da Reacción

A reacción balanceada é:

...

Seguir lendo "Cálculos Químicos: Reaccións e Estequiometría" »

O significante e o significado: Guía de semántica

Química2,67 KB

O significante e o significado

O significado atinxe ao sentido, concepto, idea, etc., que se asocia a unha secuencia de significante. Un mesmo significante pode ter significados completamente distintos en dúas linguas diferentes.

Se o léxico se ocupa das palabras desde o punto de vista dos significantes, a semántica estúdaas desde o punto de vista dos seus significados. O estudo semántico é máis complexo e impreciso ca o léxico, porque as unidades léxicas en que se pode descompoñer unha palabra son máis evidentes ca as unidades semánticas.

As unidades semánticas, unidades mínimas de significado, reciben o nome de trazos semánticos ou semas. Un campo semántico, xa que logo, é un conxunto de palabras que teñen en común polo menos...

Seguir lendo "O significante e o significado: Guía de semántica" »

Relacións Semánticas entre Palabras en Galego

Química2,97 KB

Denotación

A denotación é o significado obxectivo dunha palabra illada do contexto. Ese significado obxectivo é o que aparece definido nos dicionarios.

Connotación

A connotación é o resultado de engadir ao significado base outros significados adicionais derivados do seu uso nunha determinada sociedade (ex. Es coma un toxo! = Persoa pouco afectiva).

Antonimia

A antonimia consiste na oposición de significados; establece unha relación de incompatibilidade. Pode ser:

  • Complementaria ou privativa: exclúense un ao outro; a afirmación dun dos elementos implica a negación do outro e á inversa (vivo/morto).
  • Gradual: non se exclúen totalmente, hai graos intermedios (frío/quente).
  • Inversos ou recíprocos: a presenza dun supón a existencia do outro
...
Seguir lendo "Relacións Semánticas entre Palabras en Galego" »

Ácidos e Bases: Teorías e Aplicacións

Química9,3 KB

Ácidos e Bases: Definicións e Características

Desde a Antigüidade elaboráronse definicións para os ácidos e as bases, en función das súas características obtidas experimentalmente:

Características dos Ácidos

Unha substancia pode considerarse ácido se en disolución acuosa:

  • Reacciona con metais disolvéndoos e desprendendo burbullas.
  • Dá coloración característica cos indicadores.
  • As súas disolucións diluídas teñen sabor ácido.
  • En disolucións concentradas destrúe os tecidos vivos e a materia orgánica.
  • Ataca o mármore e outras rochas carbonatadas producindo efervescencia.
  • Reacciona coas bases perdendo as súas propiedades.

Características das Bases

Unha substancia pode considerarse base se en disolución acuosa:

  • Produce precipitados
...
Seguir lendo "Ácidos e Bases: Teorías e Aplicacións" »

O Modernismo: Orixes, Artistas e a Obra de Gaudí

Química2,81 KB

O Modernismo: Orixes e Desenvolvemento

Do movemento Arts and Crafts ao Modernismo

Mentres nos últimos anos do século XIX se deseñaban os rañaceos en Norteamérica, en Europa, e concretamente en Inglaterra, produciuse un movemento de raíces filosóficas e sociais que quería influír con forza na arquitectura desta época.

Baseábase no interese de William Morris pola ensinanza das artes e oficios, coñecidas como Arts and Crafts. Morris consideraba que a industrialización na arte levaba á perda de sensibilidade e propugnaba unha volta á artesanía. O Modernismo, que se baseaba na liberdade, permitía aos artistas elaborar as súas creacións cun particular interese polo mobiliario.

Principais movementos modernistas en Europa

  • En Bélxica,
...
Seguir lendo "O Modernismo: Orixes, Artistas e a Obra de Gaudí" »

Enerxía nuclear: uranio, fisión e residuos

Química3,33 KB

O uranio enriquecido

O uranio natural está composto por tres isótopos: U-238, U-235 e U-234. O U-238 non é fisionable, polo que o mineral de uranio natural non pode utilizarse directamente como combustible nuclear. Precísase enriquecer o uranio ata conseguir unha concentración do isótopo 235 superior ao 3%. Para obter un quilogramo de uranio enriquecido é necesario purificar e refinar 8 quilogramos de uranio natural.

As centrais nucleares

As centrais termonucleares producen enerxía empregando o uranio como fonte primaria de enerxía. O uranio non é unha fonte de enerxía renovable: considérase que, ao ritmo actual de consumo, as reservas actuais de uranio esgotaranse en poucos centos de anos. A fisión controlada dos núcleos de uranio...

Seguir lendo "Enerxía nuclear: uranio, fisión e residuos" »

Modelos Atómicos: Limitacións, Mecano-cuántico e Propiedades Periódicas

Química8,99 KB

Limitacións do modelo de Bohr: non explicaba por que as órbitas atómicas estaban cuantizadas nin por que algunhas propiedades dos elementos se repetían periodicamente. Atopáronse tamén resultados experimentais que non encaixaban dentro dese modelo:

  1. Ao aumentar a resolución dos espectrógrafos observouse que algunhas liñas do espectro eran en realidade dúas.
  2. Ao efectuar o espectro ao mesmo tempo que se sometía a substancia a un intenso campo magnético, observouse que algunhas liñas espectrais se desdobraban en varias.

Modelo Mecano-cuántico: As ecuacións básicas deste novo modelo foron expostas por Heisenberg e Schrödinger. Características:

  1. Dualidade onda-partícula: Broglie propuxo que as partículas materiais teñen propiedades
...
Seguir lendo "Modelos Atómicos: Limitacións, Mecano-cuántico e Propiedades Periódicas" »

Reaccións Químicas e Técnicas de Laboratorio: Filtración e Destilación

Química3,08 KB

Reaccións Químicas Fundamentais

A continuación, descríbense algúns tipos de reaccións químicas básicas:

  • Oxidación

    Un dos reactivos é o O (Osíxeno). Os produtos son óxidos ou anhídridos.

  • Formación (Síntese)

    Os reactivos son elementos e hai un único produto.

  • Descomposición

    Un único reactivo xera varios produtos.

    Nota sobre nomenclatura de ácidos e sales:

    • -ico → -ato
    • -oso → -ito

Reaccións Específicas

  • Ácido + Metal → Sal + Hidróxeno

  • Ácido + Base (Hidróxido) → Sal + Auga (Neutralización)

  • Anhídrido + Auga → Ácido

  • Óxido + Auga → Hidróxido

Técnicas de Laboratorio: A Filtración

A filtración é un método esencial para separar sólidos non disoltos dun líquido.

  1. Preparación do Papel de Filtro

    Debuxa sobre a folla de papel de

...
Seguir lendo "Reaccións Químicas e Técnicas de Laboratorio: Filtración e Destilación" »

Enerxía de Rede e Enlace Covalente: Teorías e Tipos

Química3,27 KB

Conceptos Fundamentais de Enlaces Químicos

Enerxía de Rede ou Reticular

A enerxía de rede ou reticular é a enerxía intercambiada na formación dun mol de cristal iónico a partir dos correspondentes ións positivos e negativos en estado gasoso.

Canto menor é a enerxía de rede, máis estabilidade ten o composto iónico.

Substancias Iónicas

As substancias iónicas son sólidas a temperatura ambiente e están formadas por elementos con electronegatividades moi diferentes.

Enlace Covalente

As substancias caracterízanse por estar constituídas por átomos neutros, xeralmente de elementos non metálicos, e estar unidas mediante enlace covalente.

Modelo de Lewis

Establece a primeira teoría acerca do enlace covalente. O enlace covalente é a unión...

Seguir lendo "Enerxía de Rede e Enlace Covalente: Teorías e Tipos" »

A Importancia da Textura e Estructura do Solo para a Agricultura

Química3,9 KB

Textura do Solo

Textura - Proporción de área, limo e arxila. Algúns solos conteñen en proporción variable partículas calizas, constituídas por carbonato cálcico máis ou menos puro. A fracción arxilosa está constituída en grande parte por silicatos de aluminio hidratados Al2(SiO4)H2O, coloreados en pardo ou vermello pola presenza no solo de óxidos de ferro libres que xogan un papel determinante no campo da absorción dos elementos minerais nutritivos dun solo.

Estructura do Solo

A materia orgánica do solo provén da transformación dos tecidos vexetais, dexeccións e esqueletos animais por acción dos microorganismos presentes no mesmo. Unha parte dela orixina unha sustancia de color pardo escuro humus. Arxila e humus son coloides:...

Seguir lendo "A Importancia da Textura e Estructura do Solo para a Agricultura" »