Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Formación profesional

Historia e Normalización do Galego (1978-2004)

Lingua e literatura3,13 KB

O Galego a Finais do Século XX e Comezos do XXI

O Marco Lexislativo e a Cooficialidade

A Constitución de 1978 supón o recoñecemento de Galicia como nacionalidade histórica e o posterior Estatuto de Autonomía (1981) establece o galego como lingua propia e cooficial, xunto co castelán.

A Lei de Normalización Lingüística (1983)

Co fin de potenciar o seu emprego, aprobouse en 1983 a Lei de Normalización Lingüística, que establece como promover o galego nos diferentes ámbitos:

  • Administración e xustiza.
  • Ensino.
  • Medios de comunicación (incluíndo a creación da CRTVG).

Malia isto, foi notoria a falta dun Plan Xeral, que non se elaborou nin aprobou ata 2004.

Avances e Desafíos Sociolingüísticos

Este novo marco lexislativo permitiu progresos...

Seguir lendo "Historia e Normalización do Galego (1978-2004)" »

Curros Enríquez e Pondal: Poesía Cívica e Lírica Galega

Lingua e literatura2,67 KB

Poesía Cívica de Curros Enríquez

A maioría da súa obra constitúe un alegato a favor do progreso e da liberdade.

Na ideoloxía de Curros prevalece a defensa da democracia. Ante a oposición da Igrexa ás institucións democráticas, a actitude poética de Curros vai ter un marcado carácter laicista e anticlericalista. A Igrexa mantiña unha actitude contraria a calquera tipo de reforma que fose en contra dos seus intereses.

Curros foi un home de ideas e conviccións propias. O poeta debe desempeñar un papel docente, práctico e mesmo político. Concibía o poeta como servidor da humanidade.

Defende un tipo de poesía centrada na denuncia dos males da sociedade e concibe a misión do poeta a de abrir os ollos á xente. Toda a súa obra poética...

Seguir lendo "Curros Enríquez e Pondal: Poesía Cívica e Lírica Galega" »