Literatura Galega do XX: Teatro, Poesía e Prosa
Teatro do Século XX
O teatro divídese en 4 etapas:
- Teatro rexional: créase a Escola Rexional co obxectivo de estimular a produción de dramaturgos, atacábase a explotación da clase traballadora e os idilios amorosos. Destacan Luís Freire con A ponte.
- Teatro das Irmandades: fúndase o Conservatorio Nacional de Arte Galego e estréase a obra de Cabanillas A man de Santiña. Promóvese o galego como lingua para educar.
Distínguense 3 correntes ideolóxicas:
- Conservadora: segue o costumismo e o social-histórico. Anton Villar Ponte con A patria do galego e Cabanillas con O mariscal.
- Posición intermedia: defende un teatro urbano e refinado. Destaca Armando Cotarelo Valledor, Lubián e Hostia.
- Renovadora / Teatro de vangardas: Ppal Dieste con A fiestra valdeira.
Época Nós: vinculado ao nacionalismo, destacan Risco e Pedraio.
- Risco con O bufón do Rei, presenta unha reflexión sobre a conduta.
- Pedraio con Alagarada, sociedade rural e teatro de máscaras que recrea un mundo pasado.
Castelao con Os vellos non deben namorarse, culmina a renovación estética do teatro.
Celso Emilio Ferreiro con Longa noite de pedra, denuncia a falta de liberdade; en Viaxe ao país dos ananos, critica a situación dos emigrantes; e O sono asulagado.
Promoción de Enlace: autores nados entre 1920 e 1930, con predominio do intimismo e do pesimismo vital. Destacan Antón Tovar, con poesía social e intimista en O paxaro, e Manuel Cuña Novás con Fabulario novo, que inaugura a Escola da Terra.
Último grupo, Xeración das Festas Minervais (anos 30-40): como referente a Editorial Galaxia, coñécense pola restauración das Festas Minervais. Autores salientables: Manuel María, quen publica Muíño de bretemas e destaca en Terracha a preocupación relixiosa.
Poesía 1936-1976
Existen diferentes tendencias e grupos poéticos: Festas Minervais, Xeración do 36 e Promoción de Enlace. Xorden editoriais como Galaxia e redúcese a produción. Destacan:
- Aquilino Iglesia Alvariño con Cómaros verdes, que homenaxea a escritores.
- Cunqueiro con Poemas do sí e do non, destaca como escritor da Xeración do 36; con Dona do corpo delgado presenta unha visión pesimista do mundo, e Herba aquí e acolá.
- Uxío Novoneyra, de obra intimista: Do Courel a Castela e Os eidos, dedicadas a paisaxes e terras de Lugo.
- Xosé Luís Méndez Ferrín con Con pólvora e magnolias, contribúe a renovar a poesía galega contemporánea.
Prosa 1936-1976
Coa ditadura hai censura. A partir dos anos 50 iniciase a recuperación da literatura galega, da man de Galaxia. Destacan:
- Anxel Fole: elementos salientables na novela: paisaxe, humor, música, amor e morte. Retrata unha Galicia misteriosa e máxica, con lendas e tradicións. Obras como Alúa do candil e Terra brava.
- Álvaro Cunqueiro: obras en dous tipos: narrativa longa con personaxes míticos, como Merlín e familia, en Si o vello Simbad volvese às illas; e libros de semblanzas, con protagonistas e espazos galegos, en Xente de aquí e de acolá. Optou por unha narrativa con fábulas, mitos e lendas.
- Eduardo Blanco Amor: temas recorrentes como a marxinación, as relacións familiares, a soidade e o enfrontamento político. Obra máis coñecida A esmorga, tamén Os biosbardos e Xente ao lonxe.
- Xosé Neira Vilas: obras con presenza do mundo rural galego de posguerra. Temas: emigración, caciquismo e incomprensión dos nenos. Obras: Memorias dun neno labrego e Cartas a Lelo, protagonizadas por un neno.