Poesía Galega Medieval e Popular: Séculos Escuros

Lingua e literatura3,69 KB

Séculos Escuros

Poesía de carácter anónimo. Escasas mostras de literatura escrita.

1º Grupo: Poesía de carácter tradicional

Conservamos ao redor de 20 composicións de temática amorosa, parecidas á lírica trobadoresca.

2º Grupo: Poesía relacionada cos temas históricos ou de circunstancias

  • "Pranto da Frouxeira": finais do século XV; 32 versos nos que un poeta anónimo, de forma personificada, pon en boca da Frouxeira os lamentos pola morte do mariscal Pedro Pardo de Cela, decapitado na praza de Mondoñedo en 1463 por rebelarse contra os Reis Católicos.
  • "Saqueo de Cangas polos turcos": (1617) conta como a vila de Cangas foi saqueada. Anónimo. Voz dunha muller que describe con horror o saqueo e, ao final, consegue salvarse un grupo pequeno de persoas.

Poesía académica

Bastante escaseza literaria. Grazas a elas coñecemos o estado en que se atopa esta lingua.

1º Grupo: Poesía renacentista

  • (século XVI). "Soneto de Monterei": anónimo, datado en 1530. Poema dialogado. Pastorela renacentista onde o cabaleiro lle declara o amor a unha pastora.
  • "Soneto da Condesa de Altamira": familia Isabel de Castro e Andrade. Adicado a un amigo seu, Alonso de Ercilla.

2º Grupo: Poesía barroca

  • (século XVII). "Exequias da Raíña Margarida de Austria": escrita en castelán. Aparecen dous poemas escritos en galego da época. Aparecen sonetos de autoría: "Soneto con falda" e "Respice Finem".
  • "Décimas ao Apóstolo Santiago": composición de 10 versos. A súa idea era compartir o padroado con Santa Teresa de Xesús. Autor: Martín Torrado.

Manifestacións da literatura popular oral en verso

Tipos de cantigas

  • Infantís: cantos de berce (arrolo) e cantos para acompañar os xogos.
  • De labor: cantares de arada, de arrieiro, de canteiros, de malla, de sega. Axudaban a levar mellor os traballos e, ás veces, marcaban o ritmo.
  • De festas e costumes (relixiosas ou pagás): panxoliñas, cantares de aninovo, cantares de reis (aguinaldas) — relixiosas. Entroidos, maios, cantigas de San Xoán — pagás.
  • Divertimento: alboradas (cantos para celebrar a chegada da alba); alalás (chamados así polo retrouso que levan); desafíos (disputas improvisadas en verso, en ton irónico ou de burla; as regueifas e os poemas de carácter narrativo son moi habituais en festas ou romarías); regueifas (variante do xénero anterior, cantábanse nas vodas e son de ton picante); muiñeira (estrofas que acompañan a danza da muiñeira); cantares de cego (cantan historias de amores ou traxedias).

Descargar

PDF Word HTML