Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Universidade

Historia da literatura galego-portuguesa medieval: esplendor e decadencia

Lingua e literaturaActualizado o 4,4 KB

A Era Compostelá: Esplendor (séculos XII-XIII)

Caracterizábase por:

  • Galicia como terra de retagarda na guerra contra os árabes, o que provocou unha paz relativa que permitía o aumento da poboación e o florecemento do comercio.
  • Melloras na agricultura.
  • Crecemento das urbes e forte tensión co poder nobiliario que desembocou nas chamadas Revolucións Irmandiñas.
  • Compostela, grazas aos restos do Apóstolo Santiago, converteuse nun dos tres grandes centros de peregrinación medieval europea, e iso conlevou que o Camiño de Santiago trouxo riqueza á terra.
  • Papel destacado da nobreza de orixe galega na corte Asturleonesa.

Decadencia Socioeconómica e Política de Galicia (Baixa Idade Media)

Factores:

  • A independencia de Portugal en 1121.
  • A unificación
...
Seguir lendo "Historia da literatura galego-portuguesa medieval: esplendor e decadencia" »

Principios da normativa do galego: criterios da NOMIG 2003

Lingua e literaturaActualizado o 2,46 KB

Principios NOMIG 2003

(Son criterios que seguiron a RAG e o ILG).

  1. Criterio de identidade: A lingua normativa ten que estar ao servizo da cultura dun pobo, e, polo tanto, ha de ser necesariamente continuadora da lingua falada pola comunidade e ha de achegarse canto sexa posible a ela, co fin de enraizar sobre bases seguras e vivas. Non podemos crear unha lingua normativa (escrita) coa que non se identifique o pobo.
  2. Criterio purista: A norma debe acoller un galego fiel a si mesmo e limpo de canto alleo innecesario hai incrustado na fala viva pola presión do castelán. É dicir, a lingua común debe ser o máis galega posible: que o galego sexa o máis galego posible, sen interferencias do castelán.
  3. Criterio supradialectal: O galego normativo
...
Seguir lendo "Principios da normativa do galego: criterios da NOMIG 2003" »

Nos os inadaptados

Lingua e literatura1,41 KB

V Risco- Narrat: caracterízas polo didactismo e intelectualismo, humor crítico, motivos esotéricos, ambientacións urbanas. Estilo sobrio con escasos artificios retóricos. Ensaio: especializouse en etnografía, motog, hist e foi o principal teórico do nacionalismo. Teoría do nacionalismo galego; Nós, os inadaptados; Mitteleuropa. Teatro: O bufón de El Rei(drama en 4 pasos situado na ép medieval)

Análise da obra de Celso Emilio Ferreiro: Temas e Estilo

Lingua e literatura2,21 KB

Temas principais

O conxunto do libro vertébrase sobre dous eixes temáticos en constante balanceo: un de marcado carácter político reivindicativo e outro (máis reducido) de intención intimista. A maior presenza da «poesía belixerante» determina a consideración de poesía social que tivo esta obra e que foi reivindicada polo poeta. El mesmo insistiu na débeda coa veta civil de Curros Enríquez, Guerra Junqueiro, Rosalía de Castro e Cabanillas.

Esta liña de compromiso, unida á autenticidade da voz poética, é a realidade na que o individuo, en fusión panteística, adquire os seus sinais de identidade. Este desexo de comuñón vai tamén acompañado doutras referencias temáticas, como:

  • A crítica moral.
  • A reflexión.
  • A defensa da cultura
...
Seguir lendo "Análise da obra de Celso Emilio Ferreiro: Temas e Estilo" »

Linguas Minorizadas: O Caso do Galego e a súa Normalización

Lingua e literatura2,56 KB

Linguas Minoritarias e Minorizadas

Hai máis de 6.500 linguas faladas no mundo que gozan de diferente estatus e de distinto grao de vitalidade. Unhas son protexidas e promocionadas polo estado, e outras sofren restricións nos seus usos.

A lingua minoritaria é aquela que conta cun reducido número de falantes. As linguas minoritarias poden presentar diferentes niveis de vitalidade, e algunhas están en perigo de extinción. A lingua minorizada é aquela á que se lle negan as condicións para poder desenvolverse con plena normalidade dentro da súa propia comunidade. Está nunha situación de inferioridade ao ver restrinxidos os seus usos públicos.

Tipos de Linguas Minorizadas

Existen varios tipos de linguas minorizadas segundo o seu estado:

  • As
...
Seguir lendo "Linguas Minorizadas: O Caso do Galego e a súa Normalización" »

Vangardas e Exilio na Literatura Galega: Autores Clave

Lingua e literatura3,77 KB

As Vangardas e a Renovación Poética Galega

O Tempo das Vangardas Europeas

Aparecen por Europa grupos de artistas mozos que rexeitan as súas tradicións culturais, por consideralas caducas e incapaces de expresar as novas realidades culturais e científicas. Os principais movementos de vangarda son:

  • O Futurismo
  • O Cubismo
  • O Dadaísmo
  • O Surrealismo

A Renovación Poética en Galicia

Na renovación poética en Galicia destacan tres movementos principais:

  • O Imaxinismo (ou Hilozoísmo): o que mellor representa este movemento é Amado Carballo.
  • O Neotrobadorismo: os que mellor o representan son Fermín Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro.
  • O Vangardismo: os que o representan mellor son Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro.

Manuel Antonio: Poeta Vangardista Galego

Dende...

Seguir lendo "Vangardas e Exilio na Literatura Galega: Autores Clave" »

O Rexurdimento Galego: Historia, Literatura e Cultura no Século XIX

Lingua e literatura5,14 KB

O Rexurdimento Galego: Contexto e Inicio

O século XIX: Rexurdimento. O Rexurdimento trouxo a fixación das linguas e a consolidación da Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) nos países máis desenvolvidos. A Lei Moyano (1857) foi moi importante para o ensino, fundamentalmente para a sociedade, pero trouxo un perigo forte para as comunidades porque ía cambiando a cultura oral pola escrita. A lingua galega sufriu por estar baseada na cultura oral, entón Galicia tomou conciencia da súa lingua e da súa identidade (Prerrexurdimento).

Eventos Clave do Prerrexurdimento

  • En 1846 houbo un levantamento militar en contra de Madrid (os Mártires de Carral), o que marcou o inicio do proceso de reconcienciación de Galicia.
  • En 1856, Aurelio Aguirre e Eduardo
...
Seguir lendo "O Rexurdimento Galego: Historia, Literatura e Cultura no Século XIX" »

Bilingüismo: Tipos, Almacenamento e Impacto Cognitivo

Lingua e literatura4,14 KB

Bilingüismo: Tipos de Competencia e Destrezas

Existen diferentes tipos de competencia bilingüe, que se poden clasificar en función das destrezas lingüísticas:

  • Destreza oral activa: Capacidade de falar unha lingua (por exemplo, falo inglés).
  • Destreza oral pasiva: Capacidade de comprender unha lingua, pero non de falala (por exemplo, comprendo inglés, pero non o falo).
  • Capacidade de escribir.
  • Capacidade de ler.

Almacenamento Lingüístico en Persoas Bilingües

Existen tres teorías principais sobre como se almacenan as linguas no cerebro das persoas bilingües:

  1. Hipótese de almacenamento independente: O léxico e as regras gramaticais de cada lingua almacénanse en compartimentos separados.
  2. Hipótese do almacenamento común: Existe un único almacén
...
Seguir lendo "Bilingüismo: Tipos, Almacenamento e Impacto Cognitivo" »

A Lingua Galega: Orixe, Estado Actual e Poesía de Postguerra

Lingua e literatura3,88 KB

A Lingua Galega: Orixe e Estado Actual

A partir do s. XVI, Galicia quedou subordinada a Castela, e isto supuxo a penetración do idioma castelán, que se converteu na lingua escrita e na única usada nos usos formais. Mentres tanto, o galego, aínda sendo o idioma da inmensa maioría da poboación, quedou relegado aos usos orais e coloquiais das clases populares. Na conciencia dos falantes, creáronse unha serie de valoracións negativas cara ao idioma galego, e xurdiron unha serie de prexuízos en torno a el.

Na actualidade, a lingua galega superou moitos destes atrancos e emprégase en todos os ámbitos; pero aínda subsisten algúns prexuízos:

  • A suposta falta de utilidade do galego.
  • O galego asociado ao mundo rural, á pobreza, á ignorancia
...
Seguir lendo "A Lingua Galega: Orixe, Estado Actual e Poesía de Postguerra" »

O galego durante o franquismo (1936-1975): Lingua e sociedade

Lingua e literatura4,75 KB

O galego durante o franquismo (1936-1975)

Contexto histórico: Guerra Civil e ditadura

En xullo de 1936 o xeneral Franco encabezou un golpe de estado militar contra a República, pero o golpe fracasou en boa parte de España e deu paso a unha guerra civil entre os defensores da legalidade republicana e os que pretendían instaurar unha ditadura militar, co apoio da Italia fascista e da Alemaña nazi. En Galicia o golpe triunfou, a pesar de que houbo algunha resistencia. Seguiu unha dura represión, con encarceramentos, fusilamentos e asasinatos de moitos destacados republicanos e galeguistas; outros tiveron que marchar ao exilio. Algúns grupos de guerrilleiros mantiveron a resistencia armada contra a ditadura ata a década de 1960.

Represión

...
Seguir lendo "O galego durante o franquismo (1936-1975): Lingua e sociedade" »