O socialrealismo e o teatro galego contemporáneo
O socialrealismo na poesía galega
O sistema capitalista de consumo…, entroncando coas cantigas medievais de escarnio e maldicir. Destacan obras como Viaxe ao país dos ananos e Cantigas de escarnio e maldicir.
Socialrealismo: Celso Emilio Ferreiro
No socialrealismo, Celso Emilio denuncia a grave situación que se estaba a vivir en Galicia a todos os niveis. Critica as inxustizas sociais e defende os marxinados, a terra e os seus sinais de identidade; sobre todo, a lingua, que é identificada coas clases máis desfavorecidas e oprimidas.
Esta corrente poética, o socialrealismo, aparece primeiro na poesía do exilio, pero adóitase tomar Longa noite de pedra como iniciadora desta corrente. A mediados dos 70, esta poesía comeza a esmorecer e, a partir de 1976, haberá un cambio de rumbo na poesía que afectará á forma e ao contido.
A I Mostra de Teatro de Ribadavia
A I Mostra de Teatro de Ribadavia terá continuidade ata 1980, sendo un punto de encontro para os xa abundantes grupos teatrais independentes e un estímulo para os autores, que poderán ver representadas as súas obras. Algúns dos autores vinculados a esta iniciativa, e que continuaron a súa produción posteriormente ou aínda seguen, son:
- Euloxio Rodríguez Ruibal: autor de teatro experimental que comezou escribindo obras influídas pola técnica cinematográfica, comprometidas coa realidade social e política do país, como Zardigot ou O cabodano. Nunha segunda etapa, ten textos máis cómicos e satíricos sobre a situación galega. Hai que mencionar tamén a súa contribución ao seu teatro infantil.
- Manuel Lourenzo: actor, director e autor teatral, é unha das figuras máis importantes e prolíficas dos últimos 40 anos do noso teatro. Dentro da súa extensísima obra podemos sinalar tres ciclos:
- Ciclo mítico: no que se recrean personaxes míticos do teatro grego, como Electra.
- Ciclo histórico: coa obra Xoana.
- Ciclo experimental: coa obra Magnetismo.
- Roberto Vidal Bolaño: foi tamén autor, actor e director. O seu teatro seguiu dous camiños diferentes: por un lado atopamos textos simbólicos con raíces populares e, por outro, textos máis complexos cunha visión pesimista da vida. Entre as súas obras destaca Saxo tenor.
En 1984 créase o Centro Dramático Galego e, desde entón, empezan a publicar autores novos como Xesús Pisón ou Raúl Dans.