A Nova Narrative Galega: Orixes, Características e Autores Clave
A Nova Narrativa Galega dos Anos 50
Orixes e Contexto
Nos anos 50, cando se inicia a recuperación da literatura galega, xorde un grupo de mozos que incorporarán á nosa narrativa novos motivos e técnicas relatoras: intégranse na Nova Narrativa Galega.
Non é un grupo homoxéneo, mais úneos unha formación única, con inquietudes galeguistas, viaxeiros por Europa, coñecedores da literatura europea e americana.
- No plano literario: intención renovadora, desexo de ruptura formal coa tradición narrativa.
- Aínda que o nome é un calco do Nouveau Roman, non é a única influencia.
- Participan da concepción desintegradora da novela tradicional dos escritores do século XX que foxen do realismo, da biografía e do heroe problemático.
- Interésalles a narración sen andadura lóxica, sen protagonista individual e sen historia.
Influencias Literarias
Recollen influencias fundamentais doutros autores:
- M. Proust: descrición minuciosa dos estados de ánimo.
- F. Kafka: o mundo atormentado.
- J. Joyce: o monólogo interior.
- W. Faulkner: a destrución lóxica do tempo.
- Sigmund Freud: o mundo subconsciente.
O Nouveau Roman propugna o obxectalisme (as cousas importan máis ca os personaxes), o protagonista redúcese a un pronome e a identidade non interesa, está perdida.
Para presentar nosa situación, sérvese da vista, percorre a superficie das cousas (formas, límites, contornos): é a técnica cinematográfica.
Características Principais
Argumentais
- Abandono do antropocentrismo.
- Localización espacial imprecisa (sen identificación física).
- Ambientes urbanos.
- Ausencia de preocupacións inmediatas co conflito do país (en segundo plano simbólico).
- Realidade e mundo fantástico (onírico).
- Exploración de situacións estrañas e opresivas (límite do absurdo).
- Sexo (escasamente apreciable na literatura anterior) e violencia (morte).
Formais
- Monólogo interior.
- Distorsión do tempo (retrospección, técnica de montaxe con diferenza de planos con independencia do curso lineal, ralentización dos acontecementos).
- Multiperspectivismo (plurivocidade narrativa, altérnanse e superpóñense, mestura ás veces de persoas gramaticais).
- Obxectalisme (o narrador non rexistra máis que os feitos que percibiría unha cámara).
Como sinalaba Mª Xosé Queizán: “procúrase elaborar novela sen tema, sen andadura lóxica, sen busca; non heroe nin historia, nin anécdota”.
O Corpus da NNG
O corpus da NNG abrangue 20 obras publicadas entre 1954 (Nace un árbore, de Gonzalo Rodríguez Mourullo) e 1971 (Adiós, María, de Xohana Torres).
Xosé Luís Méndez Ferrín
Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) conta cunha obra moi extensa, moi relacionada entre si, con novelas e relatos curtos que comparten a creación dun mundo fantástico, violencia e elementos políticos.
Etapas da súa obra
- 1ª Etapa (NNG: 1961-1971): Técnicas experimentais sobre o interese argumental. Trata o absurdo, a falta de sentido da vida e a influencia existencialista.
- O crepúsculo e as formigas (1961): conxunto de relatos que deforma a realidade real e imaxinaria. Violencia para mostrar situacións de opresión e miseria. A violencia prodúcese en seres atormentados, nun espazo escuro, e semella ser culpábel.
- Arrabaldo do norte (1964): vese unha forte vontade tecnicista superpoñendo a estrutura narrativa ao interese do relato.
- 2ª Etapa (1971-1980): Maior riqueza temática e omnipresenza da preocupación política.