Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Outras linguas estranxeiras de Primaria

Prosa Narrativa Galega Medieval: Ciclos Clásico e Artúrico

Outras linguas estranxeiras2,48 KB

Prosa Narrativa Galega Medieval

A prosa narrativa galega ten a súa orixe na tradición literaria latina, mantida pola vía eclesiástica, co engadido de elementos da cultura dos xograres. Distinguimos dous grandes núcleos temáticos:

Ciclo Clásico

Inclúense as obras que tratan temas relacionados coa Grecia clásica. Na nosa literatura só se desenvolveu o Ciclo de Troia. Este trata a Guerra de Troia, que comeza coa Ilíada e Odisea de Homero e que foi amplamente cultivado nas literaturas latinas e romances. Este ciclo contén dous textos da nosa literatura medieval. Trátase da tradución do Roman de Troie, a primeira obra de temática troiana:

  • Crónica Troiana: Códice escrito por Fernán Martíns por encargo de Pérez de Andrade. Realizado
...
Seguir lendo "Prosa Narrativa Galega Medieval: Ciclos Clásico e Artúrico" »

A Narrativa Galega de Posguerra: Cunqueiro e Fole

Outras linguas estranxeiras2,38 KB

T2 nº2: Narrativa de posguerra (I)

Introdución

Nos anos 50 recupérase paseniñamente a produción literaria grazas á Editorial Galaxia. Na prosa, salientan Cunqueiro, Blanco Amor e Ánxel Fole, aínda que seguirán escribindo posteriormente.

Nos anos 60 xurdirá a Nova Narrativa Galega con novos temas e técnicas. Destacan, entre outros, Xosé Luís Méndez Ferrín e Carlos Casares.

Nos anos 70 aparecerán moitos outros autores que contribuirán á consolidación da narrativa galega e a convertela no xénero preferido polos escritores e lectores en galego.

Álvaro Cunqueiro

Obra narrativa

  • Novelas construídas en base a relatos.
  • Predominio da oralidade.
  • Mestura do máxico ou extraordinario con obxectos cotiáns.
  • Obra moi orixinal con toques de humor.
...
Seguir lendo "A Narrativa Galega de Posguerra: Cunqueiro e Fole" »

Poesía Galega de Posguerra: Tendencias e Autores Clave

Outras linguas estranxeiras4,08 KB

Principais tendencias da poesía galega de posguerra

Predominan liñas estéticas xa existentes na preguerra, descomprometidas: costumismo tradicional, paisaxismo hilozoísta, neotrobadorismo… Aparecen discursos poéticos intimistas, virados cara ao interior anímico, as lembranzas e a preocupación relixiosa. Nos anos 50, aparecen os poemas da chamada Escola da Tebra. Nos anos 60, varios poemarios de Manuel María e a emblemática obra de Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra (1962), farán triunfar a estética socialrealista.

Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro publicou antes da guerra os libros Mar ao norte e Poemas do si e non, ambos de carácter vangardista, e o libro Cantiga nova que se chama riveira, de carácter neotrobadoresco....

Seguir lendo "Poesía Galega de Posguerra: Tendencias e Autores Clave" »

As Vangardas na Literatura Galega: Autores e Obras

Outras linguas estranxeiras2,56 KB

Co comezo do século XX, aparecen por toda Europa grupos de artistas mozos que rexeitan as súas tradicións culturais, por consideralas caducas e incapaces de expresar as novas realidades culturais e científicas.

Todos estes grupos naceron con vontade de explorar novos camiños, ás veces en aberta ruptura con todo o anterior.

O único manifesto vangardista da nosa literatura foi o manifesto asinado polo poeta Manuel Antonio e o debuxante Álvaro Cebreiro, co último de Máis Alá (1922).

Na procura de novos camiños expresivos (futurismo, cubismo, dadaísmo e surrealismo) crearon moitas técnicas novas: a libre asociación de imaxes, as colaxes e caligramas, a supresión dos signos de puntuación, unha nova función das imaxes e metáforas...

Seguir lendo "As Vangardas na Literatura Galega: Autores e Obras" »

Espectáculo trobadoresco na Idade Media

Outras linguas estranxeiras4,03 KB

As distraccións e o pracer na Idade Media: o espectáculo trobadoresco

Na Idade Media, os nobres, cando non estaban envoltos en guerras contra árabes, reinos cristiáns ou no seu propio espazo, —de aí que a guerra fose o verdadeiro oficio para os da aristocracia—, dedicaban o seu tempo de lecer a actividades como a caza e a celebración de xustas e torneos. Porén, as condicións climáticas non sempre permitían actividades ao aire libre, polo que tiveron que procurar outros divertimentos dentro de pazos e castelos. A celebración de festas nas que se cantaba e bailaba foi a eclosión do mundo dos trobadores.

Discusión sobre a orixe e influencias

Aínda que existe discusión pola presenza e importancia de elementos de orixe popular, especialmente...

Seguir lendo "Espectáculo trobadoresco na Idade Media" »

Repaso da Literatura Galega: Xeración Nós e Vangardas

Outras linguas estranxeiras2,72 KB

  • Que é Máis Alá? Quen o asina e cando? Máis Alá é un manifesto asinado por Álvaro Cebreiro e por Manuel Antonio no ano 1922.
  • Cita catro membros da Xeración Nós. Castelao, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas.
  • Cal é a novela publicada por Luís Amado Carballo? A novela publicada é Os pobres de Deus.
  • Que xéneros literarios cobran pulo co grupo Nós? Co grupo Nós cobran pulo os xéneros narrativo e o ensaístico.
  • Que é o neotrobadorismo? O neotrobadorismo é un movemento de vangarda que xorde en Galicia na década dos anos 20 e que se caracteriza por empregar as estruturas formais das cantigas medievais incorporando temática contemporánea.
  • Cal é o máximo expoñente do imaxinismo ou hilozoísmo? O máximo
...
Seguir lendo "Repaso da Literatura Galega: Xeración Nós e Vangardas" »