Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Economía de Universidade

Dimensións e Características da Organización Escolar: Teorías e Conceptos Clave

Economía7,14 KB

Dimensións da Organización Escolar

As 5 Dimensións Segundo Mª Teresa

Mª Teresa fai referencia a cinco dimensións fundamentais:

  • Estrutural: Refírese ás unidades organizativas nas que están agrupados os membros da organización e nas que se concretan as tarefas e os roles que desempeña cada un. Abarca diferentes aspectos:
    • Os papeis das persoas, as súas tarefas e responsabilidades.
    • As unidades organizativas nas que se agrupan as persoas coas súas tarefas.
    • Os mecanismos formais para que as unidades organizativas se relacionen entre si.
    • A estrutura de tarefas para o desenvolvemento do ensino nas aulas (ratio profesor-alumno, horarios, etc.).
    • A estrutura física do centro, os espazos materiais.
  • Relacional: Inclúe as relacións formais (previstas
...
Seguir lendo "Dimensións e Características da Organización Escolar: Teorías e Conceptos Clave" »

Diferenzas entre políticas de desenvolvemento tradicionais e endóxenas

Economía2,05 KB

Nas políticas tradicionais a estratexia dominante é a visión funcional e o desenvolvemento polarizado; e nas de desenvolvemento endóxeno é a visión territorial e o desenvolvemento difuso. Nas políticas tradicionais os obxetivos son o crecemento cuantitativo e os grandes proxectos; e nas de desenvolvemento endóxeno son a innovación e mellora de coñecemento, a emprenditorialidade e numerosos proxectos. Nas políticas tradicionais os mecanismos son a mobilidade do capital e o traballo e a redistribución funcional da renda; e nas de desenvolvemento endóxeno son a mobilización do potencial endóxeno e a utilización dos recursos locais para o desenvovemento.

Afirmación sobre modelos de causación circular acumulativa

Indica se esta afirmación...

Seguir lendo "Diferenzas entre políticas de desenvolvemento tradicionais e endóxenas" »

Formas de acción administrativa: policía, fomento e subvencións

Economía4,16 KB

Formas de acción administrativa

A acción administrativa abrangue diversas formas de actuación da Administración Pública para cumprir os seus fins. Entre elas, destacan a actividade de policía, a actividade de fomento e a actividade de prestación ou servizo público (non desenvolta neste documento).

Actividade da policía

Otto Mayer definiu a actividade da policía como a actividade do poder público que, con vistas ao mantemento da orde pública, limita a liberdade e os dereitos dos administrados, eventualmente exercendo a coacción sobre os mesmos. Esta actividade non é delegable na iniciativa privada.

A policía administrativa divídese en:

  • Preventiva: Busca evitar a desorde pública.
  • Coactiva: Restablece a orde alterada.

Manifestacións

...
Seguir lendo "Formas de acción administrativa: policía, fomento e subvencións" »

Necesidades Educativas Especiais: Discapacidade Intelectual e Auditiva

Economía3,12 KB

Necesidades Educativas Especiais (NEE) Relacionadas coa Cognición

Criterios para Definir a Discapacidade Intelectual

Para poder definir a discapacidade intelectual, téñense que ter en conta os seguintes indicadores:

  1. Capacidade intelectual significativamente inferior á media, cun CI aproximadamente de 70 ou inferior nun test de CI administrado individualmente.
  2. Déficit ou alteración na actividade adaptativa (eficacia da persoa para satisfacer as esixencias esperadas para a súa idade e o seu grupo cultural) en polo menos dúas das seguintes áreas: comunicación, coidado persoal, vida doméstica, habilidades sociais e interpersoais, utilización de recursos comunitarios, autocontrol, habilidades académicas funcionais, traballo, ocio, saúde
...
Seguir lendo "Necesidades Educativas Especiais: Discapacidade Intelectual e Auditiva" »