A Importancia da Textura e Estructura do Solo para a Agricultura

Química3,9 KB

Textura do Solo

Textura - Proporción de área, limo e arxila. Algúns solos conteñen en proporción variable partículas calizas, constituídas por carbonato cálcico máis ou menos puro. A fracción arxilosa está constituída en grande parte por silicatos de aluminio hidratados Al2(SiO4)H2O, coloreados en pardo ou vermello pola presenza no solo de óxidos de ferro libres que xogan un papel determinante no campo da absorción dos elementos minerais nutritivos dun solo.

Estructura do Solo

A materia orgánica do solo provén da transformación dos tecidos vexetais, dexeccións e esqueletos animais por acción dos microorganismos presentes no mesmo. Unha parte dela orixina unha sustancia de color pardo escuro humus. Arxila e humus son coloides: sustancias insolubles que poden encontrarse en solución acuosa. Coa presenza de catións, de máis de unha valencia, Ca en particular. Coa presenza do Ca, os coloides do solo floculan en asociarse constituíndo compostos arxilo-húmicos.

As partículas minerais da terra fina, xunto co humus, forman agregados que delimitan intersticios (ocos) ou espacios ocupados polo aire e pola H2O. A forma, dimensión e disposición dos agregados define a estrutura do solo que debe ser estable co fin de que as raíces poidan explorar un determinado volume de solo e debe proporcionar unha porosidade adecuada que favoreza a circulación do aire e da H2O. A porosidade é proporcional ó volume de espacio existente entre os agregados e as partículas elementais do solo que compoñen os propios agregados.

Estabilidade Estructural do Solo

A estabilidade estructural dun solo favorecese por:

  • Solo encalado: engádese cal para facilitar a floculación do complexo arxilo-húmico.
  • Restitución de parte da materia orgánica que usaron os cultivos.
  • Desenvolvemento: de forma que é directamente proporcional ó contido en calcio, materia orgánica, pH, ou menos aireación, e o contido de humidade.

Auga e Aire no Solo

Auga: A cantidade de H2O presente no solo inflúe directamente sobre o crecemento das plantas e o seu adecuado desenrolo. A H2O regula a evapo-transpiración e inflúe na temperatura do aire e do solo mediante o proceso de evaporación. Constitúe o disolvente por excelencia das sales.

A H2O é tamén responsable para os elementos inorgánicos e da solución do solo de onde a planta toma os elementos nutritivos. A H2O é tamén responsable, principalmente nas zonas altas e montañosas, dos fenómenos erosivos e dos procesos de lavado.

Capacidade de Retención de Auga no Solo

CAPACIDADE MÁXIMA DE RETENCIÓN QUE TEN UN SOLO: capacidade máxima de H2O que o solo pode almacenar cando todos os seus macro e microporos están ocupados pola fase líquida.

CAPACIDADE DE RETENCIÓN OU DE CAMPO: corresponde á H2O presente nos microporos cando a H2O gravitacional presente nos poros máis grandes é levada cara abaixo por medio da acción da gravidade.

COEFICIENTE HIDROSCÓPICO: a cantidade de H2O contida no solo cando este está en equilibrio coa humidade do aire e cando xa rematou o proceso de evaporación. A H2O no solo non está simplemente contida senón que está retida por unha tensión, e para quitala e tornala ó estado libre, é preciso gastar enerxía. A forza coa que a H2O é retida é inversamente proporcional ó contido de humidade do solo.

Descargar

PDF Word HTML