Enerxía de Rede e Enlace Covalente: Teorías e Tipos
Conceptos Fundamentais de Enlaces Químicos
Enerxía de Rede ou Reticular
A enerxía de rede ou reticular é a enerxía intercambiada na formación dun mol de cristal iónico a partir dos correspondentes ións positivos e negativos en estado gasoso.
Canto menor é a enerxía de rede, máis estabilidade ten o composto iónico.
Substancias Iónicas
As substancias iónicas son sólidas a temperatura ambiente e están formadas por elementos con electronegatividades moi diferentes.
Enlace Covalente
As substancias caracterízanse por estar constituídas por átomos neutros, xeralmente de elementos non metálicos, e estar unidas mediante enlace covalente.
Modelo de Lewis
Establece a primeira teoría acerca do enlace covalente. O enlace covalente é a unión que se produce entre dous átomos polo feito de compartir un ou máis pares de electróns.
Consiste en que o electrón ou electróns fornecidos por cada átomo pasan a formar parte tamén do nivel externo do outro átomo. Deste xeito, cada átomo adquire a estrutura externa de gas nobre ao lles engadir aos seus electróns de valencia os achegados polo outro ou outros átomos.
A presenza de enlaces covalentes nas substancias dá lugar á formación de entidades neutras que denominamos moléculas.
Estrutura de Lewis
- Os elementos do terceiro período ou superiores poden ampliar o octeto.
Nos enlaces covalentes: simple (un par de electróns), dobre (dous pares) e triplo (tres pares de electróns).
Enlace Covalente Coordinado
Cando o par compartido é achegado totalmente por un dos dous átomos enlazados, chámase enlace covalente coordinado e é tan forte cando se formou como calquera outro enlace covalente simple.
Trátase dun enlace covalente no que un dos átomos achega os dous electróns.
Considérase que o enlace covalente coordinado se forma cando un átomo proporciona un orbital de valencia desocupado, mentres outro átomo contribúe cun orbital de valencia ocupado por dous electróns.
Teoría do Enlace de Valencia
Para que se forme un enlace covalente segundo esta teoría é necesario:
- Cada átomo debe ter un orbital atómico ocupado por un só electrón.
- Os dous electróns dos orbitais semiocupados teñen que ter spins contrarios, é dicir, ser antiparalelos.
O enlace covalente fórmase ao superpoñerse os dous orbitais semiocupados para formar un orbital común, no que se emparellan os dous electróns. Os demais orbitais quedan intactos.
Canto maior é a superposición dos orbitais semiocupados, maior é a estabilidade do enlace covalente.
Os enlaces formados nas moléculas anteriores son enlaces simples, xa que en cada un deles ten lugar o emparellamento dun só par de electróns entre dous átomos.
Enlaces Múltiples
Os enlaces covalentes dobres ou triplos fórmanse cando dous átomos comparten dous ou tres pares de electróns. Isto supón a superposición doutros tantos pares de orbitais atómicos semiocupados.
Covalencia ou Valencia Covalente
A covalencia ou valencia covalente dun elemento é o número de enlaces covalentes que é capaz de formar.