Poesía galega 1936-1976: Guerra, Exilio e Renovación

Lingua e literatura3,86 KB

Poesía entre 1936 e 1976
A consecuencia da Guerra Civil, a poesía quedou paralizada durante case unha década. Curiosamente, foi o xénero máis cultivado no exilio. A lenta recuperación da poesía galega comeza con Iglesias Alvariño (Comaros verdes) e grazas á editorial Galaxia.
TENDENCIAS:
· Continuación da liña poética da preguerra: Iglesias Alvariño (paisaxismo humanizado), Cunqueiro (neotrovadorismo), Amado Carballo (hilozoísmo)
· Paisaxismo renovador: novo tratamento da paisaxe (Uxío Novoneyra)
· Clasicismo e culturalismo: poesía que recolle referencias greco-latinas e doutras culturas (Iglesias Alvariño)
· Intimismo: interiorización do individuo, facéndose preguntas sobre a existencia humana (Iglesias Alvariño)
· Escola da Tebra: poesía intimista, pero marcada por unha angustia existencial (paso do tempo, morte...). (Manuel María, Méndez Ferrín, ...)
· Realismo social: poesía cívica (Celso Emilio Ferreiro)
XERACIÓN DO 36
Nados entre 1910 e 1920, pertencentes á pequena burguesía, viviron a Guerra Civil, pero xa publicaran antes.
#Iglesias Alvariño: considerado o poeta de enlace. Na súa obra atopamos temática paisaxista e influencia hilozoísta, tratando temas como a morte e o paso do tempo. Comaros verdes: poemario que cultiva as diferentes correntes poéticas da posguerra.
#Celso Emilio Ferreiro: na súa obra podemos atopar 3 liñas temáticas: social (solidariedade cos oprimidos), intimista (desacougo existencial) e irónica (crítica en Cantigas de escarnio e maldicir).
"Longa noite de pedra": é o libro máis importante da poesía social de posguerra. Non é abertamente político (poemas de crítica social e intimista), pero as xeracións universitarias o consideran un berro colectivo contra a ditadura. Presenta un estilo no que, a pesar de tratarse dunha poesía directa, coídase a imaxe (luz e aire como representación de liberdade, e pedra e escuridade de opresión). O título provén do primeiro poema, escrito polo autor na súa inxusta estancia no presidio.



PROMOCIÓN DE ENLACE
Formada polos nenos da Guerra Civil, quen accederon á cultura nos anos 40 (posguerra), cunha situación cultural penosa (abundancia do autodidactismo). Autores: Antón Tovar, Luz Pozo, Manuel Cuña Novás (iniciador da Escola da Tebra).
XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS
Chamados así pola súa participación nos certames literarios do mesmo nome, en Santiago. Recuperaron na clandestinidade a acción política nacionalista. Algúns membros (Bernardino Graña, Ramón Lorenzo...) fundaron a editorial Brais Pinto.
#Uxío Novoneyra: Os eidos: amosa unha visión da paisaxe innovadora, na que aparece o home en sociedade relacionado coa natureza. Ademais, cultiva unha poesía máis social e política, defendendo a identidade nacional de Galicia. Cómpre destacar da súa obra o uso do fonosimbolismo e dos caligramas.
#Méndez Ferrín: nas súas obras podemos atopar a presenza de Galicia. Predomina a mensaxe política revolucionaria, o coidado formal e o "bon e pico" das nacións derrotadas. "Con pólvora e magnolias" supón a revolución poética galega. No título conflúen a política revolucionaria (pólvora) coa brillantez estética (magnolias). Na súa poesía destaca un forte compromiso social desde un punto de vista nacionalista. Tamén presenta temas como o paso do tempo ou a morte. Méndez Ferrín utiliza frecuentemente o verso simple.

Descargar

PDF Word HTML