Sistemas Eléctricos: Produción, Condutores e Magnitudes
1- Sistemas eléctricos: produción, distribución e utilización
O dispositivo que permite a transformación da enerxía mecánica en eléctrica é o xerador eléctrico. O xerador é unha máquina que transforma a enerxía mecánica en eléctrica.
As distintas fontes de enerxía máis importantes son: hidroeléctrica, térmica e nuclear. Sen embargo, as enerxías renovables van tomando máis importancia cada día, por exemplo, a eólica e a fotovoltaica.
2- Condutores, illantes e semiconductores
Materiais condutores
Son todos os materiais que na capa de valencia teñen poucos electróns, por exemplo, o cobre que só ten 1.
Os metais son bos condutores de electricidade porque necesitan pouca enerxía externa para que os electróns abandonen a capa de valencia e así queden libres para circular polo material.
- Ouro (Au)
- Prata (Ag)
- Cobre (Cu)
- Aluminio (Al)
- Ferro (Fe)
Materiais illantes
Son os elementos que teñen moitos electróns na capa de valencia.
Un material illante presenta unha gran oposición a que circulen os electróns.
- Aceite
- Vidro
- Porcelana
- Poliéster
- Cloruro de polivinilo (PVC)
Materiais semiconductores
Un semiconductor é un material con 4 electróns na capa de valencia. Este material necesita tanta enerxía para perder os electróns como para completar a capa con 8 electróns.
Teñen moita importancia no mundo da electrónica.
- Xermanio (Ge)
- Silicio (Si)
3- Magnitudes eléctricas
A) Diferenza de potencial
A diferenza de potencial é o traballo requirido para desprazar unha cantidade de carga entre dous puntos dun campo magnético.
B) Intensidade eléctrica
Chamamos intensidade eléctrica á cantidade de carga eléctrica que circula por un material nun segundo.
A intensidade eléctrica chámase normalmente corrente eléctrica. Mídese en amperios (A).
A corrente eléctrica é un fluxo de electróns que circulan entre dous puntos dun circuíto. O sentido real da corrente é o que vai do punto negativo ao punto positivo.
C) Tensión eléctrica
A tensión eléctrica ou voltaxe entre dous puntos dun circuíto é a enerxía necesaria para levar unha carga de 1 culombio entre dous puntos dun circuíto. A tensión eléctrica mídese en voltios (V).
A tensión entre dous puntos pode clasificarse en:
- a) tensión continua
- b) tensión alterna, que o seu valor varía co tempo. Dise que ten polaridade.
D) Resistencia eléctrica
A resistencia eléctrica é a oposición que ten un corpo ao paso da corrente eléctrica.
A resistencia dun material ao paso da corrente eléctrica vén dada pola expresión:
- A resistencia eléctrica dun condutor é directamente proporcional á súa lonxitude.
- A resistencia eléctrica dun condutor é inversamente proporcional á súa sección.
A resistividade dun material é a resistencia característica que presenta un condutor de 1 mm² de sección e 1 m de lonxitude a unha temperatura dada.
E) Potencia eléctrica
Definimos a potencia (P) como o traballo realizado na unidade de tempo.
4- Lei de Ohm
George Ohm, de forma experimental, descubriu a relación entre as magnitudes. Esta lei di:
A corrente que circula por un condutor (I) é proporcional á tensión entre os seus extremos.
A tensión (V) é inversamente proporcional á resistencia que ten ese condutor.
5- Efecto Joule
A lei de Joule di:
Que a enerxía calorífica orixinada nun condutor polo que circula unha corrente é proporcional ao produto da resistencia do condutor polo cadrado da corrente e polo tempo en que circula.