Cousas de castelao

Lingua e literatura11,76 KB

RESUMO DAS HISTORIAS DE “COUSAS”

Chámanlle a marquesiña:

Fálase dunha muller pobre que lle chaman a marquesiña inda que nunca tivo nin riquezas nin praceres.

O rifante:

O Rifante era un mariñeiro que gañaba moito diñeiro e era un bo patrón do seu barco. Cando a fama chegou á casa do Rifante foi pedir diñeiro a un amigo con toda a súa familia; advirte a súa familia de que se morrera a ese home lle debían diñeiro, acto seguido marchouse.

A noite da derradeira novena de difuntos:

Na noite da derradeira novena de difuntos a xente escoltando a misa e sembrando os seus mortos. Despois empeza unha procesión e todos choran polos seus familiares e tamén unha rapaza sen familia que chora por non ter familiares para chorar.

No escuro caletre de Martiño:

Martiño criouse cun sacristán e cando creceu púxolle un cerrillo ó campanario e fixo del a súa casa. Os rapaces non querían que mandara no campanario en un día entraron e romperon con todo. Para vengarse, Martiño contoulles historias sobre que a Santa compaña entrou no campanario, conseguindo meterlles medo no corpo.

Aínda eu non nacera:

Nun pobo apareceu un raio de luz, unha luz que viña do mar. A xente acudía a mirala e cando o medico non lle encontrou explicación todos botaron en pánico. Pensaban que era a fin do mundo, hata que chegou o dono da fabrica de salazón aclarando que somentes era unha luz eléctrica.

Na cova dos carcamáns:

Un home quere ver a unha dona encantada que os mariñeiros decían, se peinaba o pelo nas pedras

Un día veu como unha pedra asemelleaba una cabeza con cabelos verdes. Decidiu collela e o facelo puido comprobar que era a cabeira dunha muller.

Cando eu era rapaz:

É unha sucesión de tres historias relacionadas nas que primeiramente se conta como un home chamado Ramón Carballo emigra a varios sitios pero sempre volve pobre hata que unha vez foise e xa non volveu máis. Na segunda, conta como un home que vendía restos de persoas ten entre eles un coiro dun peito dun home onde estaba escrito o nome de Ramón Carballo.

Dous vellos que tamén tiveron mocedade:

Dous vellos casaron por amor e viviron sempre sos. Cando o vello morreu, o levaron catro homes e a súa viuda despediuse cun “hata logo” provocando a risa do pobo enteiro.

Cando Bieito quedou orfo:

Bieito quedou orfo e un parente das Américas veu a levalo consigo. Antes de partir agachou un ichaviño no monte. Cando creceu, prosperou e tivo fillos. Cando lembrou do ichaviño volveu a súa terra e o encontrou mesmo onde o deixara provocandolle grande emoción

Eu non teño mágoa do picariño:

O narrador conta como non ten mágoa do picariño que non corre detrás dos automóviles para velos e só os mira de vez en cando, xa que será feliz; ten mágoa dos que si corren detrás deles e sequedad observando como pasan.

Se eu fose autor:

O narrador conta que se fose autor escribira unha peza de teatro en dou lances; un no que aparece a xente dunha aldea chorando a unha vaca e outro no que unhas hidalgas choran a morte dunha cadela dicindo o mesmo que os que choraban á vaca.

Chegou das Américas un home rico:

Un home rico trouxera das Américas a un negrito que crece una aldea, e anos máis tarde emigrou para buscar fortna pero tivo que volver pobre.

O burro non bulía nin chisco:

Un home ponse a pensar como se fose a través dos ollos dun burro, dicindo que as persoas non queren ser burros senon tigres, lobos… xa que atisban nos burros a sabedoría e por iso os desprecian. Di que os homes serán felices cando todos sexan burros.

O pai de Migueliño:

O pai de Migueliño viña das Américas. Migueliñomira os homes ben arreglados e cada un que pasa pensa que é o seu pai, pero ningún o é; Un home abraza á nai de Migueliño, ese home está fraco e desfeito, é o padre de Migueliño.

Romualdo era un home “fino”:

O Romualdo era un home fino. Atopou traballo no xuzgado; ademáis de escribante era catador de viños e moitas veces se emborrachaba; pero canto máis bebía máis fino era.

Nunha eirexa da montaña:

Nunha eirexa da montaña había unha caveira cun burato por onde botar moedas. Pertencía a un home que se dedicaba a roubar por método legais e agora ten que ter sobre a súa alama todo o diñeiro que roubou.

O fillo de Rosendo:

O fillo de Rosendo era un home pobre se casou cunha mulle rica para poder comer sen decatarse da súa desgracia xa que o matrimonio era para toda a vida. O día da boda levou consigo lotería, que lle tocou e fíxose rico; demasiado tarde xa que estaba casado.

Dende a fiestra da torre:

Unha condesita morrera de amor na fiestra da súa torre. Nun sartego estaban as súas conzas e uns homes dun pobo abríronna para encontrar osos, po e un cheo de cereixas.

Ese rapaz saído das miñas lembranzas:

Un rapaz amigo do narrador era un neno sen medo que unha vez desfixera a colleita de esmolas dunha vella sen importarlle nada. Marchou a América e fixose rico e amo de outros homes.

Unha rúa nun porto lonxano:

Dous mariñeiros un que falaba francés e outro inglés fanse promesas de amizade. Os dous e emborrachan e un emepza a cantar en galego, o outro ó escotailo fai o mesmo descubrindo que os dous son galegos.

Vouvos contar un conto triste:

Doña Micaela era unha muller que facía camisetas para os seus fillo pero sempre abortaba e metía os fetos en frascos cunha etiqueta co seu nome. Un día a unha criada caeulle un feto e cando llo contou a doña Micaela esta morreo.

CONTIDO

Temas principáis:

A obra non ten definido ningún tema principal en concreto, aínda que se centra bastante na pobreza dos galegos e no amor das persoas.

Temas secundarios:

A morte, a envexa, as lendas antigas, o amor, a vellez, a naturaza, abondade e a maldade nas persoas, a avaricia, a familia.

Estructura temática:

O libro esta distribuido en corenta e cinco historias de corta duración que contan historias totalmente diferentes que non teñen ningunha relación entre si.

PUNTO DE VISTA

O narrador, é un narrador en primera persona ó largo de toda a obra que fai de testemuña moitas veces das historias que conta.

É un narrador obxectivo xa que non profundiza na vida dos personaxes, non sabe o que pensan e se limita a ser un mero observador da súa vida sen importarlle nada.

PERSONAXES

Os personaxes soen ser planos, non cambian na súa maneira de ser en parte debido á corta duracion das historias.

Son personases realistas totalmente e non soen estar presentes na historia senón que se fala deles recordandoos debido a que a historia ocorreu no pasado .

TEMPO LITERARIO

O tempo das historias sempre está sen definir polo que é imposible situarse nun ano, mes ou día determinado.

Sen embargo se precisa algunhas veces o tempo que viviu algun protagonista ou se fan retrocesos ó pasado especificando a idade dos personaxes.

Non se fan referencias a feitos históricos concretos anque Castelao indica nalgunhas historias a emigración dos galegos a America polo que se pode situar mais ou menos a principio do século XX, sendo esta a única referencia do tempo que se ten na obra.

ESPACIO

O espacio desenrólase maiormente nun ambiente rural citando montes ou vilas e outras veces nun ambiente costeiro.

Este espacio é realista ainda que non se especifica os nomes dos lugares en concreto pero o contexto da obra se sitúa en Galiza.

VALORACIÓN CRÍTICA

Considero que Castelao fai un bo traballo en “Cousas” en parte por denunciar notablemente a miseria do pobo galego ante todo o mundo e en parte por contribuir a nosa cultura literaria que é masi ben escasa.

Me parece moi ben tratado o tema da emigración dos galegos, xa que sin denuncialo especificando nel cosegue metelo de maneira que non sexa o tema principal da historia pero que quede garabado na memoria. Así quizais cando se acaba de ler, o que queda na cabeza non é a historia en si, senón o mensaxe que quería transmitir.

Só sabería relacionar esta obra con outra do mesmo Castelao: “Os dous de sempre”. Non pola estructura, ni polos recursos, senón porque parésceme que os persoaxes de “Os dous de sempre” tamén sirven de denuncia social que creo que é o temas que Castelao intenta tratar nas súas obras

Descargar

PDF Word HTML