Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Outras materias de Outros cursos

Concepcións de nación e tipos de nacionalismo: guía para entender a identidade política

Outras materias2,53 KB

Concepcións de nación e tipos de nacionalismo

A nación non foi entendida sempre do mesmo xeito. Segundo a concepción liberal e voluntarista, a nación está formada polo conxunto de cidadáns libres e iguais que viven nun territorio baixo unha lei común, aprobada polas súas institucións representativas. Nesta visión, os elementos fundamentais son de carácter político: o Estado, a lei e os cidadáns.

A concepción orgánico-historicista

A concepción orgánico-historicista, en cambio, considera que a nación se define por elementos compartidos como a lingua, a cultura e unha historia propia, entendidos como expresión do espírito e da alma colectiva dun pobo. Desde esta perspectiva, a nación existe antes que o Estado.

A concepción de

...
Seguir lendo "Concepcións de nación e tipos de nacionalismo: guía para entender a identidade política" »

A mortalidade infantil na Galicia histórica

Outras materias2,93 KB

A mortalidade de párvulos na historia de Galicia

Dentro da mortalidade, unha variable fundamental é a mortalidade de párvulos ou mortalidade de nenos. Un terzo do total morría antes dos 7 anos e, ás veces, ata un 50% falecía antes de cumprir esa idade. Cando se produce a chamada transición demográfica, o primeiro no que se nota é na redución da mortalidade infantil, froito dos avances médicos.

O rexistro da mortalidade infantil

Esta alta mortalidade era algo admitido na época e concibido con normalidade. No caso de Galicia, non é fácil de estudar porque moitos libros de defuntos non os anotaban. Como tiñan menos de 7 anos e eran considerados “inocentes”, os curas moitas veces non os rexistraban ao non poderen confesarse nin...

Seguir lendo "A mortalidade infantil na Galicia histórica" »

O galego entre os séculos XX e XXI: Historia e situación

Outras materias2,57 KB

O galego a finais do século XX e comezos do XXI

Contexto histórico e situación sociolingüística

Coa morte de Franco en 1975 comezou o proceso de transición democrática. En 1978 aprobouse, en referendo popular, a actual Constitución Española.

O desenvolvemento do Estado das Autonomías posibilitou o acceso ao réxime autonómico para Galicia. Isto materializouse a través do Estatuto de Autonomía (1981), o cal nos dota de organización política e administrativa propia.

Ao mesmo tempo, Galicia vese inmersa no proceso de creación da Unión Europea, que busca proporcionar aos países membros unha unión económica e política.

Transformacións económicas e sociais

A economía atópase nunha época de grandes transformacións:

  • A poboación
...
Seguir lendo "O galego entre os séculos XX e XXI: Historia e situación" »