Historia da lingua galega: séculos XVII ao XIX
A decadencia do galego: séculos XVII e XVIII
Nos séculos XVII e XVIII, o galego practicamente só se conserva no plano oral. Apenas conservamos algunha mostra illada e testemuñal de poesía renacentista ou barroca. O galego tampouco se beneficia do enorme pulo difusor que a aparición da imprenta outorgou a outras linguas, xa que só se imprimían textos en latín e castelán.
A Ilustración: século XVIII
O século XVIII é a época da Ilustración, na que destaca o interese pola ciencia e a técnica. En Galicia aparecen neste século as primeiras voces que denuncian a situación de atraso económico e cultural que sofre o país. Influídos polo racionalismo e a Ilustración, xorde un grupo de intelectuais que achegan ideas para o subdesenvolvemento económico. Nacen así as Sociedades Económicas de Amigos do País ou a Academia da Agricultura do Reino de Galicia. No eido cultural, denúnciase a infravaloración do idioma e a súa ausencia na educación, a relixión e a administración. Tamén comeza a afirmarse o carácter da lingua romance derivada do latín coa intención de prestixiar o galego. A personalidade máis caracterizada foi o padre Sarmiento. Ocupouse de varios campos do saber e criticou a castelanización da Igrexa, a introdución de funcionarios de fóra e o ensino en castelán.
O galego no século XIX
Primeira etapa: literatura propagandista
Vai da invasión francesa á morte de Fernando VII e ás primeiras manifestacións do galeguismo.
Segunda etapa: o Prerrexurdimento
Nace o provincialismo, que reclama o dereito á escolarización na lingua propia e a que se recoñeza e valore, dentro dun programa de medidas máis amplo para mellorar as condicións de vida e posibilitar o desenvolvemento autonómico do país.
Terceira etapa: o Rexurdimento pleno
O Rexurdimento foi a creación do provincialismo na súa liña culturalista. A publicación de Cantares Gallegos marca o inicio do Rexurdimento.
Cantiga de amor
Constitúe unha imitación consciente da canción provenzal, aínda que presenta diferentes características.
Amor cortés e canción provenzal
Era unha composición destinada ao canto na que o trobador se dirixía á súa dama para lle expresar o seu amor. O amor cortés existe especialmente na literatura. Esta concepción do amor está moi influída polo sistema social no que nace: o feudalismo. O amor cortés parte da relación feudal entre vasalo e señor. O vasalo sería o trobador e o señor a dona. O home adapta ante ela unha actitude de submisión, e a dona aparece idealizada. O amor é secreto e hai mesura.