Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Outras materias de Bacharelato

O galego durante o franquismo: represión e resistencia

Outras materias3,8 KB

1. Características lingüísticas fundamentais

Sobre a base construída na preguerra, inténtase buscar unha maior simplicidade ortográfica e gramatical, adoptar solucións supradialectais e corrixir paulatinamente os excesos diferencialistas da etapa anterior. Este período coñécese como “protoestándar”, polo obxectivo unánime de procurar unha norma culta.

Os autores da editorial Galaxia levan á práctica a simplificación reducindo o uso do apóstrofo e os guións, moderando o uso dos hiperenxebrismos e incorporando neoloxismos e cultismos, así como rexeitando os castelanismos nun intento de depuración léxica.

Na década dos 60, a Universidade de Santiago incorpora de xeito opcional os estudos de lingua e literatura galegas en...

Seguir lendo "O galego durante o franquismo: represión e resistencia" »

Bilingüismo en Galicia: Tipos, Factores e Diglosia

Outras materias3,45 KB

O Bilingüismo: Concepto e Tipos

O bilingüismo é unha consecuencia directa do contacto de linguas, o uso habitual de dúas linguas ao mesmo nivel de igualdade, nun mesmo espazo xeográfico ou faladas por unha mesma persoa. Para comprender o significado de bilingüismo cómpre facer unha distinción: o bilingüismo social e o bilingüismo individual, xa que non son o mesmo.

Bilingüismo Individual

Os requisitos para considerar a un individuo bilingüe poden ser moi variados. O bilingüismo individual establece que unha persoa é bilingüe cando, ademais da súa primeira lingua, ten unha competencia semellante noutra lingua e pode usar unha e outra en calquera circunstancia con eficacia parecida. Este sería o bilingüismo ideal, mais na realidade...

Seguir lendo "Bilingüismo en Galicia: Tipos, Factores e Diglosia" »

A situación lingüística en España

Outras materias3,79 KB


Aproximadamente a metade dos cidadáns que habitan no territorio do Estado español vive en áreas xeográficas onde o castelán convive con outra lingua da mesma área. O número de linguas faladas no Estado español é sete: galego, astur-leonés, castelán, éuscaro, aragonés, catalán e aranés. Todas elas derivan do latín agás o éuscaro de orixe ainda descoñecido.


A única lingua oficial en todo o Estado é o castelán, o resto de linguas teñen que ser recoñecidas nos seus estatutos de autonomía para seren consideradas cooficiais. Todas elas teñen este recoñecemento legal agás o astur-leonés e o aragonés.


Todas as comunidades que recoñecen a cooficialidade das súas linguas, aprobaron leis de normalización lingüística coa...

Seguir lendo "A situación lingüística en España" »

Linguas Minorizadas e Minoritarias: Unha Visión Xeral

Outras materias2,33 KB

Se nunha comunidade hai dúas linguas en contacto, estas reproducen a xerarquía que hai dentro dela; unha das linguas vai ocupando progresivamente os ámbitos da outra provocando a súa substitución.

Lingua Minorizada vs. Lingua Minoritaria

O concepto de lingua minorizada é sociolingüístico e nada ten que ver co de lingua minoritaria que é cuantitativo, pode suceder que unha lingua minorizada sexa a máis falada nunha comunidade.

Diversidade Lingüística e o Caso Europeo

A complexidade de composición da poboación dunha área así como os movementos da poboación fan imposible un acordo entre o número de linguas que se falan no mundo e os falantes que posúe cada unha. No caso europeo case todos os estados son plurilingües e a convivencia...

Seguir lendo "Linguas Minorizadas e Minoritarias: Unha Visión Xeral" »

Descrición Obxectiva vs. Subxectiva e Graos do Adxectivo

Outras materias2,54 KB

Diferenzas entre Descrición Obxectiva e Subxectiva

  • Obxectiva:
    • Actitude imparcial e precisión léxica.
    • Uso de léxico específico e técnico.
    • Función representativa.
  • Subxectiva:
    • Manifestación de sensacións subxectivas.
    • Léxico variado, expresivo e valorativo.
    • Función expresiva e poética.


O Adxectivo

O adxectivo pode ser de dous tipos:

  • Especificativos: Ex: mesa amarela, coche vermello...
  • Explicativos: Ex: sangue vermella, ceo azul...

Graos do Adxectivo

  • Grao positivo: ex: unha noite escura
  • Grao comparativo:
    • 1º elemento 2º elemento
    • Superioridade: máis traballador + conx. ca min / do que pensaba
    • Inferioridade: menos traballador + conx ca/que María
    • Igualdade: tan traballador + conx. coma nós / como pensabamos / coma/como a irmá

Conxuncións comparativas:...

Seguir lendo "Descrición Obxectiva vs. Subxectiva e Graos do Adxectivo" »

Eduardo Blanco Amor: Realismo Social e Narrativa Galega

Outras materias3,73 KB

O Realismo Social de Eduardo Blanco Amor

Eduardo Blanco Amor iniciouse na literatura a través da poesía. A súa primeira novela foi A escaleira de Xacob. Na década dos 30 integrouse na cultura española, escribindo, en castelán, La catedral y el niño, obra na que recreaba o ambiente de Auria (Ourense).

A Esmorga: Punto de Arranque da Narrativa Galega Moderna

Máis tarde, Blanco Amor publicou A esmorga, considerada o punto de arranque da moderna narrativa galega. Nesta obra, aparecen dous narradores:

  • Un narrador editor-investigador, presente na “Documentación” inicial, que abre paso a unha crónica infiel.
  • Outro narrador en primeira persoa, que desenvolve o núcleo do relato, seguindo unha estratexia autoexculpatoria.

O autor busca que o...

Seguir lendo "Eduardo Blanco Amor: Realismo Social e Narrativa Galega" »

Tipos de linguas e as súas funcións: oral, escrita e máis

Outras materias3,82 KB

Funcións da linguaxe

  • Apelativa: busca atraer a atención do receptor ou conseguir algo del.
  • Expresiva: expresa sentimentos e sensacións.
  • Referencial: é a máis importante e a máis utilizada. Serve para informar, sen opinión.
  • Fática: asegura e reforza o contacto entre emisor e receptor.
  • Poética: predomina nos textos literarios.
  • Metalingüística: ten como obxectivo descifrar un código.

Lingua oral e lingua escrita

Lingua oral

  • Espontaneidade, só admite rectificacións, non correccións.
  • Forma inmediata, estando o emisor e o receptor presentes.
  • Poden intercambiar os papeis.
  • Contexto extralingüístico, linguaxe xestual.
  • Falta de precisión, frases inacabadas, presenza de dialectalismos, castelanismos, vulgarismos, repetición de palabras, omisión
...
Seguir lendo "Tipos de linguas e as súas funcións: oral, escrita e máis" »

Linguas do mundo: plurilingüismo e diversidade

Outras materias2,96 KB

Situación actual do galego

Consagrouse así a cooficialidade asimétrica, dado que o castelán si é obrigatorio coñecelo. Por outra banda, esta lei garante o dereito dos cidadáns a empregar calquera das dúas linguas nas súas relacións coa Administración local e promulga o carácter bilingüe das institucións autonómicas. O certo é que a situación actual de Galicia preséntase como un fenómeno complexo no que interveñen múltiples e variados factores. Así, atopámonos con indicadores sociolingüísticos negativos e con outros claramente positivos para a lingua do país:

  • Indicadores negativos: continuación do proceso da perda de falantes, timidez coa que avanza o proceso de normalización e a escasa penetración do galego nos usos
...
Seguir lendo "Linguas do mundo: plurilingüismo e diversidade" »

Normalización do galego: retos e axentes implicados

Outras materias4,57 KB

Linguas minorizadas e minoritarias

O galego: lingua en vías de normalización

As linguas minorizadas son as que están en situación de desvantaxe con respecto a unha lingua dominante coa que comparten territorio. Moitas veces, estas linguas cualifícanse por defecto como minoritarias. Isto non é sempre así, senón que se dan casos de linguas minorizadas pero maioritarias, cunha porcentaxe de falantes superior á lingua dominante.

Trátase de dous conceptos distintos: minoritaria fronte a maioritaria por un lado e minorizada fronte a dominante polo outro. Independentemente do seu número de falantes, cando unha lingua é minorizada, recibe a presión da lingua dominante. De aí que falemos de conflito lingüístico. Co fin de superalo, cómpre...

Seguir lendo "Normalización do galego: retos e axentes implicados" »

Evolución do galego: 1900 á actualidade

Outras materias4,96 KB

O galego entre 1900 e 1936

Aínda que a política do poder seguiu a ser completamente oposta á recuperación das linguas distintas ao castelán, ausentes do ensino e de todo uso oficial, nesta época vanse producir uns logros importantes na loita pola recuperación do galego e contra a asimilación á que parecía condenado.

En 1906 fundouse a Real Academia Galega, pero isto ficou no plano simbólico, ao ser o seu labor de motivación practicamente nulo. Un dos logros da etapa foi o cultivo elevado da lingua no plano literario e no ensaio e prensa, pero sobre todo como lingua oral formal en diversos actos públicos. En canto ao literario, a lingua ampliou os seus ámbitos de uso; desenvolveuse a prosa narrativa e a poesía, e foron importantes...

Seguir lendo "Evolución do galego: 1900 á actualidade" »