A mortalidade infantil na Galicia histórica
A mortalidade de párvulos na historia de Galicia
Dentro da mortalidade, unha variable fundamental é a mortalidade de párvulos ou mortalidade de nenos. Un terzo do total morría antes dos 7 anos e, ás veces, ata un 50% falecía antes de cumprir esa idade. Cando se produce a chamada transición demográfica, o primeiro no que se nota é na redución da mortalidade infantil, froito dos avances médicos.
O rexistro da mortalidade infantil
Esta alta mortalidade era algo admitido na época e concibido con normalidade. No caso de Galicia, non é fácil de estudar porque moitos libros de defuntos non os anotaban. Como tiñan menos de 7 anos e eran considerados “inocentes”, os curas moitas veces non os rexistraban ao non poderen confesarse nin...