Xeneros menores da lírica profana
3.Xéneros menores da lírica profana
A tenzón: poema dialogado no que dous trobadores, alternando as súas intervencións, se satirizan reciprocamente ou sosteñen opinions opostas sobre un tema. As cobras adoitan ser dobras e o segundo interveniente dispón do mesmo espazo e esquema que o primeiro.
A cantiga de seguir: composición que consiste en imitar outro poema xa existente. Só se conservan 3 exemplos na nosa lírica, dos cales se descoñecen os modelos imitados.
O pranto: poesía na que o trobador expresa a dor pola morte dunha persoa de clase social alta e eloxia as suas virtudes. O finado adoita ser o protector do poeta.
3.1 Xéneros contaminados da lírica profana
A pastorela: composición dialogada, de ascendencia occitana, na que se desenvolve o encontro entre un cabaleiro-trobador e unha pastora. No ámbito galego-portugués o xénero está fortemente interferido por fórmulas autoctonas da cantiga de amor ou de amigo.
O descordo: tipo de cantiga de orixe provenzal que presenta un esquema métrico e melódico diferente en cada obra. A cantiga de amor de Nuno Eanes Cerzeo que remata "e meu descord'acabarei" é o único texto galego-portugués que conservamos destas caracterísitcas.