Neira Vilas: Realismo Rural e a Súa Obra Literaria
Xosé Neira Vilas: Realismo Rural e a Súa Obra
Nado e finado no concello de Vila de Cruces, Xosé Neira Vilas foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e castelá, e dinamizador cultural. Emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, é autor dunha ampla obra narrativa. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
Obras Agrupadas en Triloxías
Triloxía Infantil
Obras cuxos protagonistas son nenos. A primeira obra, Memorias dun neno labrego, converteuse nun auténtico éxito de vendas ao longo dos anos. Ademais, hai dúas obras, Cartas