Dimensións e Características da Organización Escolar: Teorías e Conceptos Clave
Dimensións da Organización Escolar
As 5 Dimensións Segundo Mª Teresa
Mª Teresa fai referencia a cinco dimensións fundamentais:
- Estrutural: Refírese ás unidades organizativas nas que están agrupados os membros da organización e nas que se concretan as tarefas e os roles que desempeña cada un. Abarca diferentes aspectos:
- Os papeis das persoas, as súas tarefas e responsabilidades.
- As unidades organizativas nas que se agrupan as persoas coas súas tarefas.
- Os mecanismos formais para que as unidades organizativas se relacionen entre si.
- A estrutura de tarefas para o desenvolvemento do ensino nas aulas (ratio profesor-alumno, horarios, etc.).
- A estrutura física do centro, os espazos materiais.
- Relacional: Inclúe as relacións formais (previstas e planificadas) e as informais, que son tamén importantes porque, aínda que son espontáneas, crean un bo clima de traballo. Hai que ter en conta tamén as relacións micropolíticas (informais pensadas para un interese) e as de interacción profesional (entre profesionais para organizar un traballo).
- Procesual e Cultural: A primeira refírese a aquelas actividades que permiten desenvolver actividades dentro da organización. Alude ao proceso de planificación, desenvolvemento da actividade e ao seu seguimento. A influencia entre relacións e procesos no centro é recíproca e poden ir cambiando os patróns de relación ao longo do tempo. Os docentes deben incidir no cambio cultural, facer un proceso de inmersión.
- Contextual: Refírese ao contexto inmediato (individuos, administración de apoio aos centros, CEFORE) e ao mediato (forzas económicas, políticas, sociais e culturais a longo prazo), pois o centro non está pechado nin alleo ao seu contorno.
As 4 Dimensións Segundo M.A. Santos Guerra
- Poder: O poder pódese poñer a favor ou en contra da escola. Lógrase a través de coacción, persuasión, premio/castigo, etc., e concédeselle a unha persoa polo seu respecto.
- Xénero: Non se debe diferenciar entre home e muller.
- Comunicación/Relacións: Na escola hai relacións.
- Ética: Normas e valores polas que se rexe o comportamento na organización.
Características dos Centros Escolares
Características Segundo Mª Teresa
- As Metas: Ambiguas e cheas de interpretacións. Posúen funcións reprodutoras e transformadoras, varían segundo a sociedade e, ás veces, concrétanse despois de actuar.
- Tecnoloxía: Presenta problemas porque hai moitas formas de uso. Necesítase moito ensaio-erro. A escola non é técnica e precisa, senón incerta.
- Relacións: Moitas, pero de diferente intensidade. Obsérvase individualismo nos profesionais.
- Con respecto á súa natureza sistémica: Ten unha débil articulación e os elementos e acontecementos son independentes, pero tamén posúen certa autonomía.
Características Segundo Santos Guerra
- Xerarquización: O poder xerarquízase e a participación na escola tamén.
- Balcanización: Cultura individualista.
- Rutinizacion: As cousas fanse de forma reprodutiva.
- Desarticulación: Débil coordinación do profesorado.
- Burocratización: Calquera cambio na escola está burocratizado.
- Centralización: Non hai autonomía nos centros.
Ambos autores comparten a idea de que os centros, como organizacións, se caracterizan pola súa feble articulación e pola balcanización.
Conceptos Clave da Organización Escolar
- Estrutura Organizativa
- Indica a división do traballo da organización escolar en distintas parcelas.
- Infraestrutura
- Instalacións do centro.
- Relacións Formais e Informais
- Relacións previstas e planificadas (formais) ou espontáneas (informais).
- Micropolítica
- Conxunto de procesos comunicativos a través dos que se desenvolve a gobernabilidade da organización.
- Clima Relacional
- Clima creado polos patróns de relación que se desenvolven na organización.
- Contorno Mediato e Inmediato
- Contexto próximo (inmediato) e forzas externas a longo prazo (mediato).
- Xerarquización
- Disposición de funcións da organización por orde de importancia.
- Balcanización
- Cultura individualista, celularismo.
- Rutinizacion
- Forma de facer unha cousa sen preguntarse se é a máis axeitada.
- Desarticulación
- Mecanismos de coordinación vertical e horizontal débiles.
- Burocratización
- Concibir algo como un mero papeleo que facemos porque nolo piden, pero que non ten sentido para nós.
- Centralización
- Falta de autonomía nos centros.
- Cultura Organizativa
- Valores cos que funciona a organización escolar.
- Autonomía
- Capacidade do centro de tomar decisións libres sobre o modo de concibir e desenvolver o currículo, sobre a forma de organizar a escola e sobre a maneira de administrar a súa economía.
- Universalidade da Educación
- Posibilidade de acceso de todos á educación.
- Equidade
- Igualar un alumnado desigual.
- Proxecto Educativo (PE)
- Documento que recolle valores, obxectivos e prioridades de actuación do centro. Na súa elaboración téñense en conta as características do contorno social e cultural e a acción tutorial, así como o respecto ao principio de non discriminación e inclusión educativas como valores fundamentais.
- Proxecto Lector
- Obxectivo: o fomento do hábito lector desde todas as áreas e niveis para desenvolver a competencia lectora (media hora diaria).
- Plan de Introdución de Tecnoloxías (Plan Intro)
- Incorporar tecnoloxías como un recurso máis aos procesos de ensino-aprendizaxe (E-A).
- Plan de Convivencia (Plan Conv)
- Mellora da convivencia no centro, debe propiciar cambios positivos.
- Capital Social
- Rede de relacións que posúen os individuos dunha organización.
- Organización-Comunidade
- Organización dotada de obxectivos e dun proxecto co que todos se comprometen.
- Proactividade
- Actitude da persoa responsable que toma a iniciativa, sen culpar aos demais dos erros.
- Sinerxia
- Hábito de valorar as cualidades dos demais e aprender delas. Traballar ben nun grupo aceptando ideas dos demais.
- Coordinación Mecánico-Xerárquica (M-X)
- Imposta desde fóra, como instrumento de xestión para facer horarios, ditar notas, etc.
- Coordinación Orgánico-Horizontal (O-H)
- Xorde dentro, é negociada e é instrumento de formación e intercambio profesional.
- Liderado
- Influencia interpersoal exercida nunha situación dirixida a través do proceso de comunicación humana.