Neira Vilas: Realismo Rural e a Súa Obra Literaria

Deseño e enxeñaría2,42 KB

Xosé Neira Vilas: Realismo Rural e a Súa Obra

Nado e finado no concello de Vila de Cruces, Xosé Neira Vilas foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e castelá, e dinamizador cultural. Emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, é autor dunha ampla obra narrativa. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

Obras Agrupadas en Triloxías

  • Triloxía Infantil

    Obras cuxos protagonistas son nenos. A primeira obra, Memorias dun neno labrego, converteuse nun auténtico éxito de vendas ao longo dos anos. Ademais, hai dúas obras, Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho, que completan a triloxía. Nestas tres obras, o autor amosa a opresión social, económica e cultural da Galicia campesiña daquel tempo desde os ollos dun protagonista infantil.

  • Triloxía de Adultos

    Obras cuxos protagonistas son adultos. As dúas primeiras obras, A xente do rodicio e A muller de ferro (colección de relatos, reflexo dun mundo labrego dominado pola violencia, a marxinación, a explotación e a represión). A terceira, Querido Tomás, é unha novela de amor que se sustenta no monólogo evocador dunha muller de 50 anos. Trata dunha rapaza, filla dun mestre, que se namora doutro neno do pobo que é analfabeto e que termina emigrando.

  • Triloxía da Emigración

    Obras relacionadas coa emigración. Na primeira obra, Camiño bretemoso, un vello emigrante rememora a súa vida para ao final acabar recoñecendo a súa covardía por fuxir dos problemas da súa terra. Nas outras dúas, unha delas chamada Remuíño de sombras, céntrase no espazo urbano de Bos Aires e nelas maniféstanse os problemas de arraigo.

Temas e Características da Súa Obra

As súas obras caracterízanse principalmente pola constante presenza do mundo rural galego de posguerra dominado pola miseria e no que os protagonistas, a miúdo infantís, manteñen unha conflitiva relación co medio debido á situación de opresión que padecen. Algúns dos temas sobre os que o autor tenta reflexionar son a emigración, a explotación das clases humildes, o caciquismo ou a incomprensión dos nenos.

Descargar

PDF Word HTML