Fonética e fonoloxía do galego: resumo do sistema vocálico
Fonética e Fonoloxía do Galego
A lingua é un sistema de signos complexo formado por:
- Fonema: É a unidade máis pequena da lingua, carece de significado (permite diferenciar palabras e pódese pronunciar).
- Monema: É a unidade lingüística superior ao fonema e ten significado. Distínguense dous tipos:
- Lexema: Contén o significado léxico.
- Morfema: Contén o significado gramatical.
- Palabra: Formada por un monema (ex: só, chocolate) ou varios monemas (ex: cantante, inmóbil, paraugas).
- Frase: É a unidade lingüística con sentido que cumpre unha determinada función. Exemplos:
- Aquel can
- Aquel can do veciño (frase dentro doutra frase)
- Oración: É a unidade lingüística con sentido completo, non desempeña ningunha función dentro doutra oración