Autores e Obras Clave da Literatura Galega na Posguerra
Poesía na Posguerra
Bernard Graña
Obra
- Poema do home que quixo vivir
- Profecía do mar
Caracterízase pola angustia existencial e a desesperanza. Denuncia a destrución do mar e da terra.
Uxío Novoneyra
Obra
- Os eidos
- Os eidos 2
- Poemas caligráficos
Poesía paisaxística con ton existencial e compenetración coa paisaxe. Son importantes os elementos visuais e fónicos. Trata liñas como a poesía amorosa e a poesía social e de denuncia.
Xosé Manuel Fernández Oxea (Heriberto Bens)
Obra
- Voce na néboa
- Con pólvora e magnolias
- Poesía enteira de Heriberto Bens
- Erótica
- Estirpe
- Contra Maquieiro
Poesía de ton íntimo e angustiado e temática de preocupación existencial ata a visión fatal da propia Galiza. Co tempo manifesta intención reivindicativa e concienciadora. Evoluciona e renóvase na poesía galega. Temas como a lembranza, o amor e o tempo.
Prosa na Posguerra
A prosa na posguerra caracterízase por:
- Imaxinación: Recreación de mundos míticos e fantásticos mesturados coa imaxinación do mundo popular.
- Conto popular: Reprodución literaria e culta sen afastar as características propias do relato oral.
- Realismo social: Centrado nas clases populares e no espazo urbano.
Eduardo Blanco Amor
Considerado un dos máximos representantes do realismo social.
Obra
- A esmorga
- Os biosbardos
- Xente ao lonxe
Características do seu realismo social: ambientación no mesmo espazo urbano, foco nas clases máis desfavorecidas, perspectivismo e uso da lingua popular.
Álvaro Cunqueiro
Obra
- Merlín e familia
- As crónicas do sochantre
- Se o vello Sinbad volvese ás illas
- Escola de menciñeiros
- Xente de aquí e de acolá
- Os outros feirantes
Novelas de mundo mítico: síntese de realismo e fantasía, incorpora mitos doutras tradicións, a paisaxe ten unha función simbólica positiva, usa lingua culta e popular.
Ánxel Fole
Obra
- A lus do candil
- Terra brava
- Contos da néboa
- Historias que ninguén cre
Escribe libros de contos de realismo popular, ambientados no entorno rural e tamén urbano. Mestura humor e medo con elementos fantásticos e máxicos.
Carlos Casares
Obra
- Vento ferido
- Cambio en tres
- Xoguetes para un tempo prohibido
- Os escuros soños de Clío
- Ilustrísima
- Os mortos daquel verán
- Deus sentado nun sillón azul
- O sol do verán
A súa obra presenta aspectos biográficos da nova narrativa e un afán vangardista. Mestura realidade, fantasía, lirismo e humor.
Xosé Neira Vilas
Obra
- Memorias dun neno labrego
- Cartas a Lelo
- Aqueles anos do Moncho
- Xente no rodicio
- A muller de ferro
- Camiño bretemoso
- Historias de emigrantes
- Remuíño de sombras
- Querido Tomás
Nestas obras hai protagonistas infantís na posguerra e miseria, e protagonistas adultos nun mundo triste. Trata problemas de emigración e inadaptación, e relatos do mundo urbano e os seus problemas. A súa obra é de realismo social con conflitos de personaxes e penurias da época no mundo rural e a emigración. Domina varias técnicas narrativas e unha linguaxe de fala popular.