O proceso da respiración humana: Fisioloxía e intercambio
A respiración no ser humano
O ser humano conduce o aire cara aos pulmóns, onde se produce o intercambio de gases. Os pulmóns son elásticos e seguen a expansión e a compresión da caixa torácica, mediante os músculos intercostais e o diafragma.
A inspiración: entrada de aire
- O diafragma contráese e descende; os músculos intercostais tamén se contraen e elevan as costelas.
- O volume da caixa torácica aumenta e a presión é lixeiramente negativa respecto ao aire exterior.
- O aire penetra, como se fose succionado desde o exterior, ata os alvéolos pulmonares.
A expiración: saída de aire
É a saída do aire dos pulmóns:
- O diafragma e os músculos relaxanse.
- Diminúe o volume da caixa torácica; a presión de aire no seu interior aumenta e faise lixeiramente superior á do exterior.
- O aire vese obrigado a saír polas vías respiratorias.
Capacidades pulmonares:
- Capacidade pulmonar: 6 e 4,2 L.
- Capacidade vital: 4,5 e 3,2 L.
- Volume residual: 1 L.
Difusión de gases entre alvéolos e capilares
A presión de O₂ no alvéolo é de 100 mmHg, mentres que no sangue é de 40 mmHg; o gradiente de presión favorece o paso de osíxeno desde o alvéolo cara ao sangue. A presión de CO₂ é de 46 mmHg, mentres que no alvéolo é de 40 mmHg; isto favorece o paso de CO₂ do sangue ao alvéolo. O intercambio ten lugar nas membranas de cada compartimento.
Difusión de gases dos capilares ás células
A presión do O₂ no sangue é maior, polo que o osíxeno penetra cara ao citoplasma a través da membrana plasmática. A presión do CO₂ no sangue é menor, polo que o CO₂ sae da célula e penetra nos capilares.
Transporte de gases polo sangue
O plasma é o responsable da maior parte do transporte de CO₂. A maior parte do CO₂ da respiración vai aos capilares, onde se transforma en ácido carbónico; o restante mestúrase co sangue ata que chega aos alvéolos para ser expulsado, e a auga elimínase en forma de vapor.
Regulación da respiración
Centro respiratorio: Está formado por unha serie de nervios que se dirixen cara ás paredes do diafragma. Cando facemos a inspiración, estes nervios envían un sinal para que inhiba; isto provoca a expiración e, logo, ao non recibir ningún sinal, o proceso volve empezar.
Presión parcial de O₂ e CO₂: Cando facemos deporte, os pulmóns énchense máis de CO₂, polo que respiramos máis forte. Se hai un descenso da presión parcial do osíxeno, os quimiorreceptores envían un sinal para aumentar a velocidade da respiración.