A Transición Española: Da Ditadura á Democracia

Historia2,4 KB

A presente composición pretende determinar o período histórico español do século XX no que se integraba a democracia. Nos documentos doc1, doc2, doc3... Despois da morte do ditador Franco e a coroación de Xoán Carlos I, comezou un proceso de desamortización que se coñece co nome de Transición. Tras a confirmación de Arias Navarro como primeiro presidente do goberno da monarquía, o camiño das reformas políticas non comezaría ata a chegada á presidencia do goberno de Adolfo Suárez. A vocación reformista do novo presidente manifestouna na mensaxe que dirixiu ao país, logo de ser investido presidente, no que aseguraba a vocación democrática da Coroa: "a coroa ten vontade..." (doc1).

Os meses que seguiron ao nomeamento de Suárez foron decisivos no proceso de liquidación da ditadura franquista e de instauración dun sistema democrático. Suárez despenalizou as asociacións políticas, regulou o dereito a folga, aprobou a lei de liberdade sindical... Non obstante, o proxecto máis ambicioso do goberno de Suárez foi a elaboración da Lei para a Reforma Política (Doc2), que tiña por obxecto establecer un sistema democrático asentado sobre as bases seguintes: o sufraxio universal (art. 2.2); ese texto legal autorizaba ao goberno e ás cortes a iniciar as reformas políticas necesarias para conseguir a plena democracia.

Nun contexto marcado polas tensións políticas que enfrontaban aos rupturistas, e agravado pola crise económica e mobilización obreira, en 1977 entraba en vigor a Lei para a Reforma Política, coa que as propias cortes franquistas poñían fin ao franquismo. A partir dese momento abríase o camiño para o restablecemento das liberdades democráticas e para a convocatoria dunhas Cortes constituíntes.

O primeiro gran reto do goberno de Suárez tras a aprobación da Lei para a Reforma Política foi a convocatoria de eleccións democráticas, pois había que legalizar os partidos políticos e consensuar a nova lei electoral. Unha vez celebradas as eleccións, que gañou Suárez cunha ampla maioría, todos os esforzos se centraron en lograr o maior consenso posible entre as forzas parlamentarias para lograr dous obxectivos: elaborar unha constitución democrática e adoptar as medidas necesarias para superar a grave crise económica. O primeiro froito do consenso político e sindical para saír da crise foron os Pactos da Moncloa, neles establecéronse...

Descargar

PDF Word HTML