Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Formación profesional

Voces patrimoniais, cultismos e literatura popular galega

Lingua e literaturaActualizado o 2,44 KB

Voces Patrimoniais, Cultismos e Semicultismos

Voces patrimoniais: As palabras patrimoniais son voces que se incorporaron xa na época da colonización romana e sufriron todas as evolucións que caracterizan o paso do latín ao galego.

Cultismos: Son palabras que proceden do latín e o grego e que penetraron tardiamente no galego, de xeito que apenas sufriron modificacións, polo que manteñen a mesma forma grega ou latina ou modificárona levemente para adaptarse á fonética galega.

Semicultismos: Son as palabras que, aínda que se incorporaron tardiamente, sufriron algunha modificación.

Literatura Popular Galega

A LITERATURA POPULAR é un conxunto de textos, formas e xéneros que se foron transmitindo oralmente de xeración en xeración. As principais...

Seguir lendo "Voces patrimoniais, cultismos e literatura popular galega" »

Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole: biografía e obra narrativa en galego

Lingua e literaturaActualizado o 2,72 KB

Álvaro cunqueiro:Naceu no ano 1911 en Mondoñedo, estudou en Santiago, unha época na que a cidade tiña unha relevante vida artística e cultural. Foi daquela cando comezou o seu labor literario plasmado en (Mar ao norde,Poemas do si e non e Cantiga nova que se chama ribeira).Na Guerra Civil vive en Ortigueira.Cando se fundou a editorial Galaxia comezou a escribir textos narrativos en galego (Merlín e familia, As crónicas dos sochantre e Se o vello Sinbad volvese ás illas).Nos anos 60 traballou no xornal Faro de Vigo, do que chegou a director.Nesta etapa publicou tres libros de narracións breves onde reúne trazos de personaxes reais e imaxinarios.Ademais desenvolve un amplo labor como conferenciante e articulista.Nas novelas de este

...
Seguir lendo "Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole: biografía e obra narrativa en galego" »

Situación e retos da normalización do galego

Lingua e literatura2,81 KB

O galego, lingua en vías de normalización

Se nunha comunidade hai dúas linguas en contacto, estas reproducen a xerarquía social existente dentro dela: a lingua dominante vai ocupando os ámbitos da outra, a dominada, e provocando a substitución. A lingua dominada tamén se coñece como lingua minorizada e é empregada só nos ámbitos socioculturais máis baixos ou ignorada ou menosprezada nos máis elevados.

O concepto de lingua minorizada non ten que ver con lingua minoritaria, que se refire só a cantos a usan. Pode suceder que unha lingua minorizada sexa a máis falada ou non.

No caso de Europa, case todos os Estados actuais son plurilingües e a coexistencia destas linguas prodúcese no plano da diglosia. Hai, polo tanto, un gran número...

Seguir lendo "Situación e retos da normalización do galego" »

Conflito Lingüístico, Diglosia e Prexuízos en Galego

Lingua e literatura2,71 KB

Conflito Lingüístico e Diglosia

A sociolingüística é a disciplina encargada de estudar o uso das linguas e de analizar a relación entre estas e o medio social. Cada comunidade humana ten unha lingua propia, porén vese unha situación de contacto lingüístico que dá lugar a un conflito.

O conflito lingüístico é a tensión que se produce entre dúas linguas dentro dunha sociedade, todo isto porque unha delas asume un maior número de falantes e funcións sociais.

Conceptos Clave

  • Substitución lingüística: Abandono da lingua propia e asimilación da dominante.
  • Normalización lingüística: Recuperación dos usos e funcións da lingua subordinada, sendo isto posible a través dunhas medidas a todos os niveis.

A diglosia fai referencia á...

Seguir lendo "Conflito Lingüístico, Diglosia e Prexuízos en Galego" »

A Poesía de Vangarda en Galicia: Movementos, Autores e Obras

Lingua e literatura2,47 KB

A Poesía de Vangarda en Galicia

Definición e Características Xerais

  • As Vangardas son iniciativas artísticas que promoven unha profunda renovación estética e unha redefinición do concepto da arte.
  • Características principais: antisentimentalismo, deshumanización, uso de novos modelos e non pretender ser un reflexo da realidade.

Grupos e Xeracións Clave

  • Grupo Nós: Asenta os alicerces nacionalistas.
  • Xeración do 25: Tamén coñecida como vangardista ou novecentista, caracterízase por unha literatura anovadora.

Movementos Poéticos de Vangarda en Galicia

Neotrobadorismo

  • Proxecto nacionalista de recuperación da nosa historia.
  • Recuperación de procedementos formais medievais.
  • Ambientes e temas característicos das cantigas.
  • Cultivadores destacados:
...
Seguir lendo "A Poesía de Vangarda en Galicia: Movementos, Autores e Obras" »

Cultura Galega no Exilio e Xeracións Literarias

Lingua e literatura3,39 KB

Traballo Cultural dos Exiliados

  • Creación de revistas culturais (Galicia, Galicia Emigrante...).
  • Créanse canles para a distribución da literatura galega (coleccións, editoriais...).
  • Consolidación do teatro galego: novas compañías de teatro galegas.
  • Extenso labor de divulgación da cultura galega entre os emigrantes.

Luis Seoane

  • Fillo de emigrantes, naceu en Bos Aires.
  • Coa Guerra Civil, emigrou a Bos Aires, onde funda editoriais e publica libros.
  • Publica os poemas Fardel de Eisiliado, Na Bretama de Santiago, e As Cicatrices.
  • Tras 27 anos, volve a Galicia e funda Sargadelos con Díaz Pardo.
  • Os temas centrais son a emigración e o exilio.

Blanco Amor

  • Escribe Os Biosbardos, Xente ao Lonxe e A Esmorga.
  • A Esmorga está ambientada en Ourense, onde un rapaz
...
Seguir lendo "Cultura Galega no Exilio e Xeracións Literarias" »

Efasfd

Lingua e literatura2,49 KB

 1. A narrativa dos 80. Nesta época hai autores de etapas anteriores que continúan escribindo como son: - Méndez Ferrín. Publica libros de relatos como Amor de Artur ou Crónica de Nós, así como a obra Bretaña esmeraldina. Nelas aparecen a denuncia da realidade galega.. - Carlos Casares. No ano 1980 publica Ilustrísima, que relata a intransixencia da Igrexa Tamén publica Os martes daquel verán e Deus sentado nun sillón azul.Tamén incrementa a literatura infantil e xuvenil con autores como Agustín Fernández Paz (O único que queda é o amor) ou Paco Martín (Das cousas de Ramón Lamote)2. A narrativa dos 90. Nesta década aparecen novas tendencias narrativas e novos campos temáticos: - Ciencia ficción: Ramón...
Seguir lendo "Efasfd" »

A Época Nós: Irmandades, Grupo Nós e a moderna narrativa galega

Lingua e literatura3,82 KB


Esta etapa – especialmente de 1916 e 1936 - é coñecida como a Época Nós pola importancia que estes autores terán na cultura galega.
Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas (o Cenáculo Ourensán) teñen unha primeira etapa de inadaptados e só a partir de 1918 centran a súa atención en Galicia. Castelao en cambio provén do agrarismo. Todos eles son políglotas, cultos, universitarios e participan en todas as actividades galeguistas: Irmandades da Fala, Seminario de Estudos Galegos, Partido Galeguista... Eles son os creadores da moderna narrativa galega, introdutores das correntes europeas do momento e iniciadores do ensaio en galego.

1. A contribución de Ramón Otero Pedrayo

foi fundamental no cultivo e modernización da narrativa longa e xira...

Seguir lendo "A Época Nós: Irmandades, Grupo Nós e a moderna narrativa galega" »

Lingua e sociedade: conflito, diglosia e prexuízos

Lingua e literatura4,2 KB

As funcións sociais da lingua: conflito e diglosia

Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos

As funcións sociais da lingua

As funcións sociais dunha lingua son, en realidade, funcións xerais de relación social realizadas mediante a lingua. Entre as distintas maneiras en que unha lingua pode concretar a función comunicativa no seo dunha sociedade, salientamos as seguintes:

  • Función de identidade. A lingua opera como articulación do pensamento propio.
  • Función familiar. A lingua fálase na casa, cos membros da familia. Esta supón o primeiro espazo de socialización.
  • Función laboral. Primeiro espazo onde se realiza a mudanza de código en lugares onde coexisten dúas ou máis linguas.
  • Función local. A lingua utilízase
...
Seguir lendo "Lingua e sociedade: conflito, diglosia e prexuízos" »

Teatro Galego: Da Posguerra á Mostra de Ribadavia

Lingua e literatura3,34 KB

O Teatro Galego na Posguerra (1936-1976)

Desde 1936 ata 1976, houbo unha nula presenza escénica e poucos autores no teatro galego. Nos anos 40, as actividades teatrais foron escasísimas, con espazo só para un teatro rural e costumista. Nos anos 50, xorde un teatro intimista, pero era un teatro para ser lido e non representado. Nos 60, emerxe un teatro reivindicativo, social e de compromiso.

As características do teatro de posguerra son:

  • Creación pausada da peza teatral.
  • Vai máis alá da realidade, presentando conflitos.
  • Compromiso co home da posguerra.
  • Creación íntima da obra teatral.

1. Promoción de Autores Dramáticos

Álvaro Cunqueiro

Teatro caracterizado pola modernidade e o clasicismo. O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca...

Seguir lendo "Teatro Galego: Da Posguerra á Mostra de Ribadavia" »