Maxina: Unha análise da trama e personaxes

Lingua e literatura1,91 KB

Personaxes da historia

Maxina

Protagonista da historia. Filla de Otilia, nada froito dunha violación nunha festa de máscaras. Criada por Inés e posteriormente polo Marqués de Tria-Castela. Finalmente, casa con Hermelio.

Otilia

Nai de Maxina. Pertence a unha familia nobre e acomodada. Nova, guapa e esvelta. Queda embarazada tras ser violada nunha festa de máscaras.

Inés

Muller de mediana idade que cría a Maxina. Casada con Coitán e nai de Hermelio. De orixe humilde, traballa como costureira.

Coitán

Marido de Inés. Home bondadoso que acolle a Otilia cando está a piques de parir. Carpinteiro de profesión.

Fara

Criada da familia de Otilia. Actúa como intermediaria entre a familia Sancti-Petri e Inés, entregando cartos e agasallos para a crianza de Maxina.

Salvio

Cabaleiro nobre namorado de Otilia. Padriño de Hermelio. Fai cargo del tras a morte de Inés e Coitán.

Marqués de Tria-Castela

Amigo de Salvio. Fai cargo da crianza de Maxina cando esta ten uns 12 anos. É o pai do home que violou a Otilia.

Hermelio

Fillo de Inés. Casa con Maxina en Madrid baixo a tutela do seu padriño, Salvio.

Bieito e Félix

Labregos que coidan de Maxina e Hermelio durante un breve período tras a morte de Inés e Coitán. Reciben unha compensación económica cando Maxina se converte en marquesa.

Argumento da obra

A historia de Maxina aseméllase ás telenovelas actuais. Comeza coa violación de Otilia nunha festa de máscaras e o seu embarazo non desexado. Para protexer a súa honra, Otilia, a súa nai e unha criada viaxan a cabalo preto de Santiago para que Otilia dea a luz en segredo. Otilia pare na casa de Inés, quen se fai cargo da nena, Maxina, a cambio dunha compensación económica por parte da familia de Otilia. Inés cría a Maxina xunto ao seu propio fillo, Hermelio.

Descargar

PDF Word HTML