Relacións Tróficas e Ecosistemas

Bioloxía2,91 KB

-A que se denomina relación trófica?

-As relacións que establecen os seres vivos co seu medio natural para obter enerxía e materia necesaria.

Seres Vivos Segundo a súa Manera de Obter Enerxía

-Produtores: fabrican a súa propia materia orgánica a partir de materia inorgánica.

-Consumidores: son organismos heterótrofos que se alimentan de materia orgánica viva. Hai 3 tipos:

  • Herbívoros
  • Carnívoros
  • Omnívoros

-Descompoñedores: son organismos heterótrofos que se alimentan de detritos e os transforman en compostos inorgánicos.

Cadeas Tróficas

-Para que se utilizan as cadeas tróficas?

-Para representar quen come a quen dentro dunha comunidade.

Nivel Trófico

-Que é un nivel trófico?

-Son unha serie de pasos ou niveis que teñen todas as cadeas.

Rede Trófica

-E unha rede trófica?

-Conexións entre distintas cadeas que adoptan a estrutura dunha rede.

Enerxía e Fotosíntese

-Como se reparte a enerxía fabricada polos produtores na fotosíntese?

-Unha parte degrádana na respiración. A enerxía libérase ao degradarse a materia orgánica na respiración, utilízase para o funcionamento do organismo e volve ao medio en forma de calor.

-Outra parte constitúe os refugos. Son os órganos que morren, por exemplo, as follas. Estes refugos pasan ao nivel dos descompoñedores.

-O resto queda almacenado nos seus órganos, follas, raíces... Esta materia é a que pode ser utilizada polo seguinte nivel trófico.

Circulación da Materia

-Circulación da materia nun ecosistema: a materia circula no ecosistema de forma cíclica: os compostos inorgánicos do medio, transformados en materia orgánica na fotosíntese, son finalmente devoltos ao medio e poden volver ser utilizados polos produtores.

Biomasa e Produción

-Que é a biomasa?

-É o termo que se utiliza para indicar a cantidade de materia orgánica da que está formado un individuo, un nivel trófico mesmo ou o conxunto dun ecosistema. Mídese en gramos, kg ou toneladas de materia orgánica seca por unidade de superficie ou volume.

-Produción: incremento de biomasa por unidade de tempo.

Pirámides Ecolóxicas

-Pirámides ecolóxicas: utilízanse para mostrar como varían algunhas características dos niveis tróficos, como a produción ou a biomasa, ao pasar duns niveis a outros. Cada nivel represéntase cun rectángulo; o da base corresponde aos produtores e sobre el, de forma ordenada, os outros niveis tróficos.

Tipos:

  • Pirámides de produción ou enerxía
  • Pirámides de biomasa
  • Pirámides de números

Descargar

PDF Word HTML