Linguas do mundo: plurilingüismo e diversidade

Outras materias2,96 KB

Situación actual do galego

Consagrouse así a cooficialidade asimétrica, dado que o castelán si é obrigatorio coñecelo. Por outra banda, esta lei garante o dereito dos cidadáns a empregar calquera das dúas linguas nas súas relacións coa Administración local e promulga o carácter bilingüe das institucións autonómicas. O certo é que a situación actual de Galicia preséntase como un fenómeno complexo no que interveñen múltiples e variados factores. Así, atopámonos con indicadores sociolingüísticos negativos e con outros claramente positivos para a lingua do país:

  • Indicadores negativos: continuación do proceso da perda de falantes, timidez coa que avanza o proceso de normalización e a escasa penetración do galego nos usos desenvolvidos por axentes de titularidade privada.
  • Indicadores positivos: incremento da presenza do galego na vida pública, oficialización da lingua.

Como consecuencia de todo isto prodúcese unha desigual distribución do galego e do castelán. Non existen zonas plenamente galegofalantes nin castelanfalantes, pero podemos facer a seguinte distribución:

  • Segundo o hábitat, o galego continúa a ser lingua do mundo rural.
  • Segundo a idade, fálano os máis vellos (maiores de 65 anos), mentres que o castelán supera o galego nos falantes novos (30-35 anos).
  • Segundo a clase social, é predominante nas clases menos favorecidas e o castelán nas máis prestixiosas, aínda que cada vez é máis frecuente oír falar en galego a xente destas clases máis elevadas.

As linguas no mundo: plurilingüismo e multiculturalidade

As familias lingüísticas

Unha familia de linguas consiste en idiomas intimamente relacionados dado que todos eles proveñen dun mesmo primeiro idioma, sendo eles os derivados. Agruparemos así as linguas segundo criterios xenéticos:

  • En Europa temos as linguas indoeuropeas, que son as máis estendidas no mundo. Engloba as linguas románicas, xermánicas, eslavas, o albanés, o armenio, as linguas bálticas, as célticas e as indoiranianas. En definitiva, todas as linguas descendentes doutra anterior, o protoindoeuropeo.
  • En África temos varias familias lingüísticas pero apenas teñen máis de 1 millón de falantes.
  • En América existen tres grandes familias entre as que destacaremos as maias, as guaranís e as quechuas.
  • En Oceanía fálanse as linguas austronesias, papuanas e australianas.

As linguas en perigo

Estímase que a extinción de linguas para finais do presente século podería acadar niveis de catástrofe. Con cada lingua desaparece unha cultura. Para algúns esta extinción é semellante á extinción de especies. Causas: as guerras, os desastres naturais, adopción de linguas... Afortunadamente, existe unha contrapartida a este proceso uniformador: na actualidade, algunhas linguas están volvendo, ou se se quere, resucitando.

Descargar

PDF Word HTML