Literatura Galega: Idade Media e Pre-Rexurdimento

Lingua e literatura7,34 KB

Lírica Medieval Galega

Cantiga de Amigo

Caracterización Temática

A voz narradora é sempre a dunha muller, que nos refire os seus sentimentos cara ao namorado – o amigo. Hai dous protagonistas que viven unha relación amorosa que pode xurdir dende tres posibilidades fundamentais:

  • A perspectiva do amor feliz ou satisfeito.
  • A perspectiva do amor infeliz.
  • As dificultades, obstáculos ou prohibicións con respecto á relación.

Tamén rexistramos unha ampla posibilidade de estados emocionais:

  • Feliz e apaixonada pola chegada do amigo.
  • Resentida e vingativa cara a el.
  • Anhelante e vulnerable.

Aparecen outros coprotagonistas. O principal deles é a nai. Son catro os retratos da nai que nos ofrecen os cantares de amigo:

  • A nai-gardadora.
  • A nai-cómplice.
  • A nai-amiga.
  • A nai-conselleira.

Así mesmo, a irmá – ou irmás –, ou unha(s) amiga(s) da protagonista aparecen tamén como testemuñas do relato amoroso. A paisaxe e a suxestión da danza tamén son elementos presentes nas cantigas de amigo.

Clasificación das Cantigas de Amigo

Podemos clasificalas en:

  • Cantigas dirixidas directamente ao amigo.
  • Cantigas dirixidas indirectamente ao amigo.

Unha clasificación tradicional inclúe:

  • Barcarolas.
  • Bailadas.
  • Cantigas de romaría.

Caracterización Formal

Os recursos formais máis destacados son:

  • Paralelismo.
  • Leixaprén.
  • Refrán.

Cantiga de Amor

Caracterización Temática

A voz narrativa é sempre a dun home. A gran protagonista deste xénero é a dama.

Clasificación e Recursos Formais

Podemos distinguir entre:

  • Cantigas dirixidas directamente á dama.
  • Cantigas dirixidas indirectamente á dama.

Unha segunda posibilidade clasificatoria vén determinada pola presenza ou ausencia de refrán:

  • Cantigas de refrán.
  • Cantigas de mestría.

Recursos formais específicos inclúen:

  • Dobre.
  • Mordobre.
  • Ata-finda.
  • Finda.

Cancioneiro Relixioso: As Cantigas de Santa María

Finalidade e Contexto

A finalidade fundamental consiste en fomentar o culto á Virxe a través do relato das súas intervencións marabillosas.

Códices e Datación

Na actualidade, as Cantigas de Santa María son coñecidas a través de catro códices, cuxa datación temos que situar ao longo do século XIII:

  • Códice de Toledo.
  • Códice do Escorial (Códice E).
  • Códice da Biblioteca Nacional de Florencia.
  • Códice do Escorial (Códice F).

Clasificación das Cantigas de Santa María

O esquema clásico á hora de clasificar as Cantigas de Santa María divídeas en dous grandes apartados:

  • Cantigas narrativas.
  • Cantigas líricas.

Prosa Medieval Galega

Prosa de Ficción

Os ciclos temáticos eran tres:

Materia de Bretaña

O Graal aparece definitivamente contemplado como o cáliz no que Cristo consagrou a Eucaristía durante a Derradeira Cea. Artur e os membros da Mesa Redonda aparecen como espello das virtudes do cabaleiro cristián, e a demanda do Santo Graal conclúe a mesma procura esforzada da salvación eterna.

Conservamos diferentes textos en galego-portugués:

  • Estoria do Santo Graal.
  • Libro de Merlín.
  • Demanda do Santo Graal.

Materia de Troia

Fala da Guerra de Troia.

Conservamos:

  • Crónica Troiana.
  • Historia Troiana.

Materia de Francia

Cantares de xesta, que versan sobre Carlos Magno.

Outras Obras Relevantes

  • Milagres de Santiago.
  • Códice Calixtino.

Precursores do Rexurdimento

Francisco Añón

É o poeta máis notable deste período. A vida atarefada que levou, unida á pouca transcendencia que concedía aos seus versos – ciscados en diversos xornais ou inéditos –, explica que morrera sen velos publicados a pesar de gozar dunha gran popularidade entre os seus contemporáneos. Aínda que desterrado de Galicia a maior parte da súa vida, o amor que sempre sentiu pola súa terra habería de levalo a concorrer en 1861 aos Xogos Florais da Coruña cun efusivo himno dedicado a Galicia.

Alberto Camino

Foi moi famoso «O desconsolo», poema amoroso e persoal ao que se engade «Nai chorosa» como segundo poema emblemático do autor, tratado tamén con especial tenrura.

Marcial Valladares

Coñecido no espazo da prosa pola súa novela Maxina ou a filla espúrea (publicada en 1880), é autor dun importante número de composicións líricas das que cabe destacar aquelas que forman parte dunha primeira etapa (1844-1856), e que amosan elementos neoclasicistas a carón de tonalidades románticas, tal é o caso de «O paxariño» ou «Suidades».

Antonio Fernández Morales

Estivo alleo tanto ás actividades do Provincialismo como ás primeiras manifestacións da nosa literatura do XIX, pese a que escribiu en galego. Autor ligado á comarca do Bierzo e cuxos Ensaios poéticos en dialecto berciano (1861) conforman o segundo libro moderno na historia das nosas letras. Nos Ensaios, e mediante unha pintura de costumes protonaturalista, Fernández Morales demostra unha vontade de denuncia social así como unha acertada capacidade representativa.

Xoán Manuel Pintos

A Gaita Gallega e Outras Obras

En 1853 sae do prelo o primeiro libro do século XIX escrito primordialmente en galego: A Gaita Gallega. Polo que se refire á estrutura e argumento, A Gaita Gallega aparece organizada en sete foliadas de extensión desigual que conteñen o diálogo entre o tamborileiro Pedro Luces (de orixe foránea e que se expresa en castelán) e o gaiteiro. No seu conxunto compoñen un método para ensinar galego mediante unha miscelánea de poemas, fragmentos en prosa, apoloxías da lingua galega, observacións lingüísticas, vocabularios etc. Estamos, pois, diante dun volume de evidente intención didáctica e formas popularizantes.

Ademais de A Gaita Gallega, Pintos é autor doutros numerosos textos entre os que destaca Contos da Aldea (1858-1859): un longo poema narrativo que combina o relato, en moldes románticos, dos amores tráxicos entre unha moza pontevedresa e un soldado, cunha acertada descrición dos costumes e tradicións populares da época.

Os Xogos Florais da Coruña (1861)

A celebración dos Xogos Florais na Coruña en 1861 suporía un acontecemento importante para a literatura deste período. O máis significativo deste certame foi a publicación do Álbum de la Caridad (1862), coordinado por Antonio María de la Iglesia, no que se recolle, ademais das composicións premiadas, unha mostra considerable dos poetas galegos contemporáneos: un total de corenta poemas en galego de autores tan relevantes como Francisco Añón, Alberto Camino, Rosalía de Castro (con poemas posteriormente recollidos en Cantares Gallegos), Antonio e Francisco María de la Iglesia, Vicente Turnes, Xoán Manuel Pintos, Marcial Valladares e Eduardo Pondal.

Descargar

PDF Word HTML