Reprodución, Embrioloxía e Botánica: Guía de Bioloxía
Reprodución e Desenvolvemento Embrionario
Ovípara: Os ovos son expulsados ao medio externo. Casos de fecundación externa e algúns interna, como as aves.
Ovovivípara: Os ovos desenvólvense no interior do aparato reprodutor da femia (protección). Fecundación interna.
Vivípara: Desenvólvense no interior (nutrición do embrión). Fecundación interna.
Segmentación e Gastrulación
Segmentación: Divisións celulares a partir da célula ovo. Síntese do ADN e mitose, non hai crecemento celular. O embrión convértese nunha masa de células esférica, con aspecto de mora, denominada mórula. Progresa a segmentación, as células, denominadas blastómeros, deixan un oco no interior, blastocele. Este estado recibe o nome de blástula.
Gastrulación: Este é o proceso polo cal as células da blástula se desprazan e se dispoñen en capas (follas embrionarias). Segundo o número de follas:
- Diblásticos: Gástrula con dúas capas, externa (ectoderma) e interna (endoderma). A partir das cales se formarán os órganos do adulto. O endoderma delimita o arquenterón (intestino primitivo), que comunica co exterior por un blastoporo.
- Triblásticos: Unha terceira folla denominada mesoderma entre a interior e a exterior. O mesoderma está constituída por unha folla parietal adherida ao ectoderma e outra visceral adherida ao endoderma. Entre ambas queda un oco denominado celoma.
A Flor e a Xerminación
A flor está formada por un conxunto de follas modificadas agrupadas en círculos chamados verticilos florais. Unha flor completa consta de:
- Pedúnculo floral: É o taliño que une a flor co resto da planta. No seu extremo presenta un agrandamento chamado receptáculo, onde se insiren as demais pezas florais. Tamén se poden localizar alí nectarios, glándulas produtoras dun líquido azucrado chamado néctar.
- Periantio ou envoltura da flor: É o conxunto de follas estériles que rodean e protexen ás follas fértiles. O periantio pode estar formado por dous verticilos:
- O cáliz: follas verdes denominadas sépalos.
- A corola: follas coloreadas, pétalos.
A xerminación prodúcese trala entrada masiva de auga na semente, o que provoca a ruptura das membranas que a envolven e o inicio da actividade nas células do embrión. A radícula é a parte do embrión que primeiro se abre paso. O crecemento en lonxitude ou crecemento primario iníciase ao se dividiren as células embrionarias do ápice.
Ciclos Biolóxicos
Ciclo diplonte: Adulto diploide. Gametos haploides. A meiose ten lugar ao se formaren os gametos. Animais diplontes.
Ciclo haplonte: Adulto haploide. Gametos haploides. A meiose é a primeira división do cigoto. Fungos haplontes.
Ciclo haplodiplonte ou diplohaplonte: Adultos dos dous tipos. A meiose prodúcese ao se formaren as esporas, nun punto intermedio do ciclo. As plantas son diplohaplontes.
Froitos: Carnosos e Secos
Froitos carnosos: Acumúlanse substancias de reserva que serven de alimento a outros animais. As sementes inxeridas pasarán a formar parte...
Froitos secos: Estes protexen a semente para evitar a desecación. Son transportados polo vento ou adheridos ao corpo dos animais.