Verbos regulares, semirregulares e irregulares en galego: conxugación e alternancias

Outras materiasActualizado o 2,57 KB

Resumo

O texto explica a diferenza entre verbos regulares, semirregulares e irregulares en galego. Describe as alternancias vocálicas da raíz nos tempos de presente e os verbos semirregulares por particularidades na vogal temática. Tamén apunta como os verbos irregulares cambian o lexema e usan raíces específicas nos tempos de pretérito.

Puntos clave

  • Os verbos regulares manteñen inalterada a súa raíz en todos os tempos e modos, salvo no acento e na grafía.
  • Os semirregulares alteran o vocalismo da raíz no tema de presente, e as irregularidades afectan só o Presente de Indicativo, o Presente de Subxuntivo e o Imperativo.
  • Nos verbos da 1ª conxugación con /e/ ou /o/ radical, esta pasa a /é/ ou /ó/ nas formas rizotónicas, e mantén a media pechada nas arrizotónicas.
  • Na 2ª conxugación, a maior parte dos verbos con /e/ ou /o/ radical alternan con /i/ e /u/ na 2ª, 3ª e 6ª persoa do Presente de Indicativo.
  • Os verbos irregulares presentan variación no lexema (fac-emos / fix-estes) e teñen un modelo propio que comparten só cos seus derivados.
  • A maioría dos irregulares usan unha raíz específica nos tempos de pretérito (tiv-en, estiv-eran, houb-ese).

Ponte á proba

Os verbos regulares mantén inalterada a súa raíz en todos os tempos e modos, excepto no acento e na grafía.

Verbos semirregulares

Os semirregulares alteran o vocalismo da raíz ou VT no tema de presente. As irregularidades afectan só o Presente de Indicativo, Presente de Subjuntivo e Imperativo e poden ser de diferente tipo:

1º conx:

Nalgúns verbos que teñen vogal radical (a que aparece xusto antes da vogal temática) /e/ ou /o/ pasa a ser /é/ ou /ó/ respectivamente nas formas do Presente Indicativo, Subxuntivo e Imperativo que leven o acento na raíz (rizotónicas), mentres que segue sendo media pechada nas formas arrizotónicas (que non teñen o acento na raíz) EXEMPLO: ACORDAR Conxúgase seguindo este modelo verbos como alegrar, colgar, esperar, espertar, levar ou negar entre outros.

2º conx:

Na maior parte dos verbos con /e/ ou /o/ como vogal radical, prodúcese a alternancia con /i/ e /u/ respectivamente na 2º, 3º e 6º persona do Presente de indicativo. EXEMPLO BEBER COMER

Sofren esta alternancia a maior parte dos verbos da 2º conx con /e/ ou /o/ como vocal radical: acender, temer, vencer, xemer, cocer, coller, mover, torcer ou volter. Tamén aqueles nos que o infinitivo remata en "-ecer", excepto aquecer e esquecer.

3º conx:

Poden sufrir alternancia verbos que presentan /e/ ou /u/ como vogal radical, de acordo con 3 modelos posibles: EXEMPLOS: SEGUIR ADVERTIR FUXIR

Conxúganse como seguir os verbos ferir, mentir, sentir...

Siguen o modelo de advertir adherir, agredir, divertir...

Sofren a mesma alternancia que Fuxir cuspir, cumprir, lucir...

Verbos semirregulares por particularidades na vogal temática

Son semirregulares os seguintes verbos:

  • Os da 2º e 3º conx con raíz terminada en -a ou -o, que presentan -í- na 1º p do presente de indicativo e en todo o presente de subxuntivo. Ex: caer: ca-i-o, ca-i-a,n...
  • Os verbos crer, ler e rir nos que a vogal temática se asimila á vogal radical: exemplo: crer, le-mos

Verbos irregulares

Os verbos irregulares teñen variación no lexema (fac-emos/ fix-estes) e poseen un modelo propio de conxugación que só comparten cos seus derivados (refix-emos)

A maioría dos verbos irregulares posúen unha raíz específica para os tempos de pretérito (pretérito e antepretérito de indicativo e pretérito e futuro de subxuntivo): tiv-en, estiv-eran, houb-ese....

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que é un verbo regular en galego?

É aquel que mantén inalterada a súa raíz en todos os tempos e modos, excepto no acento e na grafía. Non sofre cambios vocálicos nin de lexema.

Que diferenza hai entre un verbo semirregular e un irregular?

Os semirregulares alteran o vocalismo da raíz no tema de presente, e as irregularidades afectan só o Presente de Indicativo, o Presente de Subxuntivo e o Imperativo. Os irregulares teñen variación no lexema e un modelo de conxugación propio que só comparten cos seus derivados.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Segundo o texto, en que tempos e modos afectan as irregularidades dos verbos semirregulares?
2. Que alternancia sofren moitos verbos da 2ª conxugación con /e/ ou /o/ como vogal radical?
3. Que característica define os verbos irregulares segundo o texto?
4. Que exemplo se usa para os verbos da 2ª e 3ª conxugación con raíz en -a ou -o que toman -í- na 1ª persoa do presente?
5. Que verbos se citan como semirregulares por asimilación da vogal temática á vogal radical?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.