Rosalía de Castro e Curros: Literatura e Galeguismo
Rexurdimento galego
Contexto histórico
O exército francés (1808) e a ponte de Sampaio (1809), con derrota dos franceses e marcha de Galicia. Enfrontamentos entre os bloques ideolóxicos dos conservadores e liberais.
Créase un novo movemento: o galeguismo.
1ª fase: provincialismo
Defendía a súa especificidade económica, cultural e lingüística.
2ª fase: rexionalismo
Carácter conservador nos ámbitos culturais: Rosalía e Pondal.
3ª fase: nacionalismo
Madurez do galeguismo.
Situación lingüística
Marxinación social da fala do galego; o castelán na igrexa, a educación e a ciencia. Recuperación do galego na escrita tras os Xogos Florais (1861, concurso literario) e o diccionario gallego-castellano (1884, Marcial Valladares).
Primeiro terzo do século XIX
Carácter propagandístico, político, con busca do apoio popular contra os franceses e mostras de literatura de combate, ou literaria: villancicos de Mondoñedo ou Compostela.
Precursores
- Estudo da nosa historia, folclore e lingua.
- Forma: corte popular, estilo culto.
- Contido: descrición da vida popular e das ofensas que recibe Galicia.
Orixe
Influencias das ideas da Ilustración, repercusión da guerra da Independencia, ideoloxía romántica e difusión da política liberal.
Características
- Carencia dunha tradición literaria culta.
- Reivindicación do carácter diferenciado de Galicia.
- Predominio da lírica.
Rosalía de Castro
Cantares gallegos
Influencia de El libro de los cantares de Antonio Trueba. Ábrese cunha invitación a unha moza a cantar (Has de cantar) e pécha con el canto da moza (Eu cantar, cantar, cantei). Inclúe un prólogo en prosa.
Follas novas
Demostra a capacidade da lingua para poetizar vivencias e sentimentos. Seccións: Vaguedades, Do íntimo, Varia, Da terra, As viudas dos vivos e As viudas dos mortos.
Temática
- Costumista (Cantares): costumes, tradicións e tipos galegos; dignifica a cultura popular.
- Amorosa (Cantares): paixóns, coitas e rexeitamento.
- Cívico-patriótica: enxalza a paisaxe, os costumes e a xente; pon de manifesto os prexuízos e inxustizas; dignifica a lingua. En Cantares: emigración e muller; en Follas: queixas e compaixón polos desfavorecidos.
- Intimista (Follas novas): sentimentos propios.
Lingua e estilo
Seseo, plurais en -ns, castelanismos e léxico vacilante. Recursos: paralelismo, anáforas, similicadencia, comparacións e símbolos.
Curros Enríquez
Aires da miña terra
Carácter cívico, denuncia social; gañou o certame de Ourense.
O divino sainete
Longo poema narrativo: viaxe a Roma con añón, sete vagóns e sete pecados (luxuria, envexa, preguiza...). Crítica á Igrexa, ás clases sociais poderosas e a inimigos persoais.
Temáticas
- Cívico-social: atraso e inxustiza.
- Intimista: emigración e a súa vida.
- Costumista.
Lingua e estilo
Galego popular con trazos de Celanova, sen formas vacilantes e depurado de castelanismos. Uso de anáforas, paralelismo, similicadencia, comparación, imaxes e ironía.