Linguas minorizadas e minoritarias: contexto e situación

Lingua e literatura2,29 KB

Linguas minorizadas e linguas minoritarias: contexto histórico e situación sociolingüística

Actualmente existen no mundo unhas seis ou sete mil linguas repartidas entre cento noventa Estados.

Esta gran diversidade lingüística correspóndese tamén cunha gran variedade de situacións nas que se poden atopar as diferentes linguas desde o punto de vista político e xeográfico. Deste modo, podemos falar de:

  • Linguas con estado: representan de forma oficial e legal a un país.
  • Linguas sen estado: son propias de territorios mais non teñen independencia política.
  • Linguas oficiais en máis dun estado.
  • Estados nos que se fala unha soa lingua.
  • Estados nos que se falan varias linguas.

Froito deste contacto entre linguas, podemos falar de linguas hexemónicas, minorizadas e minoritarias. As linguas hexemónicas son as que gozan dun gran prestixio social, determinado pola existencia dun poder político-económico que as potencia. Non obstante, as linguas minorizadas son aquelas que, sendo historicamente propias dun pobo, ven restrinxidas as súas funcións.

O máis habitual é que a lingua minorizada se manteña nos ámbitos rurais e entre as clases máis baixas, mentres que nas cidades se fala a lingua dominante. Deste xeito, a lingua autóctona vai perdendo prestixio, o que se coñece como fenómeno de restrición fronte á lingua foránea. O número de falantes non é un factor relevante para que unha lingua se considere minorizada, xa que hai linguas maioritarias que poden considerarse minorizadas en determinadas rexións, como ocorre co español en certas zonas dos EUA.

O proceso de minorización lingüística non é natural, senón que é resultado de determinados procesos históricos, xa que pode ser que un estado non as recoñeza como oficiais ou que non coincidan as fronteiras políticas e lingüísticas. En canto á nosa lingua, o galego tivo que competir co castelán en loita desigual a partir do século XV, e a imposición do castelán deixou ao galego nun segundo plano.

Linguas minoritarias

En canto ás linguas minoritarias, son aquelas que posúen un escaso número de falantes, independentemente da consideración social que teñan.

Descargar

PDF Word HTML